Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Empeza a terceira dose ao gruo de entre 50 a 59 anos anos, nos centros de vacinación masiva, Mentres, chegan a Galicia as primeiras 60.000 vacinas infantís para poñelas a partir do mércores. // O incremento dos casos activos marca hoxe un novo fito e chegan a 12.221. Nunha xornada na que se rexistraron 1.070 novos contaxios, con especial incidencia nas areas de Vigo, Ourense e Pontevedra. // A planta de Stellantis en Vigo aprobou, co apoio dos sindicatos maioritarios, o ERTE, ante a falta de compoñentes electrónicos que afecta á industria da automoción. // O Breogán volveu xogar despois dun mes parado tamén por un gromo e retornou con vitoria ante o Andorra por 83 a 74. Os celestes tiveron o control do partido no Pazo dos Deportes de Lugo e foron sempre por diante. 13-12-2021

Persoas de 50 a 59 anos anos reciben xa a terceira dose nos centros de vacinación masiva. A Xunta non espera á autorización formal da comisión de saúde pública para o reforzo deste grupo. // Volven rexistrarse máis de mil novos contaxios nas últimas 24 horas, e os casos activos superan xa os 12.000, cun aumento máis significativo nas provincias do sur. // Os tres acusados de tripular o narcosubmarino interceptado en Aldán decláranse culpables e recoñecen ter atravesado o Atlántico con máis de 3.000 quilos de cocaína a bordo, no xuizo polo caso, que empezou hoxe en Pontevedra.// Remata en emprazamentos naturais da serra do Xurés a rodaxe de "O corpo aberto", Unha historia baseada nun conto de Arraianos, a obra de Méndez Ferrín, a cargo de Angeles Huerta. 13-12-2021

A semana arranca baixo a influencia das altas presións, polo que o tempo vai estar marcado por ceos pouco nubrados ou completamente despexados, con néboas localmente persistentes no interior. As temperaturas, en lixeiro ascenso. 13-12-2021

Persoas de 50 a 59 anos anos reciben xa a terceira dose nos centros de vacinación masiva. A Xunta non espera á autorización formal da comisión de saúde pública. // volven rexistrarse máis de mil novos contaxios nas últimas 24 horas, e os casos activos superan xa os 12.000, cun aumento máis significativo nas provincias do sur. Aumenta tamén a presión hospitalaria, con case 300 pacientes ingresados, e hai 49 nas UCI. // Os tres acusados de tripular o narcosubmarino interceptado en Aldán decláranse culpables e recoñecen ter atravesado o Atlántico con máis de 3.000 quilos de cocaína a bordo, no xuizo polo caso, que empezou hoxe en Pontevedra.// Remata en emprazamentos naturais da serra do Xurés a rodaxe de "O corpo aberto", Unha historia baseada nun conto de Arraianos, a obra de Méndez Ferrín, a cargo de Angeles Huerta. 13-12-2021

Os sindicatos piden que se incrementen os recursos para a sanidade pública.
Cadrando coa tramitación dos orzamentos, esta mañá manifestáronse diante do Parlamento para pedir que se manteñan os contratos realizados para facer fronte á pandemia.

A CIGA rexeita o paro convocado pola patronal do transporte.
Considera que non hai nada nas demandas dos empresaros que teñan que ver cos dereitos dos traballadores e que responde a unha loita polo mercado do transporte por estrada.

Os tres acusados de transportar ata Galicia nun submarino tres toneladas de cocaína, recoñecen a súa participación nos feitos.
É un galego e dous ecuatorianos. Levan no cárcere desde 2019. O xuizo comezou hoxe na Audiencia provincial de Pontevedra.

Comenzou a campaña da vieira.
Os primeiros barcos confirman as boas previsións, hai moita cantidade e de bo tamaño.

O tempo. Mantense a influencia do anticiclón. A pouco máis dunha semana para o comezo do inverno as temperaturas máximas aínda rondan os 18 graos.

Non melloran os indicadores da pandemia da covid na provincia.
Continúan aumentando os casos activos. Os infectados superan xa os 2.800.
Tamén aumenta o número de hospitalizados: tanto en coidados intensivos como en planta.
Este luns, hai 55 persoaas ingresadas.
Os contaxios baixaron algo na última xornada, pero seguen por riba dos 200 diarios.


--- Mobilizacións en cinco localidades da provincia para denunciar a proliferación de parques eólicos e defender as montañas


--- O concelo de Cambre pon en marcha este luns unha campaña de control do transporte escolar. Ten como obxectivo velar pola seguridade dos estudantes.

--- Deportes. O Deportivo segue lider. Os coruñeses son o equipo menos goleado das tres primeiras categorías do fútbol español.


--- No tempo da entrevista, falaremos con Teresa Vázquez, representante de Plataforma por un transporte público de calidade para Ferrol e comarca.

Esta sexta onda da pandemia do coronvairus non remite e xa comeza a preocupara a Sanidade a presión hospitalaria nas áreas de Vigo e Ourense, pero non hai cambios nas restriccións que únicamente se apoian no uso do pasaporte COVID.
Este luns destacamos tamén o inicio do xuizo polo caso do narcosumariño. Un batiscafo que trouxo desde sudamérica ata a ría de Aldán tres toneladas de cocaína. E estamos pendentes de Bruxelas das negociacions das contas pesqueiras: pártese de recortes importantes, pero de momento hai duas boas noticias para a pesca de xurelo ó sur de fisterra e o bacallau ártico.
O tempo...a pouco máis dunha semana para o comezo do inverno hoxe aínda chegaremos ós 18 ou 19 graos.

Soben as hospitalizacións por coronavirus. ASumentan en coidados intensivos e tamén en planta.
Hoxe hai ingresadas 273 persoas, das que 48 están na UCI.
Os casos activos seguen medrando. As persoas infectadas de covid superan as 11.600.
Sí baixan algo os contaxios.
Volven estar por debaixo de 1.000.

Concentración en Moaña para pedir a recuperación dqas urxencias e demandar unha atención primaria de calidade .

Mañá comeza na Audiencia de Pontevedra o xuizo polo caso do narcosubmarino interceptado na ría de Aldán... con 3.000 quilos de cocaína. Era o mes de novembro de 2019.


Deportes. En Lugo, xogan, arestora o Breogán e o Andorra.
 

Os casos activos de coronavirus superan os 11.000.
Hoxe hai, en Galicia, 11.235 persoas infectadas.
Tamén aumentan os contaxios. Máis de 1.000 nas últimas 24 horas,
Baixan as hospitalizacións. Pero aumentan en coidados intensivos. 43 doentes permanecen na UCI, un máis que onte. Xa son tres os casos da variante ómicron confirmados na nosa comunidade.

A variante ómicron da covid, detectada por primeira vez en Galicia. Son dous pacientes relacionados cunha viaxe a Africa // O aumento da incidencia dispara a demanda de probas PCR // Galicia volve rexistrar case mil novos contaxios nun día // Os transportistas galegos manteñen o apoio ao paro dos días 20, 21 e 22 // Valentina, unha nena diferente aos ollos dos demais porque ten síndrome de down. É a protagonista dunha película galega de animación que se estrea hoxe. 10-12-2021