Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O poeta valdeorrés visitou Galicia tres veces veces tralo seu exilio en México. A primeira foi en 1968, unha viaxe que Radio Nacional de España aproveitou para entrevistalo e dedicarlle un monográfico do programa "Poetas de Galicia".

Nova traxedia no mar. Un barco pesqueiro asociado ó porto de Vigo, o Villa de Pitanxo, sufriu un naufraxio cando faenaba ó fletán en Terranova.

O barco, segundo as primeiras informacións, pertence ó grupo NORES e tiña 22 tripulantes, 12 deles galegos e o resto sudamericanos e senegaleses. A baliza saltou nas primeiras hora da mañá, pero os servizos de rescate non chegaron á zona ata o mediodía en hora española.

O operativo de rescate coordénase dende Canadá. participa un helicóptero e dous pesqueiros, un portugués e un galego que faenaban na zona, segundo nos contaban dende o Centro de Coordenación de Salvamento en Madrid.
 

Rematou o xuizo pola morte da nena Desirée Leal e as partes persoadas non variaron a súa posición. Acuscións e fiscalía piden prisión permanente revisable.. defensa pide o seu internamento nun centro psiquiátrico. O xurado xa iniciou a deliberación.
Sobre a pandemia... volveumos a número que non se rexistraban desde finais de ano.
E, a patronal da conserva anuncia un peche patronal cadrando coa convocatoria de folga dos sindictos... Tamén para unha das liñas de producción Stellantis, neste caso, outra vez, por falta de compñentes.

O tempo: Hoxe estará cuberto e prevense chuvias febles na vertente atlántica..

Ultima vista oral do xuízo de Muimenta, en Lugo, polo asasinato da pequena Desiré Leal en 2019. Acusación e Fiscalía ven unha actuación deliberada e premeditada por parte da nai. A defensa, mantén que non era consciente do que facía, e pide a absolución... Trala o xuízo de hoxe o caso queda visto para sentenza. A acusada, Ana Sandamil, enfróntase a unha pena de prisión permanente revisable ou ó ingreso nun centro psiquiátrico.

Unha tarde na que os pricipáis líderes políticos galegos se pronunciaron sobre o futuro político de Castela e León... E no empresarial, Stellantis volve verse afectada pola falta de microchips. A empresa Viguesa anunciou novos paróns de traballo para mañá...

Hoxe queda en mans do xurado a decisión sobre o asasinato de Desirée Leal, unha cativa de 7 anos falecida hai tres anos en Muimenta. Tralas declaracións de forenses e testigos, as acusacións e a fiscalía teñen claro que a versión da intoxicación accidental quedou desbotada. Ven unha actuación deliberada e premeditada por parte da nai, que podería ser condenada a prisión permanente revisable. A defensa insiste no delirio, en que non era consciente do que facía, e pide a absolución.

No sanitario, forte baixada nesta xornada dos casos activos de coronavirus. O rexistro cae en máis de 3.500 casos e sitúase en niveis previos ó anovello. E caen tamén os novos casos detectados, mentres os hospitais acusan a falta de altas das fins de semana.