Nas últimas horas chegaron á Coruña dous barcos con case 60 mil toneladas de millo. É unh pequena parte para a demanda do sector productor de pensos. O obxectivo é que se normalicen os envíos e que se poña freo ó incremento de prezos que paga o sector gandeiro.
E hoxe recollemos tamén a preocupación dos camioneiros polo peche ó tráfico da A-6 en Pedrafita: encarece os portes e limita os transportes especiais.
Das estradas...accidente mortal en Melide. Un mozo do concello coruñés de Vilasantar faleceu tras sairse co seu coche da estrada e bater contra valado de peche dunha casa. Ocorriu a pasada tarde na estada AC-840
O tempo. Non se agardan cambios significativos para o luns, Galicia continúa na influencia das altas presións.