As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Prepárense para outro día de calor. Non hai rexistros en Galicia de tantos días seguidos cunhas temperaturas tan altas e aínda queda polo menos un días máis... o sábado semella que a calor comezará a remitir, aínda que de xeito lento.
Unha situación meteorolóxica que ten consecuencias no abastecemento de augas...cada vez hai máis mananciais secos... e no risco de incendios... continúan tres activos no Ribeiro.
As temperaturas son moi altas nas horas centrais do día, pero tampouco baixan moito ás noites e as casas cada vez gardan máis calor... así faise complicado o descanso.
Pois vexamos que temperaturas hai agora, no momento do día no que deberían ser máis baixas.
Endesa solicitou o peche da central das Pontes en decembro de 2019, nun contexto europeo de descarbonización. Agora Europa teme un corte total de gas por parte de Rusia, e a seguridade do suministro eléctrico pode descansar en combustibles coma o carbón... A continuidade das Pontes volve a estar sobre a mesa. O ministerio de transición estuda os custos que tería que asumir pra forzala. Na zona miran os movementos entre a esperanza e a sensación de que só sería adiar o inevitable. A decisión está agora na man de Rede Eléctrica, que debe decidir se é necesario mantela activa.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Non hai outro motivo de conversación...e non é pra menos: a calor... con rexistros históricos...e o que aínda chama máis atención... a súa duración no tempo. Porque aínda nos quedan uns días máis con este valores tan altos.
E, nestas circunstancias, o risco de incendios é moi alto...
Estas primeiras horas do día son as mellores... pero co paso das xornadas cada vez acumúlase máis calor e xa non refresca tanto.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
A conca ourensá do Miño é hoxe a única zona de España en Alerta vermella por calor extremo, ainda que boa parte de Galicia agarda temperaturas moi elevadas. A esta hora xa se superan os 38 graos en Pontecaldelas ou Campolongo.
Temperaturas que supoñen un risco de saúde pra persoas vulnerables. Tamén pros que traballan nas rúas, pros que os sindicatos piden cambios de horarios e evita-las horas centrais do día. Outro risco son os incendios forestais, o que levou á Xunta a declarar o nivel máximo de risco de incendios en todo o territorio.
El calor extremo en toda España mantiene en alerta a 13 comunidades: Galicia llegará a los 42 grados
- Andalucía continúa con aviso naranja, en algunas zonas, por valores que subirán hasta los 41 grados