Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Xunta xa ten o aval xudicial para extender o uso do certificado covis. Desde mañá esixirase en ximnasios, residencias e eventos multitudinarios. Polo momento no se queren incrementar as retriccións cara ao Nadal, a espera cómo evoluciona a pandemia nos próximos días.

Mentras segue en aumento a incidecia da covid. Está vinte puntos por riba da media estatal tras detectarse 1.200 novos positivos nun só día. E hai que dar conta de catr mortes nas últimas horas.

No eido industrial hoxe vai reunirse a mesa industrial de Vestas. Os presaxios non son moi optimistas despois de na que a multinacional danesa avanzara que non atopa compradores que estean realmente interesados en seguir adiante coa factría de Viveiro

Polémica por unha cea de medicos residentes en Santiago... participaron un centenar de persoas, hai xa case vinte contaxiados e continùan facendose cribados... a area sanitaria desmárcarse, di que non sabia nada, e sinala o prexuizo que causan ó CHUS ademais de falta de responsabilidade... o sindicato médico deféndeos, diq ue cumpliron as normas e que eles só están en formación, que non son o motor do hospital.

É unha das principais novas dunha xornada na que a xusticia avala usar o certificado covid en ximnasios, residencias e eventos multitudinarios... entrará en vigor na noite do venres ó sábado...de momento non hai máis restricions sobre a mesa.


Todo nun día de protestas no ensino polas novas normativas que afectan ó alumnado da eso, cambian os criterios pra pasar de curso... e a poucas semanas do peche de vestas en viveiro a multinacional confirma que non hai compradores pra fábrica.

Segue ampliándose o uso de certificado covid a cada vez máis actividades... Agora chega a residencias e ximnasios. Mentres, a Xunta mantén a súa aposta pola vacina como chave pra controla-la pandemia, e pide á Ministra de Sanidade que se centre en enviar máis doses. Faino tralos reproches por adiantar a dose de reforzo en Galicia ós 50 anos, cando non está aprobada a nivel nacional. Mentres, os datos seguen sen sinalar o pico desta sexta vaga...

Detectado un gromo con 11 casos positivos de coronavirus entre os 120 asistentes a unha cea de Nadal en Santiago
Todos os infectados son médicos MIR, médicos internos residentes, que están a realizar a súa espècialidade na área sanitaria de Santiago/ Barbanza.
Os 300 MIR da área sanitaria, de tódolos servizos, serán sometidos a un cribado, con probas PCR, para coñecer se hai máis persoas infectadas de covid.

--- Novas protestas dos traballadores de Correos. Denuncian que o novo modelo de cartería é un desvío da carga de traballo a empresa privada Correos Express.

--- A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reinvindica o papel da cidade como motor económico de Galicia.


--- Deportes. O Deportivo quere dar sorpresa no Copa do Rei. As nove enfrontase ó Osasuna en Riazor. O Bergantiños, eliminado polo Rayo Vallecano.


--- No tempo da entrevista, falaremos co presidente da plataforma Víctimas do tren Alvia, Jesús Domínguez

A comisión de saúde pública ten previsto aprobar baixar ata os 50 anos a dose de reforzo contra a Covid. Algo que Galicia xa está facendo desde o luns. A ministra Carolina Darias pediu ás comunidades que non actúen pola súa conta.
Precisamente hoxe continuará a vacinación dos maiores de 50 anos e dos nenos.
De momento, os contaixos nos afrouxan... e onte batiuse un record de contaxios desta sexta onda. En Santiago detectouse un gromo con, de momento, 11 positivos entre os médicos en formación.
Das estradas... unha muller resultou morta en Carnota. Foi atropelada cando cruzaba unha estrada en torno ás oito da pasada tarde.
E, a Gardia Civil investiga as causas da morte du veciñoo de Salvaterra de Miño, de 67 años. O corpo sen vida foi atopado onte á trde no interior dun coche que caeu por un noiro en Ponteareas.
Deportes. Na Copa, eliminado o Bergantiños. Hoxe turno para Deportivo, Arenteiro e Lugo.

Sufriron o confinamento, a redución das actividades cos amigos, o medo de ver os avós pero hoxe chegoulles a quenda... os nenos menores de 12 anos comezaron a vacianrse e coinciden en algo: tiñan ganas.


É a principal nova dunha xornada con novo record de contaxios.... tamén nos centros educativos, onde as anpas denuncian falta de profesores.

Recolleremos tamén as queixas da industria... a listaxe de empresas en perigo é longa e os seus empregados demandan unha tarifa eléctrica que lles permita traballar.

Coñeceremos tamén ó novo restaurante galego con estrella michelín... un proxecto recente que se suma á lista de 16 selectos locais na nosa comunidade.

Son agora mesmo o grupo de idade no que máis está circulando o virus, como demostran os gromos en escolas e os peches de aulas. Hoxe inician a súa vacinación, e as autoridades sanitarias confían en que iso permita rebaixa-los casos entre eles, e entre as persoas queos rodean. Chamado unánime hoxe pra que os pais leven ós cativos ós centros de vacinación masiva, mentres o pico desta sexta vaga semella facerse de rogar..

En xaneiro, podería asinarse o protocolo para a cesión dos terreos da Darsena Interior da Coruña para uso público.
Os coruñeses poderán pasear polos peiraos de Transatlánticos, Batería e Calvo Sotelo.
O porto coruñés pecha 2021 como o primeirio porto de toda España por volume de peixe fresco malia perder un 15 por cento destas descargas.


--- O concello da Coruña non tomará ningunha decisión sobre o prezo do billete dos buses urbano ata que se pronuncie o Tribunal Supremo sobre a rebaixa en vigor desde 2019.

--- O Partido Popular recupera a alcaldía de A Baña a través dunha moción de censura.


--- Deportes. O Deportivo suspende o adestramento de hoxe por un caso de Covid. O Bergantiños espera dar a campanada na Copa do Rey. As sete da tarde enfróntase ó Raio Vallecano.


--- No tempo da entrevista, falaremos do programa radiofónicoa A Radio Conta. Cumpre 9 anos

Novo paso no proceso de vacinación: desde hoxe é o turno para os nenos. 15 mil están citados pola tarde nos grandes puntos de inmunización instalados nas grandes cidades. Tamén se lles segue poñendo a dose de reforzo ó grupo de máis de 50 anos, aínda que a ponencia de vacinas ainda aborda hoxe esta pauta.
a incidencia desta sexta onda, ás portas do nadal, xa está en 461 casos por cada cen mil habitantes.
Pese a algun dato positivo, en xeral, o sector pesqueiro non está contento coas cotas para 2022. E, en Alcoa reábrese o diálogo entre a dirección e o comité de empresa.
Deportes. O Celta eliminou na prórroga ó Andorra. Hoxe turno para o Bergantiños.
O tempo... igual.. neboas nas primeiras horas, nalgunhas zonas persistentes... no resto ceo despexado, pero as mínimas máis baixas