Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Levamos case un mes coa A-6 cortada e desvíos pola nacional sexta.
Catro semanas despois nada se sabe aínda dos prazos para recuperar o paso dos coches pola autovía ou das causas do deterioramento do viaducto.
Coñezamos a opinión do profesor Manuel Herrador, na Universidade da Coruña. Con el fala Xosé Manuel García

Se cumple un año del asesinato del joven Samuel Luiz, de 24 años en la noche del dos al tres de julio en la playa de Riazor, en A Coruña. Samuel recibió una brutal paliza. Hubo siete detenidos. El crimen desencadenó una ola de movilizaciones de organizaciones LGTBI que lo consideraron un delito de odio. El juicio decidirá si se trató de un asesinato homófobo.

FOTO: Protesta en A Coruña tras el asesinato de Samuel Luiz, en julio de 2021. M. Dylan / Europa Press

A sanidade volve a estar no centro da actualidade informativa.
Esta mañá inaugurouse unha nova UCI no hospital Clínico de Santiago onde o conselleiro de sanidade tivo que respostar pola recente dimisión do xefe de medicina interna deste hospital. Segundo os socialistas é un exemplo de crecente malestar dos traballadores sanitarios.

Este sábado quen fora presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, regresa a Galicia como líder do PP. Arestora participa con 4.000 militantes na tradicional Romaría do Pino.

E esta tarde hai convocada un concentración na Coruña para lembrar o asesinato de Samuel Luiz do que mañá se cumpre un ano

Esta tarde comezan para moitos as vacación de verán. Dende a DXT xa iniciaron unha operaciñón especial de tráfico. En Galicia agardase un récord de movementos nas estradas durante esta primeira fin de semana de xullo.

Moi boas tardes e hoxe día 1 de xullo temos que lamentar que Galicia rexistrou 103 falecementos por mor da covid. O dobre que hai un més. As autoridades sanitarias piden prudencia ante una nova suba dos casos activos.
 

Comeza a operación saída, con cifras record de movemento nas estradas... e con Galicia entre as comunidades que máis incrementos de tráfico van rexistar. Un reto pra estrada nacional VI á súa entrada a Galicia, onde se concentra todo o tráfico que debía transitar pola autovía A6. As ringleiras en horas puntas xa eran importantes, pero esta fin de semana agárdanse longas esperas, e moitos trastornos pra localidade.... aína que coma sempre nunca e malo para todos
 

Ás tres da tarde comeza a operación especial de tráfico con motivo do inicio das vacacións de xullo. Os que entren ou saia de Galicia en coche por Pedrafita vanse atopar co desvío pola nacional sexta. Onte anunciáronse obras para reducir á metade o tempo de paso por esta zona, pero non estarán alomenos ata dentro dun mes. Ademais non suporá a eliminación de todo o tráfico do pobo.
Sobre os bens de Meirás o lixitio dos Franco co estado quedou visto xa para o fallo xudicial.
E na Coruña temos que dar conta dun atropelo mortal. Unha muller de 54 anos faleceu tras ser alcanzada por un autobús urbano. Outro peón quedou ferido grave

O ministerio de transportes vén de rematar a xuntanza convocada en Pedrafita pra abordar a situación do viaduto do castro. Ali estivo o secretario xeral de infraestructuras quen anunciou unha importante reducción de tempo no desvío actual pola nacional sexta.
Xosé Flores, estivo acompañado polo presidente da xunta, Alfonso Rueda e pola conselleira de mobilidade Ethel vazquez, entre outras personalidades.

Desde hoxe deixa de funcionar a tarxeta básica da Xunta para atender ós máis vulnerables. Agora a Xunta avoga por novas medidas que teñan unha maior continuidade e insisten na necesidade da creación de emprego.

A dirección do hospital de Santiago reuniuse con 6 internistas para reorganizar o servizo. O xefe desta área presentou a súa renuncia ante a falta de resposta do SERGAS á sobrecarga de traballo.

O ministerio de Transportes presentará esta tarde os desvíos de tráfico previstos para que os coches da A-6 non teñan que pasar por Pedrafita. En Monforte, a ponte de Piñeira está cortada ó tráfico pesado. Moveuse un dos piares e perdeu o contacto coa plataforma.

Mañá ponse en marcha a operación saída de tráfico de xullo. En Galicia prevese unha cifra récord de movementos: un 24 por cento máis mentres que na media do estado non pasará do dous por cento.

O tempo. nubes polo norte, pero vai gañando influencia o anticiclón.