Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os pacientes máis vulnerables deben ser a principal preocupación conforme evoluciona a pandemia. Pero o conselleiro de Sanidade máis que da-la por rematada di que teremos que adaptarnos a ela. En Radio Nacional, Julio García comesaña sinala que con máis de medio milleiro de hospitalizados e varios mortos diarios non se pode falar de normalizar a situción como fan outros países.
Este domingo seguiron baixando os casos activos e os novos diagnósiticos, pero volveron comunicarse 8 mortes.
Agora resumimos a entrevista co conselleiro...

Deportes. O Lugo perdeu dous pntos no dsconto e o Breogan derrotou ó Valencia.

O tempo... tra-los paso da fronte baixaron as temperauras e quedaron chuvascos intermitentes e a cota de neve por debaixo dos mil metros. 

Saudos, moi boas tardes...

Os premios Goya deixan bo sabor de boca. Catro estatuiñas veñen para Galicia da man do actor Chechu Salgado, a compositora Zeltia Montes, e os directores Xosé Zapata e Chelo Loureiro. Tendo en conta que había 7 nominados galegos a estatística é de máis dun 50 por cento de éxito.

Pontevedra acolleu este mediodía unha das concentracións organizadas en varias cidades españolas en contra da reforma da coñecida como Lei Mordaza, que cualifican de insuficiente.

A pandemia segue a evolución positiva ainda que este domingo cunha lixeira repunta da presión hospitalaria.

No tempo da entrevista o convidado é o conselleiro de Sanidade. Na semana na que se quitou a máscara en exteriores, Julio García Comesaña avanza que ainda queda moito ata que se faga o mesmo nos interiores.
 

Este sábado disfrutamos xa desde a medianoite dunha hostelería e dun lecer nocturno cos horarios prepandemia. Esta mañá os usuarios mostraban a súa ledicia por ir recuperardo paseniño a normalidade e o Conselleiro de Sanidade atribuíao tamén a que os hosteleiros cumpriron maioritariamente as normas que se lles marcaron.

Hoxe todos os datos da pandemia son positivos.

A outra noticia do día é a entrega dos premios Goya. Sete galegos entre actores, directores e músicos, optan a premios. Neste espazo conversaremos con dous protagonistas da gala. Un é o cineasta Dani de la Torre quen a dirixe.

Antes de desenvolver éstas e máis noticias coñecemos a previsión do tempo

Pablo Suárez Llanos, o que fora o exmozo de Déborah Fernández declarará finalmente como imputado pola desaparición e morte da moza. A familia levaba agardando 20 anos esta declaración.

Día de actividade xudicial en Galcia, hoxe tamén hai novidades no caso da nena Desirée. Nesta quinta xornada do xuízo de Muimenta, o forense ratificou que o sangue aparecido na habitación e no pixama correspondía a pequena de 7 anos. Confirma así a morte por estrangulamento e que a nena de defendeu.

Desde a próxima media noite, bares, restaurantes ou locais de ocio nocturno xa poden abrir como antes da pandemia. Unha boa noticia. Pero non todo é positivo, porque a Xunta volveu pedir autorización o Tribunal Superior para prorrogar a presentación do pasaporte COVID ata o 26 deste mes.
Sobre a máscara, agora nos patios dos colexios é unha recomendación.. pero sanidade pide que se manteña o seu uso.
Os casos de coronavirus seguen baixando pero no último reconto aínda subiron os novos positivos.

No mesmo día en que o uso da máscara deixa de ser obrigatoria ó aire libre, o presidente da Xunta pídelle claridade ó goberno central e que especifique se o protocolo educativo está derogado. Namentres a maioría dos pais e náis optaron por continuar coa máscara nos patios exteriores.

E volverán os horarios habituáis para a hotalaría e o lecer nocturno. Así o anunciou o Presidente durante o consello da Xunta celebrado este medio día... Iso sí, con certificado covid, logo de que o comité decidise aprazar o seu uso ata o 26 de febreiro.

  • Deixou de ser obrigatoria en espazos exteriores, pero boa parte da xente segue levándoa por precaución
  • Xunta recomenda seguir con ela nos patios dos colexios mentres non remate a vacinación completa dos nenos