As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O calor vai ir a máis.
A Xunta decretou a alerta máxima en toda galicia pola vaga de calor e o risco alto de incendios. A axencia estatal de meteoroloxía activou o aviso vermello na conca do miño.
Hoxe vanse alcanzar os 42 graos de máxima, segundo a previsión. Pero mañá e pasado a situación aínda pode ser peor.
Unhas temperaturas que fixeron aumentar o número de consultas médicas por dehidratación, mareos e golpes de calor.
- Salvaterra-Monçao, Tui-Valença e Tomiño- Cerveira dispoñen de 46 bicis de balde
- Funcionan cunha 'app' e o único requisito é que non se poden intercambiar entre as eurocidades
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Os datos confirman un aumento dos delitos de agresión ou abusos sexuais en Galicia. As víctimas deste tipo de actos precisan atención e apoio inmediatos, sanitario, pero tamén psicolóxico ou xurídico, algo que tamén facilitará a investigación dos feitos. A federación estatal de asistencia a estas víctimas busca local en Ourense pra apertura da súa primeira sede en Galicia pra ofrecer este servizo. Mentres non ten data nin localización aínda pras unidades de atención 24h que lle esixe a Lei nacional de Liberdade Sexual que ven de ser aprobada no Congreso.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Este xoves Sanidade abre a autocita para aquelas persoas que teñen pendente a primeira dose da vacina contra o COVID ou que aínda non se puxeron ningunha dose. O aumento de casos nos primeiros días de xullo levou ás autoridades sanitarias a reactivar a campaña.
Mentres seguen as queixas pola falta de médicos en atención primaria...a última a dunha facultativa da área de Pontevedra que tivo que facer garda en tres Pac's en 24 horas.
E esta fin de semana escoitamos en Radio Nacional en Galicia ó ministro de Agricultura e Pesca. Luis Planas acusou a Comisión europea de dogmatismo.
E o domingo deixanos a morte dun home na Praia de Somorto, no concello coruñés de Muros. O bañista xa foi rescatado inconsciente da auga e pese ás manobras de reanimación, xa faleceu no propio areal.
O tempo. o calor non remite. Incluso nesta semana podermos alcanzar valores máis altos que esta fin de semana.
Entrevista co Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas.
Realizada por Xosé Manuel García.
Entrevista coa música e escritora Cristina Pato.
Realizada por Andrea Oca.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Galicia suma xa medio cento de mortes por COVID no que vai de mes, e os casos seguen aumentando. Ante esta situaicón, o estado da sanidade pública segue no foco. O PSOE denuncia agardas de ata unha semana pra ver a un médico de cabeceira. Denuncia que se perderon un milleiro de profesionais dende 2009, e pide ó presidente que considere un relevo na consellaría. O presidente da Xunta insiste en que a falta de sanitarios é un problema nacional.