Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Cae outro tramo do viaducto do Castro na subida a Pedrafita o que seguro vai facer que que o ministerio repense os plans que tiña para esta infraestructura. Agora a reparación xa non parece solución... cada vez hai máis preguntas sobre a calidade da construcción.... o alcalde de Pedrafita fala de chapuza. O certo é que esta localidade semella que vai ter que soportar o tráfico que antes pasaba pola autovía durante bastante tempo.
E, sobre o Albacora, a morte dos dous tripulantes galegos atribúese agora a inahalación de amoniaco. Unha delegación da empresa desprazouse as Seychelles para axilizar a repatriacion dos corpos

O tempo estará aínda marcado polo embolsamento de aire frío en capas altas da atmosfera, que mantén a inestabilidade.

A armadora do atuneiro Albacora catro chegará mañá as illas Seychelles pra axilizar a repatriación dos corpos dos dous galegos falecidos no accidente que tivo lugar na tarde de onte, un sinistro que deixa ademais oito mariñeiros feridos pero ningun de gravidade.

Sorpresa nas comunidades autónomas polo anuncio da ministra de sanidade, Carolina Darias, sobre a administración da cuarta dose da vacina do covid a toda a poboación en xeral. Unha noticia que o conselleiro de sanidade, Julio Garcia Comesaña, puntualizou sinalando que só se vai administrar as persoas maiores de 80 anos.-

O día no que se cumpren 4 meses do naufraxio do Villa de PItanxo, temos que lamentar dúas novas mortes de traballadores do mar. Estaban en terra, nas illas Seychelles, reparando o barco Albacora Catro, cando un escape de gas provocou un estourido que acabou coa súa vida. Porto do son e a Pobra do Caramiñal son as vilas de orixe das dúas víctimas, que pronto serán repatriadas a Galicia.

A pesca cóbrase dus novas víctimas. Nesta ocasión foi unha explosión o que provocou a morte de dous tripulantes do atuneiro Albacora catro, cando se atopaba en porto, nas Seychelles. O barco é agora propiedade dunha empresa de Vigo.
Non cede a presión contra o nrcotráfico. terceira operación da garda civil no salnés. E, os médicos ven insuficentes os incentivos propostos por sanidade para palar a falta de profesionais


O tempo. Mantense a inestabilidade con chuvascos treboentos pola tarde.