Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A falta de un serán dous os representantes da xunta que ofrezan explicacións sobre o colapso sanitario.. Garcia Comesaña comparecerá no parlamento a peticion propia e nuñez feijoo terá que responder ás preguntas do BNG que acusa ó goberno galego de inacción.


QUE TAL MOI BOAS TARDES, todo nun día no que o baleirado dos encoros este verán queda sen sanción pras eléctricas... de seguido contamos o por que...

Recollemeos tamén a sentenza contra Inditex por non faiclitar a conciliacion dunha traballadora e escoitamos os plan pra reconverter o espazo de SAN MARTIÑO PINARIO na capital galega, onde, por certo, xa hai acordo político pras contas deste ano.

O Hospital da Coruña comeza a reorganizar as súas intervencións, e os ingresos, pra deixar espazo ós doentes de COvid. Consecuencias dunha vaga con moitos menos ingresos que a de xaneiro do ano pasado, pero que segue a concentrar moitos esforzos duns sanitarios que tamén sofren baixas pola enfermidade... Unha vaga na que os novos contaxios, en caída, apuntan á estabilización. Aínda así, son 12 mil os escolares e mestres contaxiados, o que complica a situación tamén nas aulas... e fai máis necesarios ca nunca uns pediatras que escasean nalgúns centros de saíde...
 

Hoxe estamos moi pendentes dos datos que facilite o SERGAS sobre os casos de COVID para ver se se confrma un descenso. O conselleiro de Sanidade dicía que os datos apuntan a esta tese pero tamén aclaraba que os daatos da fin de semana ás veces resultan enganos. Unha sexta onda que ten, sobre todo, impacato na atención primaria.
Hoxe é noticia Barreras, porque o xulgado acepta a declaración en concurso de acreedores do estaleiro. Agora o seguinte paso debe ser a venda da unidade productiva.

O tempo. Para hoxe case non se agardan cambios ou coas temperaturas algo máis baixas.

A atencion primaria está saturada, a xunta recoñéceo, pero o presidente Feijoo di que o goberno galego non ten a solución, que esta pasa por Madrid, mentres moitos concellos sofren as consecuencias da falta de persoal pra atender as urxencias.


É unha das principais novas dunha xornada de momvementos políticos no PSDG con cambio de voceiro parlamentario e de denuncias do BNG que demanda un tren de calidade pras conexions internas galegas.

Recollemos tamén as novas sobre Barreras. O estaleiro está xa está legalmente en concurso de acredores.

Os colexios galegos comezaron a recibir hoxe os test de antíxenos en saliva para nenos de 5 a 11 anos.

Os nenos farán a proba de xeito voluntario nos seus domicilios e, en caso de resultar positivos, a familia deberá notificalo ao Sergas.

A presió hospitalaria multiplicouse por dous en tres semanas, pero sen reflexo nas ucis, e cun dato esperanzador na xornada: o estancamento dos doentes de coronavirus na comunidade. Sanidade prefire agardar a que pase o efecto fin de semana nas altas hospitalarias e nas probas antes de dar por freada a sexta vaga... mentres preparan un protocolo que permita organizar eventos no entroido...

Os sanitarios e usuarios seguen reclamando medios. No Morrazo, onde faleceu un home agardando media hora polo médico, e na Coruña o persoal do hospital reclama persoal nas urxencias e quiurófanos.