O aumento da incidencia dispara a demanda de probas PCR // Galicia volve rexistrar case mil novos contaxios nun día e hai cinco ingresados máis nas UCI // Os transportistas galegos de mercadorías por estrada manteñen o apoio ao paro convocado para os días 20, 21 e 22 // Valentina, unha nena diferente aos ollos dos demais porque ten síndrome de down. É a protagonista dunha película galega de animación que se estrea hoxe. 10-12-2021
O aumento da incidencia dispara a demanda de probas PCR // Galicia volve rexistrar case mil novos contaxios nun día // Os transportistas galegos manteñen o apoio ao paro convocado para os días 20, 21 e 22 // Valentina, unha nena con síndrome de down, é a protagonista dunha película galega de animación que se estrea hoxe. 10-12-2021
Galicia vai quedando baixo a influencia anticiclónica, con progresiva apertura de claros pola tarde. As temperaturas, en ascenso, máis acusado nas mínimas. As máximas roldan os 15 graos. 10-12-2021
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Carlos Cerecedo
A Xunta habilitará, a partir da próxima semana nas farmacias galegas un test de balde para tóda-las familias con nenos de entre 5 e 11 anos. Así o avanzou esta mañá o presidente Núñez Feijóo durante a sesión de control do Parlamento. Tamén que a próxima semana o Sergas empezará a citar aos nenos de 9 a 11 anos. E acaba de confirmar a apariación dos primeiros casos de ómicron en Galicia
Reunión importante pro futuro de Alcoa. Desde o mediodía celébrase unha reunión convocada polo ministerio de Industria para analizar a proposta da multinacional que prevé parar a actividade dous anos sen tocar o emprego.
As industrias seguen sen lles subir o leite ós proeductores.
Unións Agrarias anuncia unha campaña para que os consumidores deixen de mercar determinadas marcas e unha manifestación para o 26 de xaneiro.
Os afortunados no sorteo do nadal igual non poden cobra-la ata despois do día 25. Os loteros ameazan con pechar entre o 22 e o 24 deste mes para demandar unha revisión do sistema de comisións.
Dobre operación contra o tráfico de drogas. En Sanxenxo foi detido o vilanovés Francisco Javier Janeiro Rodríguez, coñecido como Javillo, con seis quilos de heroína. E, en varias localidades da Coruña e Pontevedra houbo outros 11 arrestos e incautáronse 28 quilos de cocaína.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Carlos Cerecedo
A continuidade da fábrica de Vestas en Viveiro podería conseguirse. Hai tres fondos de investimento interesados na factoría de Chavín. O malo é que poñen coma condición que a multinacional danesa non pare a actividade o 31 deste mes, como pretende.
Non é esta a única noticia industrial de hoxe relacionada coa Mariña. O Ministerio convocou unha reunión virtual con Alcoa para que explique os seus plans para o centro de San Cibrao.
Na Coruña, a cidade das TIC's albergará un centro para a investigación en avions non tripulados. Este xoves asinouse o convenio de cesión de espazo.
En Santiago, a vella estación de autobuses é xa parte do pasado. A Xunta agarda completar, na segunda quincena do ano que vén, a demolición.
Ferrol acomete a renovación do parque de Fontelonga, en Caranza. Ten un orzamento de cerca de 615.000 euros.
Hai catro meses que Galicia non rexistraba niveis tan altos de enfermos de COVID, contaxios e hospitalizacións. Hoxe reúnese o subcomité clínico, pero sanidade non prevé adoptar novas restriccións, pide que se cumpran as que están en vigor.
Hoxe imoslles contar tamén a detención dun coñecido da policía..o vilanovés Francisco Javier Janeiro Rodríguez, coñecido como Javillo, considerado o gran capo do tráfico de heroína en España...
Sobre a crise industrial, hoxe nova reunión da mesa de alcoa, mentres que a direccion de Vestas se nega a retrasar o peche da fábrica para dar tempo a que continúe coa actividade outra firma.
Deportes.... O Celta buscará hoxe en Mallorca os puntos que se escaban de Balaídos.
O tempo... empeza a xornada con chuvias pero vai ir clareando... o domingo imponse o anticiclón
Galicia superou hoxe os dez mil casos en activo de Covid, depois de sumar máis de 1.000 contaxios en 24 horas. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, valora este datos coma preocupantes e avanza que mañá se reunirá o subcomité clínico para analizar a situación.
