Nestes días nos que moitos terán que poñer fin ás súas vacacións o sindicato Comisións Obreiras reclama un rexistro real da xornada laboral... Din que algunhas empresas non teñen o sistema dixitalizado, e que tiran de papel e boli, algo que permite falsear as horas traballadas.
QUE TAL MOI BOS DÍAS, é unha das principais novas dunha xornada na que as familias galegas poden acudir ás farmacias pra retirar test de antíxenos pros nenos. Son gratuitos, e buscan que a volta o cole o vindeiro luns sexa segura.
Iremos nuns intres a área de Vigo onde algúns dos centros de saúde desobeden a orde da xerencia de bloquear axendas pra priorizar urxencias e casos covid...
E tamén recolleremos as reaccións á lotería do Neno que deixa en Galicia décimos do segundo e terceiro premio. Coruña, Bueu ou Camariñas tiveron esta vez a sorte.
loteria