Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba


Despois de dous anos de agarda, nunhas horas centos de localidades galegas celebrarán por fin un San xoán sen restricións. Lumeiradas, cachelas ou fogueiras... e sardiñadas, que este ano teñen un aliciente: hai moita sardiña, e a bos prezos.

Iso, se o tempo o permite...
 

PARA a central térmica das Pontes. O grupo 1, o único que quedaba activo, deixa hoxe de queimar carbón. A empresa asegura que xa non é rendible. Iso si, está aínda pendende do permiso de Rede Eléctrica pra facer a desconexión total.

Nova xornada de folga nos centros socioculturais de Santiago. A preocupación é máxima entre os traballadores porque en dez días entran as novas empresas concesionarias e verán empeoradas as súas condicións laborais.

Preacordo pra renovar o convenio no sector da hostalaría da provincia. Afecta a 20 mil traballadores.

Despois de dous anos de pandemia, chega a primeira noite de San Xoán sen restricións. Na Coruña xa comezou a descarga de leña nas praias.

A central térmica das Pontes volve a estar parada. Endesa aínda non ten permiso para desconecta-la da rede pero mantén que xa non podería rendabilizar as melloras técnicas que precisa acometer.
sobre o corte da A-6.... mentres se decide que tipo de obras se van realizar, BNG e Unidas Podemos piden que se faga unha auditoría... temen que as constructoras aforraran nos materiais.
E pendentes do sector do transporte... a asociación maioritaria en Galicia non é partidaria de convocar un novo paro pero pide que a bonificación do gasoil se aumente ata os 40 céntimos.

O tempo.
Non hai cambios... nubes e chuvascos, máis probables pola tarde no leste, pero pola noite parece que a chuvia vai respetar as lumieiras de San Xoan.

Listaxes de agarda de máis de 15 días nalgúns centros de saúde, atención telefónica excesiva e precariedade laboral son algunhas das reclamacións de diferentes plataformas sanitarias, sindicatos e algunhas formacións políticas que presentaron no Parlamento unha iniciativa lexislativa popular para mellorar a atención primaria.

Endesa confirma que a actividade na térmica das Pontes para desde mañá. O carbón dispoñible pra esta central está a piques de esgotarse e a maquinaria precisa melloras técnicas que non son rendibles. Seguen, iso si, agardando a autorización definitiva de peche.

Sobre o derrubamento na A6, o BNG e Galicia en Común piden explicacións no Congreso sobre a construción do viaduto, hai vinte anos, e os materiais empregados. Afirman que houbo irregularidades.

E atrásase a repatriación a España dos corpos dos dous mariñeiros falecidos no accidente do atuneiro Albacora Catro hai unha semana nas Seychelles.

A plataforma en defensa da sanidae pública deu hoxe un paso máis na súa demanda de solucións pra situación da atención primaria, que cualifican de dramática. Queren máis participación social, e que se resolvan as listas de agarda de ata 15 días nos centros de saúde, a entrada de todo o sistema sanitario. Denuncian que a súa organización segue dependendo da dos hospitais, e que a precariedade dos contratos está a empuxar ós novos médicos fora do sistema.

Dende o partido popular insisten en que a solución da sanidade está en mans do goberno central, e non do autonómico.

El presidente de la Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ha dicho tras las elecciones andaluzas del 19J que su partido, el PP ha ganado con una histórica mayoría absoluta, al ser preguntado en La Hora de La 1 por si cambia en algo la relación del PP con Vox, que en Galicia y en Andalucía "la gente ha entendido que si quieren que gobierne el PP, lo que hay que hacer es votar al PP". Sobre la victoria electoral de Juanma Moreno, Rueda ha dicho que "no va estar sujeto a pactos, renuncias, a cesiones" y tiene "capacidad para gestionar su programa", pero que al mismo tiempo eso es "una gran responsabilidad". Rueda también ha asegurado, al ser preguntado por si el "modelo" del Gobierno de Isabel Díaz Ayuso, con el apoyo de Vox en la Comunidad de Madrid queda "arrinconado", que "hay un modelo" que es "conseguir el apoyo mayoritario de la gente" y ha rechazado que haya "dos modelos PP", solo hay uno, ha dicho, "otra cosa es que se vaya adaptando a los territorios, pero no hay una forma de relacionarse con los partidos dentro del PP una zona de una manera y otro de otra". Además ha dicho que Vox "no tiene un solo concejal en Galicia" y que aspira a que "siga siendo así", porque quiere que el PP sea "capaz de transmitir a la gente que si les vota les podrá exigir cumplir con sus compromisos". Preguntado por la medida anunciada por el presidente del Gobierno, Pedro Sánchez, de rebajar del 10 % al 5% el IVA de la luz, Rueda ha dicho que "ahora se dan cuenta" de que el PP "tenía razón", y si bajan impuestos "es lo que tienen que hacer". 

Foto: El presidente de la Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. EFE/ Xoán Rey.

Os traballadores de Alu Ibérica avalían hoxe a última decisión xudicial sobre o plan de liquidación da administración concursal. Un plan que vén de aprobar a xuíza e que os empregados da fábrica, agora en ERE, non ven, polo menos inicialmente, con bos ollos, porque non implica ningunha obriga con respecto ó ámbito laboral.

Os traballadores de INOSA concéntranse esta mañá en Carballo por mor do despedimento de cinco compañeiros. Denuncian que a medida se tomou como represalia por non querer baixar o soldo.

Goretti Sanmartín volverá se-la candidata do BNG nas próximas eleccións municipais. Márcase como obxectivo a consecución da alcaldía.

A Federación de ANPAS de Santiago cualifica de "caos" a xestión dos campamentos de verán do concello. Entende que moitos nenos quedaron sen praza de xeito innecesario.

O goberno explica ós empresarios do transporte que traballa nun plan de mobilidade tra-lo corte da A-6, en solucións que melloren a curto prazo a situación creada co desvío do tráfico por Pedrafita .
Os transportists piden axilidade nas medidas: sinalan que outrs rutas non son asumibles polas empresas.
En Sanidade, seguen as críticas dos médicos e da oposición pola situación da atención primaria. E, sorpresa coa detención dun naarco que fixiu a súa morte pra evitar a súa condena polo alixo de drog atopado no no "titán terceiro".

O tempo
Van seguir as nubes e os chuvascos e iso que despois dunha primavera seca e cálida se anuncia un verán con idénticas características.
De momento hai que agardar. Esta semana vai continuar a inestabilidade, tamén en San Xoan.
 

Os trasportistas propoñen ó goberno poder circular en horas nocturnas pola Nacional Sexta ó seu paso por Pedrafitra pra poder levar as mercadorías especiais, que desde O derrubamento na A6 non teñen alternativa de circulación.

Tamén do transporte, xornada de folga en Monbús que, segundo as cifras do sindicato, está a ser un éxito de seguemento. Afecta as liñas de A Coruña, Betanzos e Ferrol. Denuncian as malas condicións laborais e o deterioro do servizo en toda Galicia tras as novas concesións.

Sanidade recoñece que os incentivos económicos para os médicos de atención primaria que amplíen a cota de pacientes non solucionan o problema pero indican que a solución ó déficit de facultativos non pasa pola Xunta senón polo goberno central. A oposición, en cambio, pide incrementar o orzamento sanitario en Galicia.

E aumentan a nove as persoas detidas na área de Vigo na operación contra as narcolanchas.