Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Deixou de ser obrigatoria en espazos exteriores, pero boa parte da xente segue levándoa por precaución. O decreto que entrou en vigor a pasada medianoite deixa sen efecto unha das medidas máis controvertidas do Goberno que criticaron moitos expertos

Xa está en vigor a norma estatal que elimina a obriga de usar máscaras ó aire libre, pero ós centros educativos chega con polémica. A Xunta acata a decisión, pero insiste en recomedar que se manteña nos recreos. Cre, tras consultar ó comité clínico, que non é prudente retirala ata que os cativos teñan as dúas doses da vacina.
Unha postura na que a delegación do goberno e o BNG ven intentos de confrontación política. Mentres, as familias e os centros defenden en nmoitos casos o seu uso. Cren que permitirá máis relaxación á hora de facer actividades en grupo.
 

Xa non é obrigatorio o uso de máscara en exteriores, pero en Galicia, de momento, non cambia nada nos colexios. Os directores non recibiron ningunha comunicación que varíe o protocolo que teñen agora en vigor.
Ó presidente Núñez Feijóo non lle parece ben que se deixe de empregar a protección nos patios ata que se complete a vacina ós nenos, que este mércores comezaron a recibir a segunda dose. En todo caso, vai pedir a opinión do comité clínico.
A que vai continuar e a obrigatoriedade de presentar o pasaporte cOVID.
A pandemia deixanos xa máis de tres mil mortes... despois de que este mércores se comunicaran 21 falecementos, a cifra máis alta nun ano.
Deseguido os detalles...
Nos Deportes. 20 mil persos animaron na Coruña ó Deportivo xuvenil que quedou eliminado nos penaltis na competición europea na que participaba.
O tempo... hoxe con máis nubes... a cambio as temperaturas mínimas son máis altas. Comprobámolo no repaso polas nosas emisoras.
 

No que levamos de pandemia morreron en Galicia 3008 persoas. Neste último mes de febreiro rexistráronse un total de 76 pasamentos. Con todo as cifras seguen reducíndoseos no resto de indicadores.

Todo nunha tarde na que ainda non está claro que pasará co uso da máscara nos centros de ensino. O Presidente da Xunta deixa a decisión nas máns do comité clínico galego mentras que solicita a ampliación do uso do pasaporte covid.

Como xa tivemos que aprender ó longo de seis vagas, trala onda de casos activos e a de ingresos nos hospitais chega a de falecidos. No que vai de mes faleceron 76 persoas con covid en Galicia, que superou hoxe unha triste marca: a dos tres mil mortos dende o inicio da pandemia hai case dous anos. 3.008 persoas con nome e apelidos que perdemos por mor da pandemia. Un mal dato que contrasta coa boa evolución do resto dos indicadores, e que nos lembra que isto non rematou.

Desde mañá non é obrigatoria a máscara en exteriores pero aínda non sabemos se en Galicia a medida tamén se vai aplicar nos patios dos colexios. A norma xeral sí o permite. Sanidade aínda non se pronunciou.
A que se mantén é a corentena de 7 días.
As persoas coa enfermidade seguen baixando pero son máis de 50 mil, 700 hospitalizadas e comunicáronse outros 11 falecementos.
Deportes: ás sete da tarde Riazor rexistrará a mellor entrada en moito tempo para intentar que o Deportivo xuvenil pase ós oitavos de final da competicion europea na que participa.