Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O BNG encabezou este mediodía unha manifestación en Santiago reclamando a Xunta e Goberno central solucións á crise de prezos para evitar o colapso dos sectores económicos galegos.

A outra manifestación que percorreu as rúas de Compostela foi a dos bateeiros. Afirman que o futuro do sector está en xogo se continúan as restricións para a extracción de mexilla.

Continúa a estas horas en Marín unha nova concentración dos familiares dos falecidos no Villa de Pitanxo, en augas de Terranova, no mes de febreiro. Piden que se retome a busca dos corpos.

Este é un dos asuntos, precisamente, sobre o que conversamos no tempo da entrevista coa Valedora do pobo. Dolores Fernández Galiño, considera que o Goberno español debería dar máis explicacións ós familiares dos desaparecidos.

Arranca a era Feijoo no Partido POpular. O aínda presidente da Xunta vén de ser nomeado lider nacional do PP co 98,35 por cento dos votos. O seu reto: manter o partido unido para gañar as próximas eleccións.

As Confrías de toda España continúan reunidas a estas horas para determinar as mobilizacións que emprenderán, tralo seu desacordo coas axudas aprobadas polo goberno

Concentración do sindicato CXT na Coruña contra a suba dos produtos baásicos que está a provocar o empobrecemento das clases traballadoras

Hoxe 2 de abril, no Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, coñecemos a labor da Asociación BATA de Vilagarcía para lograr a inclusión deste colectivo


Ademáis, na entrevista de hoxe conversamos con Xosé Manuel Budiño que acaba de presentar "Muiñeira da lúa".

Arestora celébrase en Sevilla o congreso extraordinario do partido popular que proclamará a Alberto Núñez Feijóo como lider. Un congreso que tamén ten repercusións en Galicia, onde está pendente o seu recambio á fronte do PP galego, e tamén á fronte da Xunta de Galicia. Ademáis, é xornada de axendas suspendidas por boa parte dos conselleiros, desprazados o congreso, o que demostra, a xuizo do BNG cales son as prioridades do goberno galego. Tamén o PSdeG criticou este abandono das tarefas de xestión por parte do presidente da Xunta.

Alberto Núñez Feijóo deixa hoxe a presidencia do Partido Popular de Galicia... para facerse cargo da dirección da formación a nivel nacional. Hoxe comeza o congreso extraordinario de Sevilla....Sobre quen o vaia acompañar na nova tarea só dixo que se levará a algúns compañeiros no executivo galego pero para postos que son compatibles coa actual tarefa. Asumirá a presidencia do PP pero seguirá na Xunta, alomenos durante este mes de abril e non desvela que será o seu substituto.

O tempo. Empeza abril con menos nubes e máis frío.


Os empresarios e traballadores das galsolineiras galegas debaten arestora sobre como aplicar o desconto de 20 céntimos por litro de carburante que ven de aprobar o Goberno e que entrará en vigor, en apenas unhas horas. As estacíóns de servizo non poden facer fronte ao adianto dos cartos ou non contan con sistemas informáticos que permitan rexistrar as modificacións no prezo. Unha incerteza ante a cal moitas xa anuncian que mañá non abrirán.

E as residencias de Anciáns e centros de día, privados de galicia, acordaron esta mesma tarde desconvocar a folga do sector, na que reclamaban melloras das condicións laboráis. Fixérono logo de firmar Un novo acordo coa empresa. Unha medida criticada polos sindicatos CIG e TREGA que decidiron non firmar.
 

O coruñes David Arcay, de 31 anos, ten o récord de ser o ouro mundial máis novo da historia deste deporte. No arranque da temporada, fala da súa especialidade, a pesca sen morte que xa se practica en máis de 1.000 quilómetros de ríos galegos.