Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Un estudo de UNICEFF en Galicia, presentado esta tarde, revela que catro de cada 10 adolescentes na nosa comunidade recibiron mensaxes de contido sexual a través das redes sociáis.

Hoxe o debate tamén está no patio dos colexios. As ANPAS están pendentes de que o Ministerio de Educación e A Xunta de Galicia concreten se a partír deste xoves os cativos estarán exentos do uso da máscara nestas zonas do mesmo xeito que pasará fora dos centros.

Segue a caída de casos activos, e hoxe tamén a dos hospitalizados... Os expertos entenden que a tendencia se vai a manter, xa que a alta inmunización fai que cada vez a enfermidade sexa máis leve

A mellora dos datos fai que comecen a relaxarse algunhas medidas, coma a do uso da máscara en exteriores. O xoves poderemos andar pola rúa, ou xogar no parque sen ela, pero nos patios das escolas podería seguir sendo obrigatoria. Hai que entende que debe haber coherencia dentro e fora, que as normas deben ser iguais. Otros entenden que os patios seguirían a norma das aglomeracións, porque non é posible mante-la distancisa. Polo de agora a Xunta non se pronuncia.

Pasado mañá xa non será obrigatorio o uso da máscara no exterior. A medida vai ser aprobada hoxe polo goberno e, este martes, a comisión de saúde pública estudará a petición de Sanidade para rebaixara de 7 a 5 os días de corentena dos contaxiados.
Os casos seguen baixando pero amodo.
En Lugo, hoxe vai contnuar o xuizo pola morte da nena Desirée Lela. A nai, a única acusada, que se enfronta a prisión permanente revisable, declarou que non quería mata-la, que a nena bebeu o que tiña preparado para ela sucidarse.
 

Durante esta tarde a Audiencia Provincial de Lugo acolleu os testemuños de Ana Sandamil e José Manuel Leal A nai e o pai de Desdirée Leal, a nena de sete anos, presuntamente asasinada pola súa nai en 2019. A nai enfróntase a unha pena de prisión permanente revisable.

Todo nun día no que a Comisión Interterritorial de Saúde anuncia o fin do uso obrigatorio da máscara en exteriores. Unha medida que chega a Galcia cando Sanidade confirma o segundo caso da nova cariante BA-2 da ómicron en Galcia. Hai 15 casos máis pendentes de confirmación.
 

A Xunta saúda que a Interterritorial aprobase hoxe a súa petición de retira-la máscara nos exteriores. Porén, o conselleiro pide que manteñamo-las precaucións, porque seguen aparecendo novos casos a un ritmo cercano ós 5 mil diarios. HOxe os casos activos retroceden ata inicios de ano, e ainda que aumentan os ignresados o conselleiro alerta de que 4 de cada dez non están nos hospitais por Covid, senón por outras causas. Pero a transmisión segue alta, e agora entra en xogo a variante de omicron coñecida como silenciosa. Xa hai dous casos en Galicia confirmados.