Hoxe soupemos que hai tres fondos de investimento interesado en comprar a fábrica de Vestas de Viveiro. Pero piden que non peche o 31 de decembro. Os traballadores venno posible pero a Xunta non cre que sexa doado.
E segundo revelou o conselleiro de Medio Rural no Parlamento por primeira vez o número de incendios forestais foi menor a un milleiro.
- A televisión e a radio públicas pregúntanlle aos cidadáns como queren que sexa este medio de comunicación
- En dous meses xa responderon á enquisa máis de 75.000 persoas
RTVE pregúntanlle aos cidadáns como queren que sexa este medio de comunicación. En dous meses xa responderon á enquisa máis de 75.000 persoas.
Galicia sitúase xa en risco alto de Covid, e Os casos activos ascenden hoxe a 10.204. Un aumento da inicidencia que se debe sobre todo ao incremento 1.038 novos contaxios rexistrados nun día, a cifra máis alta dende hai catro meses. // Os incendios forestais queimaron este ano en Galicia 4.300 hectáreas de superficie, catro veces menos que a media da última década, segundo explicou o conselleiro de Medio Rural nunha comparecencia a petición propia hoxe no Parlamento. // Á espera da melloría prevista para a fin de semana, o tempo segue revolto. Hoxe está activada a alerta laranxa por fortes ondas en todo o litoral galego, e agardanse chuvias máis intensas para esta tarde // Os Susi Q' s, banda de rock and roll radicada no Carballiño, presentan o seu primeiro traballo de longa duración. Son amantes do son clásico, Con influencias do blues e o country, este sábado estarán facendo a presentación no Pub Gatos de Melide. 09-12-2021
Chega a Galicia a gran consulta de Rtve, unha iniciativa coa que a televisión e a radio públicas se achegan á sociedade para preguntar directamente aos cidadáns como queren que sexa este medio de comunicación. // Repunta da Covid, que sitúa a Galicia no nivel de risco alto, por riba da media do conxunto de España, con máis de mil novos contaxios rexistrados nun so día, unha cifra que non se acadaba dende o verán. Os casos activos superan os 10.000, anque a presión hospitalaria mantense estable. // Novo intento dos traballadores de Vestas, co apoio da Xunta e o Goberno Central para que evitar o peche da fábrica de compoñentes eólicos de Viveiro. // Valentín González Formoso, ratificado como novo secretario xeral dos socialistas galegos, integra na executiva a varios nomes afins ó seu antecesor. 09-12-2021
Chega a Galicia a gran consulta de Rtve, unha iniciativa coa que a televisión e a radio públicas se achegan á sociedade para preguntar directamente aos cidadáns como queren que sexa este medio de comunicación. // Repunta da Covid, que sitúa a Galicia no nivel de risco alto, por riba da media do conxunto de España, con máis de mil novos contaxios rexistrados nun so día, unha cifra que non se acadaba dende o verán. Os casos activos superan os 10.000, anque a presión hospitalaria mantense estable. // Novo intento dos traballadores de Vestas, co apoio da Xunta e o Goberno Central para que evitar o peche da fábrica de compoñentes eólicos de Viveiro. // Valentín González Formoso, ratificado como novo secretario xeral dos socialistas galegos, integra na executiva a varios nomes afins ó seu antecesor. 09-12-2021
Unha fronte algo máis cálida deixa hoxe, dende primeras horas, ceos cubertos e chuvias febles. Cara á noite chegará unha fronte fría que xa traerá chuvias máis intensas. Os ventos sopran moderados en xeral, con intervalos fortes en todo o litoral, con alerta laranxa por mar de fondo e ondas de máis de 5 metros. 09-12-2021
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Carlos Cerecedo
Galicia está en risco alto, e a taxa de positividade multiplica por tres o limiar que a organización mundial da saúde considera que permite controlar a pandemia. A pesar da baixa deteción de casos, hoxe rexistráronse un milleiro de novos contaxios... e son xa máis de 10 milleiros os infectados. A meirande parte están nas súas casas, atendidos por centos de saúde nos que os sanitarios están dobrando xornadas. Denuncian falta de persoal e que a Xunta os obrigue a suplir esas ausencias... Unha sobrecarga que está, segundo os médicos, detrás da decisión de moitos MIR de rexeitar ofertas de traballo na atención primaria.