Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os ingresos hospitalarios de afectados con COVID non deixan de medrar desde que comezou este mes. Xa se aproximan ós 900, un número ó que non chegaramos en ningún momento este ano. Ademais en 7 días comunicáronse 42 falecementos.
Os familiares do Pitanxo sairon satisfeitos da reunión telemátia cos responsables de salvamento de Canadá. Din que a actitude das autoridades canadenses contrasta coa do goberno español.
Un venres no que coñecemos que os principais acusados do caso ORA, en Lugo, entreles, Fernández Liñares, chegan a un acordo coa fiscalía ás portas do xuizo oral.

O tempo. Agárdannos uns días de calor, sobre todo no sur e no interior.
 

Boa tarde, o mar empéñase en lembrarnos os seus riscos. Hoxe cobrouse a vida dunha muller, e deixou un home ferido, cando saían do porto de Malpica. O forte vento do nordés destas xornadas puido provoca-lo naufraxio, poucas horas tras doutro en Muxía, no que 8 persoas saíron, iso sí, ilesas.
As víctimas doutro naufraxio seguen a buscar respostas ás causas do sucedido Son as familias dos tripulantes do Villa de Pitanxo, que esta tarde se reúnen coas autoridades de salvamento canadenses. Quieren conocer detalles sobre o afundimento do barco en febreiro.

O ministro de Pesca coñeceu de primeira man as inquedanza do sector pesqueiro polos plans da Comision europea para prohibir a pesca de fondo nun cento de áreas mariñas. En Burela comprometeuse a pedir que se abandone este obxectivo ou, cando menos, que se flexibilice.
Hoxe tamén é noticia o Villa de Pitanxo: por un lado a fiscalía propón agora que a investigación xudicial se realice en Vigo; mentres, as familias vanse reunir coas autoridade máritimas de Canadá desde a embaixada en España.
E, a pandemia deixa cada día máis casos ata o punto de que Sanidade non descarta recuperar a máscara en interiores....

O tempo. Agora xa sí de verán e coa previsión da chegada de aire africano de cara a fin de semana.

Os sindicatos reclaman ante as sedes da patronal que se garante o poder adquisitivo dos salarios. Centos de traballadores mobilizaronse na Coruña e en Vigo pra denunciar que as empresas seguen subindo os prezos dos seus produtos pero non os soldos.

Avecíñanse folga na recollida de lixo en Vigo e Santiago. Os sindicatos esixen unha suba salarial igual ó IPC. En Vigo, a folga está convocada a partir do día 15; en Santiago, desde o 18.

A economía galega aínda está lonxe de recuperar os niveis prepandemia, segundo o informe do Foro Económico. O coordinador, Fernando González Laxe, pensa que sería positivo manter medidas como a tarxeta básica.

En Ourense, continúa a busca do mozo que desapareceu na presa de Velle.
Afundiu cando nadaba cun amigo. Hoxe rebaixouse o nivel do encoro pra favorecer este operativo de busca

- O tempo. só hai algunhas nubes no norte de Lugo... as temperaturas máis altas.

Os especialistas non se poñen dacordo sobre se estamos na oitava onda da pandemia, pero o certo é que nos últimos días o aumento de casos é moi significativo e iso que só se comunicana os que afectan ós maiores de 60 anos ou persoas vulnerables.
Aínda que os efectos dos contaxios son máis leves non é menos certo que en dúas semanas se duplicou o número de persoas hospitalizadas e xa estamos en niveis que non se rexistraban desde primeiros de 2021.
Na pesca, o sector detalla nun documento a súa oposición a que se prohiba a pesca de fondo nun cento de áreas de gran interés para a flota galega.

O tempo: Mantense a influencia do anticiclón e seguirá soprando o nordés