As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Os farmacéuticos da Coruña activan unha campaña dirixida á saúde mental ó dispararse as consultas. Galicia multiplica por dúas a media española de enfermos crónicos.
A Plataforma SOS Sanidade Pública de Pontevedra expresou a súa preocupación pola xestión do Hospital Montecelo. Considera que se ralentiza a actividade para favorecer o desvío de pacientes á sanidade privada.
Preocupación polo impacto que as xeadas van ter na producción das vides e outras froiteiras. As boas temperaturas de marzo fixeron que se adiantaran os abrochos que coas temperaturas por debaixo de cero deixarán de ser productivos.
A Xunta volve prohibi-las queimas de restos agrícolas e forestais por particulares polo risco de incendios. O lume queimou nas últimas horas unhas 20 hectáreas na parroquia de Figueiras, en Santiago. As lapas estiveron a uns cen metros das casas.
O tempo. Vaise retirando o aire frío e no sur hoxe xa se chegará ós 20 graos.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Despois de catro días, Alberto Núñez Feijóo regresa Galicia paara responder á oposicion na sesion de control, no Parlamento, pero mañá e pasado xa ten dúas novas citas en Madrid, como presidente do Partido Popular, co Rei e co Presidente do Goberno. O que, se non hai sorpresas, será o seu substituto na Xunta, Alfonso Rueda, só dixo que agora empezarán a falar do relevo...
O paro, volveu baixar aínda menos que no mesmo mes do ano pasado.
Sobre a pandemia, a comisión estatal de saúde pública estudara hoxe a retirada da máscara nos interiores e Xunt recomenda que os rapaces con síntomas non asistan a clase perse a que non é obrigaorio o illamento.
O tempo: Hoxe aínda soprará o vento do nordés, pero semellla que despois vai virar e perdemos a influencia do anticiclón.
O aumento dos ERTES, o desemprego das mulleres ou a parcialidade son os PEROS que sacan os sindicatos ós datos de emprego de marzo en Galicia, que deixa case 1.200 persoas menos no paro, é o terceiro mellor dato de España.
QUE TAL BOA TARDE, a atención tamén no Pazo do Hórreo, primeira xornada de pleno, con participación de Nuñez Feijoo, mañá deberá responder na sesión de control ás preguntas da oposición sobre o seu futuro inmediato na Xunta. Na oposición, o PSDEG acusa ó gobenro galego de desatender ós cidadáns.
A tarde deixa tamén cifras actualizadas de solicitudes de protección temporal de refuxiados ucraínos, son xa mil: A Coruña e Pontevedra lideran as peticións.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
As tendas de roupa e calzado non son alleas a crise actual. A suba de prezos na alimentación, nos combustibles ou na electricidade fai que os consumidores gaste menos neste sector e o frío impide a venda de roupa da nova temporada.
Os donos dos salóns de peiteado e estética reclamaron ante a sede do PSOE en Vigo unha rebiaxa do IVE. Asegura que coa suba da luz traballan para pagar facturas e denuncia un aumento de negocios que traballan á marxe da lei.
A flota galega de cerco ten depositadas moitas esperanzas na campaña da sardiña que comezou a pasada medianoite. Poderán pescar 8.600 toneladas e confían en obter uns prezos aceptables malia que non é a mellor época de consumo de sardiña.
A CIG reclámalle á Xunta que equipare as condicións laborais das residencias privadas coas das públicas. O sindicato, crítico co convrenio do sector, vaise centrar en esixirlle á Consellería de Política Social o cumprimento estrito da lei.
O tempo. Segue o frío, sobre todo no norte onde as nubes cubre o ceo.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Núñez Feijóo xa exerce como presidente do Partido Popular é hoxe incorpórase o seu despacho na sede madrileña de Géneva onde preside a primeira reunión do comité de dirección. Así non estará esta mañá ó inicio do pleno do Parlamento, onde mañá ten que responder ás preguntas da oposición.Feijóo incorpora á nova dirección unha ampla representación galega, entra que destaca Miguel Tellado, novo responsable de organización.
Este domingo houbo manifestacións en Santiago do BNG pra demandar solucións á suba de prezos e dos productores de mexillón. E, ten se mobilizaron outra vez as familias dos mariñeiros do Villa de Pitanxo para pedir que un robot baixe ó barco afundido
Miles de personas se han manifestado en Santiago de Compostela para protestar por las trabas impuestas por la Xunta de Galicia al sector mejillonero, que restringe las zonas donde los bateeiros pueden criar el mejillón que servirá de base para su posterior producción.
Foto: Getty Images
Entrevista coa Valedora do Pobo Dolores Fernández Valiño.
Realizada por Cruz Mato.