Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Sanidade, Fondos europeos e infraestructuras. O presidente da Xunta vaille formular unha serie de demandas relacionadas con estes asuntos hoxe a Pedro Sánchez. Alfonso Rueda sinala que son reclamacións que comparte a oposición en Galicia.
Os incendios non dan descanso.... aínda que non quedaron extinguidos os grandes lumes que se declararon hai quince días e xa temos outro en Castrelo de Miño e Cartelle que leva queimadas un cento de hectáreas.
E, agora sí, o PP xa non se nega a negociar unha moción de censura en Ourense.

Achegouse unha fronte pouco activa durante a madrugada, pero se cae algunha chuvia será moi pouco significativa.

Una mujer ha sido liberada en O Porriño, Pontevedra, tras seis días en los que estuvo secuestrada y fue agredida sexualmente. Ella misma lanzó notas pidiendo ayuda a través de la ventana. Ahí informaba de su situación y proporcionaba datos sobre la localización de la vivienda y el nombre de su captor. Fueron encontradas por una vecina, que informó a las autoridades.

Efectivos de la Policía Local y la Guardia Civil se personaron en el domicilio, al que entraron derribando la puerta con un ariete. Dentro encontraron al hombre durmiendo y a la víctima, que se encontraba en estado de shock.

O consello da Xunta aprobou hoxe as medidas acordadas na mesa sectorial pra reforza-la atención primaria ante a falta de sanitarios.
Mentres, seguen buscando vías pra aumenta-los profesionais dispoñibles. O presiodente da Xunta non cre que as 89 prazas extraordinarias de MIR acordadas no consello de Ministro sean suficientes. Así llo transmitirá mañá ó presidente do goberno, ó que lle presentará un plan máis ambicioso que habilite ata un milleiro de novas prazas nos vindeiros anos.

Cada vez son máis os concellos galegos que restrinxen o uso da auga. No de Pontevedra está prohibido encher piscinas ou lavar coches. O resto de consistorios da ría publicaron tamén bandos con recomendacións para a veciñanza. En Ourense hai parroquias onde a auga da billa só corre a determinadas horas do día.
 

Os problemas de abastecemento de auga van a máis e o problema é que aínda estamos en xullo, aínda quedan dúas terceiras partes do verán por diante. Xa son varios os concellos que iniciaron restriccións.
A Xunta convocou ós concellos da conca do Lérez a unha reunión pola tarde para adoptar medidas que permitan reduci-lo gasto. Algúns dos municipios que capta auga do río, como Pontevedra, xa emitiron un bando no que limitan o uso da auga da traída.
E, onte declarouse un novo incendio... foi no Saviñao, pero quedou estabilizado ó poucas horas despois do inicio.
O tempo no cambia... segue dominando o anticiclón


Comeza a ser preocupante a falta de auga....e aínda non acabamos xullo. Xa son varios os concellos que teñen que recorrer a camions cisterna para manter os niveis dos depósitos de abastecemento... Agora mesmo, a zona que máis preocupa é a conca do Lérez. A Xunta convocou ós concellos a unha reunión mañá, pero o de Pontevedra xa se adiantou e anuncia que prohibe o consumo de auga para o que non sexa o gasto normal nunha vivenda.
Outros municipios da ría de Vigo xa cortaron a auga nas praias, en parte tamén polo mal uso que se gai dela.
 

Controlados ou estabilizados tódo-los incendios. A vintena de lumes que se iniciaron a mediados de mes deixan un panorama desolador nas comarcas do Courel, Valdeorras ou no concello de Vilariño de Conso. Só nestes días ardeu o triplo da superficie que Medio Rural fixaba como obxectivo para todo o ano. O satélite Copérnicus estima que arderon case 37 mil hectáreas.
Precisamente os incendios estiveron este 25 de xullo presentes na ofrenda e na manifestación do BNG.

Hai 50 anos morría no exilio no Brasil, Xosé Velo, coautor do secuestro do transatlántico "Santa María", para chamar a atención da opinión pública internacional.

Cadrando co 50 cabodano de Velo, publícase un libro cin escritos deste mestre de Celanova, que nunca abandonou a loita antifranquista.

Avanza o control dos incendios en Galicia. Agora só quedan activos os dous do Courel e o de Vilariño de Conso.

O de Valdeorras está estabilizado. O único que segue avanzando é o de Vilariño de Conso que xa queimou 6.500 hectáreas boa parte delas dentro do parque natural do invernadeiro.

Sorpresa no comité de empresa do hospital Povisa pola venda a un grupo sanitario francés.

No mesmo paquete, agora en mans da empresa valenciana Ribera Salud, figuran outros tres centros sanitarios galegos: Polusa e Santo Domingo en Lugo e a hospital Juan Cardona en Ferrol.

Este 25 de xullo, o Hostal dos Reis Católicos ten as portas pechadas.

O 100 por cento dos traballadores están a secundar a segunda xornada de folga. Denuncian que a dirección da empresa non ten vontade de negociar un convenio que sustitúa o que caducou hai 12 anos.

O cambio na dirección do PP en Ourense pode ter repercusións no pacto de goberno que sostén a Gonzalo Pérez Jácome na alcaldía.

Manuel Cabezas, o máis que probable candidato á alcaldía, estudará cos edis populares a posible saída do executivo local.

O tempo. Poucos cambios.. algunhas nubes no norte, no resto prácticamente despexado.