Os traballadores da planta de reciclaxe de Lousame piden un plan de viabilidade ante o temor ó peche en 2023.
Rescate da SEPI ó grupo madeireiro LOSÁN, de Curtis, con 35 millons de euros.
Nos deportes, xunta de accionistas do Deportivo na que se aprobará un crédito pra paliar as perdas do pasado exercicio.
Impulso urbanístico en Ferrol coa transformación da Avenida das vías pra convertila nun bulevar con máis espazo de tránsito.
No noso tempo de entrevista falaremos do proxecto CREATIVAS GALEGAS, que vén de recibir o premio Manuel Beiras polo seu apoio á cultura galega desde o casco histórico de Compostela.