As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
-Sanidade informa de tres novas mortes por mor da Covid na provincia. Con todo semella que ralentizase o ritmo de crecemento de casos.
-Por terceira vez adiouse o xuizo sobre os bens do Pazo de Meirás. Foi a petición da Administración xeral do Estado e da Xunta.
-Os dous candidatos ás primarias do PSOE na Coruña, Bernardo Fernández, e Noa Díaz, aseguraran que estas serán unhas primarias en positivo.
Sanidade comunicou outras dez mortes de persoas con coronavirus e hai mediocento máis de hospitalizados. Son algúns dos datos que avaliará o comité clínico para decidir se hai cambios nas medidas de restricción en vigor ata o vindeiro martes.
O SERGAS habilita 32 puntos para facer cribados e tratar de frear os contaxios e mantén o programa de vacinación, esta semana centrada nos máis pqueenos.
Nas residencias de maiores, dous colectivos de traballadores e usuarios denuncian opacidade á hora de informar dos contaxios nestes centros.
Deportes: O Breogan busca adestrador tra-la marca de Paco Olmos a Burgos.
O tempo: Este martes Galicia recupera a influencia anticiclónica, deixannos as chuvias e vanse ir abrindo claros, sobre todo no sur.
Volta as aulas con reproches dos sindicatos pola falta de profesorado... xa viñan denunciando recortes de persoal ós que se suman as baixadas do covid...a xunta promete cubrilas pero recoñece que non será de forma inmediata...
QUE TAL MOI BOAS TARDES, queixas tamén nas residencias, os traballadores denuncian que non se están cumprindo os protocolos sanitarios.
Todo nunha xornada de volta ó traballo na aceiría megasa en narón, será esta mesma noite.
Los empresarios gallegos han mostrado su malestar por la posibilidad de que los trabajadores puedan darse de baja a sí mismos si dan positivo por covid. Recuerdan que el número de bajas laborales por coronavirus está incrementando de manera exponencial por la variante Ómicron. Jorge Cebreiros, Presidente de la Confederación de Empresarios de Pontevedra, denuncia que el trabajador sólo necesita para justificar su baja laboral un auto test positivo y que esto puede dar lugar a "la pillería". Informa Oscar González.
- Oitocentos profesores deron positivo. A maioría, 700, xa están cubertos con mestres substitutos
- As cifras no reinicio das clases multiplican por catro as de antes das vacacións de Nadal
Oitocentos profesores deron positivo. A maioría, setecentos, xa están cubertos con mestres substitutos. As cifras no reinicio das clases multiplican por catro as de antes das vacacións de Nadal.
Xa hai medio milleiro de persoas ingresadas con coronavirus nos hospitais galegos. Agora hai 67.700 persoas enfermas aínda que no último reconto os novos positivos quedaron por debaixo dos cinco mil.
Os empresarios galegos molestos polo feito de que os traballadores poidan tramitar unha baixa laboral cunha autoproba de antíxenos. Consideran que é a primeira vez que se pode facer sen un informe dun facultativo e sen o trámite do Servizo Galego de Saúde.
Renfe interrompe o servizo ferroviario entre MONFORTE e LUGO durante catro meses, ata o 10 de maio. É consecuencia das obras que ADIF efectúa neste tramo. A compañía ferroviaria estableceu plans alternativos de transporte por estrada pros viaxeiros afectados.
Os traballadores de Barreras comezron unha folga de cinco días. Buscan presionar a empresa pra que teña en conta a opinión do cadro de persoal na venda do estaleiro.
Canto ó tempo, xornada de orballos, previa á chegada mañá do anticiclón...
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
-Os pensionsitas volven sair este mediodía á rúa en Santiago en defensa dun sistema público de pensións mínimas que garantan poder vivir con dignidade.
-Soben os casos activos de Covid nas áreas da Coruña e Cee, e Santigo e Barbanza, pero a un ritmo menor. Un home de 84 anos faleceu polo virus nas últimas horas en no CHUS.
-O concello de Santiago fai balanzo positivo dos multamóbil. Detecta unha media diaria de oitenta coches mal aparcados.
Remataron as vacacións de nadal..agora veremos as consecuencias das festas no incremento de casos de coronavirus que alcansou máximos nos distintos indicadores, agás nas hospitalizacións, aínda que tamén aquí se da unha repunta...
