O goberno central estudará esta tarde co sector loxístico as alternativas ó tránsito pola Autovía A6 durante o seu corte e desvío pola nacional.
O sector pide información sobre os prazos do arranxo, pero insiste en que calquera reaxuste dos tempos complica e encarece os transportes. E iso fai pouco viable a alternativa da A52 e a Ap9. Ademáis, cren que a nacional sexta precisa arranxos pra soporta-lo paso de ata 10 mil vehículos diarios, como agora está a suceder.
Nuns meses cúmprense 20 anos do embarrancamento do Prestige. Dúas décadas despois ábrese a posibilidade de que a aseguradora teña que pagar os 855 millons que determinou nunha setenza o Tribunal Supremo par reparar os danos causados pola marea negra. A xustizxa europea determina que prevalece sobre un laudo arbitral emitido por un tribunala londinense a instancias da compañía de seguro.
A maioría absoluta do PP en Andalucía axuda no camiño dos populares galegos a superar por quinta vez os 38 escanos na nosa comunidade. Foi a resposta de Alfonso Rueda a preguntas dos xornalistas antes de entrar ó comité de dirección do partido, que xa prepara os nomes para as municipais do vindeiro ano.
Tamén mellora o camiño de España para o cobro da indemnización millonaria da aseguradora do Prestige. A xustiza europea declara que a arbitraxe iniciada no Reino Unido non pode bloquear a sentenza da Audiencia provincial da Coruña que condena á aseguradora á facer a compensación económica.
Os transportistas seguen a reclamar solucións urxentes ante os atrasos que sofren polo desvío tras os derrubamentos na A6 mentres recordan que o prezo dos carburantes mantén ó sector ó bordo do colapso.
A resaca da noite electoral e Andalucía deixa moi boas impresións no partido popular galego, que fala de victoria abrumadora e ve nela o inicio dun cambio político en todo o Estado. A oposición non cre que os resultados sexan extrapolables á nosa comunidade. Cren que deben ser vistos en clave local, ainda que sí valoran que a ultra dereita non vaia ter papel no goberno andaluz.
O AVE que une Galicia con Madrid circula de novo. Estivo 24 horas inoperativo polo incendio na Serra da Culebra en Zamora. Pero, o lume non causou danos na infraestructura e tras unha revisión os técnicos de Adif autorizaron a súa posta en servizo, aínda que cunha limitación temporal de velocidade na zona.
O que vai tardar en restablecerse é a circulación de coches pola A-6 en Pedrafita. De momento non hai nin datas para a realización das obras necesarias pra volver a poñer en servizo a autovía.
E, esta fin de semana sorprendeunos a detención de tres veciños de Mazaricos pola morte dun veciño o pasado mes de novembro
Restablecida a circulación de trens entre Galicia e Madrid, despois de que o feroz incendio que afecta á Serra da Culebra, en Zamora, obrigase a interromper as conexións.
Todo despois dunha tarde noite de desesperación para centos de usuarios aos que Renfe non lles deu alternativas. A Garda Civil non aconsellaba o transbordo por estrada e moitos organizáronse para viaxar en taxis ou coches de alugueiro. Outros pasaron a noite en hoteis.
Este corte nas comunicacións por tren chegou cando aínda se están analizando as causas do derrubamento da ponte da autovía A-6 no Castro, outra das portas de Galicia. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, pide aquí en Radio Nacional a comparecencia da ministra de Transportes e unha auditoría do resto de pontes e túneles da vía
O Cluster da Función Loxística de Galicia pide que se acondicionen os desvíos alternativos á autovía A-6 ante a incerteza que se abre tra-lo segundo derrubamento na ponte. O Goberno agarda que se produza un terceiro pero de momento hai que esperar, por seguridade non se pode acceder ao anaco do viaduto que queda en pé.
Representantes do sector reuniranse o martes coa Xunta e a Delegación do Goberno para coñecer de primeira man as previsións que se manexan.
En Ourense continúan activos dous incendios, un deles afecta ao parque natural do Invernadeiro.
En deportes... O Hockey Liceo é o novo campión da OK Liga. O conxunto coruñés fíxose co título logo de vencer por 2 tantos a 5 ao Reus
A ministra de Transportes visitou esta tarde xunto ao presidente da Xunta, o límite entre Lugo e León pra coñecer in situ a situación do Viaducto do Castro, logo de que onte se producira un novo derrubo doutro tramo na que non houbo que lamentar feridos.
Estabilizado en Ourense o que xa é o maior incendio forestal do ano rexistrado en Galicia
A caída dun segundo tramo do viaducto do Castro, na entrada a GAlicia pola A6, fai medra-la sensación de que non será posible salvalo, e as preguntas sobre cómo foi construido, se houbo erros ou vicios ocultos. Esta tarde, 10 días despois de que se cortara a principal conexión de Galicia coa meseta, a ministra de Transportes acudirá ata ese punto, onde coñecerá de primeira man as impresións dos técnicos. Non hai que lamentar danos persoais, pero os económicos medran cada día que o tráfico da autovía está desviado pola estrada nacional
- Continúan activos dous incendios no concello ourensán de Larouco...
Entre os dous levan queimadas 220 hectáreas. O que comezou o mércores está estabilizado.
- Unións Agrarias pide que a Consellería de Medio Rural dé de inmediato as axudas prometidas ó sector da carne.
Se non o fai convocará mobilizacións. Considera que a situación dos productores é insostible.
- Conflicto en Rianxo entre os mariscadores a pé e a flote.
Non se poñen de acordo sobre a delimitación das zonas de traballo. Este xoves tivo que intervir a Garda Civil e a Policía Local para evitar un enfrontamento.
- A cuarta dose da vacina da covid será, de momento, só pros maiores de 80 anos.
Así o reiterou esta mañá na Coruña o conselleiro de Sanidade, para aclarar as palabras da ministra que apuntaban a unha cuarta dose pra poboación xeral