Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Mañá quedará aberto o desvío provisional para reduci-los tempos no paso por Pedrafita do tráfico afectado polo corte da A-6.

O tramo alternativo reduce o percorrido de once kilómetros e medio a catro e recortará o tempo entre 5 o 6 minutos.

O Complexo Hospitalario de Santiago adiou a operación dunha paciente de cancro de páncreas por falta de sangue.

A intervención foi suspendida cando a doente estaba xa sedada. Sindicatos e usuarios atribúen o sucedido á mala planificación.

Os médicos coordinadores de urxencia dos 12 hospitais galegos demanda solucións á sobrecarga asistencial.

Entre outras cousas, demanda que os Puntos de atención continuada estean plenamente opertivos. Sinalan que hai recursos suficientes para facelo.

CC.OO e UGT dan por asegurada a reapertura da Central térmica das Pontes.

Esta mañá os sindicatos reuníronse en Madrid co Ministerio de Transición Ecolóxica para coñecer o futuro da Central, penden dun informe de Red eléctrica para o regreso á actividade.

O tempo foi mudando, con temperturas en descenso e algunhs chuvias, pouco significativas.

Os incendios xa queimaron 16 mil hectáreas en Galicia desde o pasado venres... só o que comezou en Riodolas en Carballeda xa arrasou 6.500 hectáreas. O lume non atopa barreiras nin nos ríos nin nas estradas. Pasou ó Barco e agora a Rubiá e xa ameaza o parque natural da Serra da enciña da lastra.
O presidente do Goberno visita pola tarde a zona.
Non está mellor a situación no Courel....
Os incendios obrigaron a un milleiro de persoas a abandonar as súas vivendas.
As escasas chuvias previstas pra hoxe vanse quedar na metade Oeste, non van chegar a estas zonas tn afectadas polo lume.

En una semana se han quemado unas 25.000 hectáreas en España y en lo que llevamos de año son 70.000. Es casi el doble de la media de la última década. Mientras en Extremadura el fuego empieza a dar un respiro, solo en Galicia se mantienen más de 15 fuegos activos. Miles de vecinos miran cómo las llamas devoran su entorno o sus casas.

Foto: EFE/ Brais Lorenzo

Toda a atención nos incendios que manteñen en alerta a Folgoso do Courel e á Pobra do Brollón en Lugo. Os veciños dunha decena de aldeas foron desaloxados, algúns no concello de Triacastela onde agardan con preocupación poder regresar ás casas e pensan tamén no gando que quedou alí. Activo tamén o lume de Carballeda de Valdeorras, queimou 2.800 hectáreas e parece que se afasta do concello veciño do Barco despois de chegar alí a 15 vivendas.

De seguida a última hora dos lumes forestais que destrozan case 10 mil hectáreas na nosa comunidade e manteñen a 700 persoas relocalizadas por mor da proximidade das lapas ás vivendas. Antes, imos con outras noticias en titulares con Xosé Manuel García.

Os servizos de extinción continúan traballando nunha ducia de incendios en Galicia. Pero a situación vai mellorando pouco a pouco. A alerta 2 mantense por precaución en tres lumes de Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón. Ata alí desprazouse este mediodía o conselleiro de Medio Rural. José González asegurou que a maioría dos focos están xa perimetrados, paso previo á súa estabilización.

Das estradas, accidente mortal en Vigo. Un home faleceu esta mañá ó saír da vía cando circulaba pola avenida do Aeroporto.