Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A falta de só unhas horas pra que se comece a aplicar o desconto de 20 céntimos por litro nos surtidores, as gasolineiras aínda non saben cómo van facer pra aplicalo. Hai problemas cos sistemas informáticos, e problemas de liquidez: terían que adiantar o desconto, ainda que a axencia tributaria xa anunciou que poden pedir adiantos. Mentres, xurden críticas, Dende a UXT ó foro econoómico de galicia, por que ese desconto sexa xeralizado, e non se concentre nos sectores e grupos sociais máis vulnerables.

Na Coruña, na refinería de repsol os traballadores das empresas auxiliares que realizan tarefas de mantemento non se van incorporar de momento o seu posto de traballo. Non mentres non se aclaren as circunstancias da morte dun compañeiro en accidente laboral e se revisen as medidas de seguridade.
No transporte.... non houbo desconvocatoria do paro pero, na práctica, xa se recupero a actividade. Hoxe incluso está previsto que se reanaude a actividade dos camioneiros que levan ó carbón para Endesa co que a centrala podería retomar a actividade.
 

E o todavía presidente da Xunta Alverto Núñez Feijóo, ven de anunciar a súa renuncia como presidente do partido popular a Nivel autonómico. Fixoo a través dunha carta, na que tamén indicou que a renuncia se fará efectiva en Abril, cando será elexido a presidir a formación nacional.

E os traballadores da refinería de Repsol na Coruña, reúnense esta tarde para tratar se continúan cos paróns que comezaron en repulsa pola morte dun dos compañeiros das empresa auxiliar de reparacións, Nervión, tras un escape de gas corrosivo o pasado sábado. Comité e Sindicatos piden unha investigación sobre o sucedido e grantías a seguridade dos traballadores.

O Centro Singular de Investigación Química da Universidade de Santiago (CIQUS) cumpre dez anos, co descubrimento dun novo método para introducir fármacos no interior das células, que xa demostrou que pode servir para destruír tumores. Agora será desenvolvido para a súa aplicación nos tratamentos médicos.

O paquete de medidas que hoxe se publica no BOE non cumpre as espectativas do sector primario galego. No mar, lamentan a falta de baixas concretas pros barcos no prezo dos combustibles, e tampouco os satisfai a posibilidade de apraza-las cotas da SS. Reclamaban a exención por uns meses. No campo, valoran as axudas directas ó sector lácteo, pero entenden que deberían ser extensivas ós produtores de carne. E cren que a solución pasa por facer cumpri-la lei de cadea alimentaria.

A pesca considera insuficientes as axudas ó sector pola suba dos prezos do combustible, pero de momento mantén a actividade. O ministro Luis Planas reuniuse hoxe cos representantes do sector pesqueiro e do agrongandeiro.
A suba de prezos complicouse coa folga de transportes que non foi desconvocada, aínda que a maioría de camións xa volven a circular.
E, na Coruña, na refinería hoxe vaise gardar un minuto de silencio pola morte dun traballador dunha empresa auxiliar que morreu tras un accidente laboral.

O tempo. case cuberto e anúncianse chuvias e máis frío, pero vexamos cal é situción agora nas principais cidades.