Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Pequeno respiro nos datos da pandemia. Este domingo os novos positivos quedaron por debaixo dos 8 mil: haberá que agardar para saber se foi porque se fixeron menos probas ou hai un descenso...
Sanidade insiste na nas probas e nas vacinas: hoxe reparte test nos colexios van dirixidos ós alumnos de primaria e xa empezou a chamar a menores de 40 anos para a vacina de reforzo.
Dous nomes propios este luns: Mnauel Cabezas, exalcalde de Ourense que vai ser xulgados acusado de prevaricación; e Luis Alvarez que asumee a portavocía do SPdeG no Parlamento.
Deportes... se fútbol... en baloncesto, derrots de Breogan e Obradoiro.

O tempo. Volve a impoñerse o anticiclón e o mediodía as temperaturas máximas van alcanzar valores altos para esta época... en ourense vanse achegr ós 20 graos.
Vexamos cal é a situación arestora nas polas distintas cidades...


A progresión da pandemia semella ralentizarse un pouco. Por fin hoxe baixamos dos 8.000 contaxios diarios malia que o número de casos con Covid chega aos 72.441.

Este domingo repetiuse en Porto do Son, na praia das Furnas, a homenaxe a Ramón Sampedro, cadrando co 24 aniversario da morte do tetrapléxico galego. Desta volta con máis simbolismo se cadra porque xa entrou en vigor a lei de eutanasia que tanto reclamaba.

E en Vigo esta tarde apáganse as luces de Nadal. Unha iluminación que segundo o alcalde Abel Caballero veron uns 5 millóns de persoas.

No tempo da entrevista, o convidado é o presidente da Confederación de empresarios de Galicia. Juan Manuel Vieites valora positivamente ó recente acordo sobre a reforma laboral pero pide non instrumentalizala ideolóxicamente.
 


Non dan respiro os datos da pandemia. Seguen medrando os contaxios a un ritmo superior aos 8.000 casos, 8.614, para ser exactos. Mentras, aumenta un pouco a presión sobre as UCIs pero diminúe nas outras unidades.
O vicepresindete da Xunta, Alfonso Rueda, comprometeuse a aliviar as restriccións da Covid, das que hoxe entrou en vigor a prórroga, en canto se poida.
Este sábado deixanos tamén a homenaxe en Vilalba a Manuel Fraga, cadrando co décimo aniversario do seu pasamento e o relevo na portavocía parlamentaria do grupo socialista.
O deputado socialista por Lugo, Luis Alvarez sustitúa ao ex secretario xeral de Gonzalo Caballero.

Antes de desenvolver éstas e máis noticias coñecemos a previsión do tempo.

O Tribunal Superior de Xustiza deu o visto bo para ampliar as restriccións aprobadas pola Xunta ata o 29 de xaneiro. Contaban co apoio da fiscalía e o alto tribunal di que están mellor fundadas que as que remataban o día 18.

Todo nun día no que seguiron baténdose records de casos Covid, ainda que o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, di ver sinais de ralentización da sexta vaga de pandemia.

Tamén hoxe coñecimos que a Xunta convocará 2.628 prazas de profesorado en 61 especialidades nas oposicións de 2022.
 

Os restos mortais do poeta foron trasladados do cemiterio municipal de San Froilán, en Lugo, á súa casa no Courel.
22 anos despois do seu falecemento, a familia de Novoneyra quixo cumprir o desexo do poeta

O delegado do Goberno tilda de "ruído" a queixa da Xunta polo reparto dunhas partidas europeas por parte do executivo estatal. Miñones di que Feijoo debería centrarse en xestiona-la enorme cantidade de recursos que lle está transferindo o goberno de Pedro Sánchez.

As Comunidades de Montes promove unha Iniciativa Lexislativa popular para a aprobación dunha lei de montes veciñais. Con esta proposta pretende contrarrestar os cambios normativos impulsados polo Partido popular que, aseguran, promove a súa privtización.

Stop accidentes alerta do perigo que suón mal estado da A-6 entre ACoruña-Lugo. Din que o estado do asfalto é pésimo, especialmente no carril dereito polo que transitan máis camiones.

Ningún sindicato apoiará a convocatoria da oferta de emprego público da Xunta en Educación. Denuncia que esta mañá, na mesa sectorial, a consellaría se limitou a presentarlles a proposta sen dar lugar á negociación.

O tempo solleiro, pero con temperaturas baixas polas noites. 

Sanidade insiste no proceso de vacinación e a semana próxima xa empezará poñer a dose de reforzo ó grupo de trinta anos. Os casos activos baixan a 60 mil o empezar a contarse só sete días para recuperar a actividade tra-la baixa médica. Por certo, a Xunta súmase ás comunidades que darán a un tempo a baixa e a alta para reducir a carga en atención primaria.
A ministra de Transición ecolóxica pide colaboración para buscar acomodo a ENCE fora de Pontevedra e sobre Barreras, estamos pendentes de cal é a oferta de compra elexida.


O tempo. Agárdanos outra xornada solleira, as temperaturas minimas seguen baixas, con xeadas no interior.
 

En Galicia xa se vai aplicar a medida de que cando se pida a baixa laboral por Covid se dea simultáneamente a alta para sete días despois.

Esta medida reduce tamén o número de casos de Covid das estatíticas. Así hoxe contabilizaronse 16 mil positivos menos na comunidade.

Noutra orde de cousas, o presidente da Xunta anunciou que a Xunta recorrirá á xustiza, como xa fixo a comunidade de Madrid, se o goberno non resposta ao requerimento que lle fixo sobre o reparto de fondos europeos vencellados a políticas activas de emprego.