Pero a volta ó colexio vaise producir con normalidade aínda que a consellaría terá que facer números para cubir as numerosas baixas entre o profesorado... calcúlanse agora nunhas 300. Haberá que agardaar se o transporte escolar funciona con normalidade. As empresas adxudicatarias, segundo a Ciga non chamaron a todo o persoal.
Deportes: o Lugo suma tres puntos e alónxase do descenso. En baloncesto, precisamente, en Lugo, malestar pola marcha do adestrador do Breogán a Burgos.
En canto ó tempo anúncianse cambios pero aínda non os notaremos hoxe.
O vento do oeste continuará achegando moita humidade a Galicia durante esta xornada.
Entrevista co Profesor e Doutor en Psicoloxía pola Universidade de Santigao de Compostela Antonio Rial Boubeta.
Entrevista realizada por Xosé Manuel García.
Cambios políticos trala renuncia á alcaldía por motivos de saúde de FATIMA ABAL en Cambados, vén de realizar o anuncio oficial e de facer repaso pola súa etapa no concello.
QUE TAL MOI BOAS TARDES, é a última nova que nos deixa unha mañá na que as enfermeiras recordan que as carencias que viven son consecuencia de anos, non da pandemia, de seguido as escoitamos.
Tamén recollemos as advertencias de Ecoloxistas en acción sobre os campionatos de caza que hai nestas datas, hoxe os primeiros do ano, o colectivo teme a falta de cumprimento das medidas sanitarias.
No noso tempo de entrevista coñecemos máis do traballo de cestería de IDOIA CUESTA, gañadora do premio de artesanía de Galicia.
Pendientes a esta hora dunha comparecencia na que se darán a coñecer os protocolos que rexirán a volta ás aulas do vindeiro luns, no medio dunha sexta vaga que deixa 15 mil doentes novos de COVID no que vai de ano. Os hospitais sumaron 60 ingresos nesta última semana.
E segue a polémica polo peche da atención ordinaria en 14 centros de saúde de Vigo. A oposición reclama á consellaría que rectifique, e dote ós centros do persoal preciso pra atender ós doentes non Covid, en lugar de derivar a presión ás urxencias de primaria e hospitais
- Comezan unhas rebaixas descafeinadas polos descontos previos
O comercio galego agarda chegar ás cifras de 2019, a pesar de que as ofertas destas datas xa non son tan salientables. Tamén temen o impacto das subas de prezos de productos básicos na economía das familias
- Mobilización das traballadoras de BOSCH en Vigo contra a precarización das súas condicións
Unha modificación das condicións de traballo pra 400 dos 1.600 empregados que levou ó persoal á folga.
- A falta de persoal deixa en cadro ó servizo de bombeiros de Pontevedra
Nalgunhas xornadas desta semana nin sequera chegaban ó mínimo de axentes dispoñibles que marca o protocolo municipal. Os axentes alertan de risco pra eles e pros cidadáns
- Polémica en Ourense polo uso de dromedarios durante a Cabalgata de Reis.
A Fundación Animalista Franz Weber critica a participación destes animais nunha celebración masiva que os somete a estrés. O alcalde deféndea por dar unha recreación máis realista pros cativos.
- Galicia, Asturias, Cantabria y País Vasco, en alerta naranja por fenómenos costeros
- El frío provoca aviso amarillo por nevadas en montañas de León, Burgos y Lleida
- También hay alerta amarilla por viento en el litoral de Tarragona y el interior de Castellón
xa case chegamos ós 60 mil casos de coronavirua na nosa comunidade, cunha incidencia que non detén o seu aumento. 2.300 casos por cen mil habitantes en tan dó dúas semanas. O aumento dos casos afecta as residencias de maiores, onde se triplicaron os casos e tamén na presión hospitalario. Con todo, so o 26% dos ingresados presentan esta variante.
- A factoría Viguesa, Stellantis suspenderá a quenda de traballo do domingo, tras o número de baixas pola Covid-19. Unha medida que chega tan só dous días despois da volta ao traballo dos 6.700 traballadores a fabriuca de Balaídos.
- En Cerdedo-Cotobade, intensifícanse as accións de rexeitamento á instalación do Parque Eólico dos Cotos ó que se opón o Concello. O alcalde, Jorge Cubela, convocou unha asemblea veciñal aberta para informar do proxecto. Este domingo hai convocada unha mobilización en contra do parque eólico dos Cotos.
- Volve a Coruña a cara máis solidaria de Galicia coa campaña solidaria "debuxar sorrisos". Case 2000 xoguetes foron repartidos pola iniciativa organizada pola Afundación e ABANCA.