As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
El Ayuntamiento de Vigo ya ha iniciado este martes la instalación de sus luces de Navidad, que este año estarán encendidas una hora menos al día para reducir un 14% el consumo energético, tras el paquete de medidas para el ahorro de energía del Gobierno de España.
Así lo ha indicado el alcalde, Abel Caballero, en una entrevista en el canal 24 horas. "En lugar de tener las luces encendidas siete horas al día, las vamos a tener seis", ha explicado, asegurando que asumirán las medidas planteadas por el Ejecutivo, aunque hagan excepciones con el alumbrado navideño: "Vamos a ahorrar el doble de lo que pida".
En opinión de Caballero, esta decisión es un gran ejemplo de ahorro energético y de mantenimiento de una actividad económica "importantísima". "La Navidad es una actividad muy importante en esta ciudad. Con 30.000 € de consumo eléctrico genera cientos de millones de euros", ha defendido. Foto: EFE
Galicia leva a contraria á tendencia estatal nos datos de emprego do mes de xullo. Mentres o resto do estado destruiu emprego nestas datas, a nosa comunidade aumenta os empregados. Iso sí, é unha caída moi pequena pro que ven sendo habitual nun mes de xullo. A boa nova deixa a menor cifra de parados nun mes de agosto da serie, e menos temporalidade. Iso sí, hai moito contrato fixo discontinuo ou parcial, e boa parte se centra no sector servizos, é dicir, emprego estacional pola boa temporada turística.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Os socialistas galegos denuncian que a Xunta non executou os fondos extraordinarios recibidos durante a pandemia
Fondos que deberían ter servido pra mellora-la situación da sanidade, especialmente a atención primaria, da que o BNG asegura que está en desmantelamento
Mantense a situación 2 de alerta polo incendio do concello de Arbo
É unha medida preventiva pola proximidade dos focos ó núcleo das Searas, pero a situación mellorou nas últimas horas. O incendio calcinou unhas 400 Hectáreas.
O sindicato CUT impugnará a oferta de emprego público da Xunta pro ensino
Entende que trata de evitar con ela o cumprimento da lei de estabilización de persoal interino. E denuncia que se prepara un cese masivo de traballadores temporais
O prezo medio do litro de leite en Galicia alcanza os 43 céntimos.
Con todo os gandeiros indican que se trata dunha medida da industria ante a escaseza de produto e que as cantidades non compensan os elevados custos de produción.
Canto ó tempo, hoxe temos alerta por altas temperaturas na conca do Miño e nas rías baixas
Outra fin de semana coa ameza dos lumes na nosa xeografía que nos deixa este luns cos traballos de extinción sen descanso e con a alerta dous de emerxencia en Arbo e estabilizado na Cañiza. O lume de Arbo xa é o máis grande da provincia de Pontevedra no que levamos de verán. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, apunta que os incendios de Arbo e a Cañiza non comezaron por causas naturais.
E hoxe hoxe coñeceremos o teito de gasto que terá Galicia o vindeiro ano 2023. Será aprobado nun consello da xunta extraordinario. É un paso previo á elaboración dos orzamentos e será debatido e aprobado o vindeiro mércores no pleno do parlamento.
Todo isto nun día, primeiro de agosto que no meteoroloxico
mantén a influencia anticiclónica con sol e calor.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
El fuego sigue sin dar tregua en Galicia, concretamente, en Pontevedra donde a esta hora hay dos incendios activos. Uno de ellos se ha declarado este domingo en A Cañiza, Pontevedra, y temen que pueda llegar hasta un polígono industrial cercano. El segundo foco activo es el cercano a la localidad de Arbo, donde el ayuntamiento ha activado la alerta. Foto: imagen de archivo de bomberos forestales en Galicia. EFE/Brais Lorenzo.
Aleta laranxa por altas temperaturas en Pontevedra e Ourense. Termómetros que non favorecen aos incendios. En Galicia preocupan hoxe dous na Provincia de Pontevedra. O de Arbo que leva queimadas 300 hectáreas dende a madrugada do venres, e outro na Cañiza que obrigou a cortar a Autovía a 52 e a nacional 120.
Cortes das estradas, xusto nos días do ano con máis movementos. Contarémosllo no tempo da entrevista do Domingo, onde falaremos coa coordinadora da Dirección xeral de Tráfico en Galicia. Para que nos fagamos unha idea, Victoria Gómez Dobarro compara os números de antes da pandemia cos deste anos.
Gran parte de nuestro territorio está en peligro extremo de incendios forestales. Es la alerta para hoy, del sistema europeo satélites Copérnico. En Sevilleja de la Jara, Toledo, el incendio permanece activo y en nivel 2. Dos localidades han tenido que ser desalojadas por la cercanía del humo y las llamas.
Muy activo, también el incendio de Arbo en Pontevedra. Anoche se dió por estabilizado pero el viento lo ha reactivado y ya han ardido 50 hectáreas. Preocupa también el de Otero en León está en nivel 1. En Vara de Cáceres el fuego ha calcinado 250 hectareas.
FOTO: Vista de un helicóptero trabajando este sábado en la zona del incendio forestal que se originó este viernes en Sevilleja de la Jara (Toledo. EFE/Manu Reino
Abrimos o noso tempo de entrevista achegándonos á figura de Xosé Velo, 50 anos despois da súa morte.
O xornalista ASER ÁLVAREZ recompilou a historia deste firme galeguista, líder da histórica Operación Dulcinea e protagonista dun documental, un libro e dunha mostra que vén de inagurarse en Celanova. Unha entrevista de ANDREA OCA.
Os grandes incendios de Galicia van remitindo. Esta pasada noite a Consellería de Medio Rural deu por extinguido o incendio de Vilariño de Conso que afectou a preto de 7.000 hectáreas do Parque natural do Invernadoiro. E tamén por controlado o do Concello ourensán de Castrelo de Miño que arrasou 200 hectáreas.
No lado negativo novos lumes en Oímbra e, en Arbo, en Pontevedra, onde estan moi pendentes do lume e que obrigou a activar o nivel dous de emerxencia.
Todo no día no que xa se poden solicitar as axudas da xUNTA PARA OS AFECTADOS polos incendios.
Colea aínda a reunión do presidente da Xunta co presiodente do goberno central. Especialmente o único non claro co que veu de volta Alfonso Rueda. Él insiste en que é posible o traspaso das competencias do litoral sen reforma-lo estatuto de autonomía. O delegado do goberno sostén que é imprescindible, e que Galicia conta co apoio da oposición nesa reforma. Mentres, dende o sector, reclaman que se active esa transferencia pra darlles certezas e reduci-la inseguridade xurídica. E o BNG non entende a docilidade do presidente da Xunta tralo encontro con Pedro Sánchez
- Na primeira semana de agosto quedará definido o teito de gasto da comunidade para o vindeiro ano.
O luns será aprobado polo Consello da Xunta e o mércores no Parlamento, nun pleno extraordinario.
- O presidente de Abanca sinala que o imposto ós bancos que vai aprobar o gobeno terá un impacto negativo para a economía.
Juan Carlos Escotet, que dubida da súa constitucionalidade, considera que a medida suporá un importante freo ó crédito que é o sostén do tecido empresrial.
- Os palangreiros da Guarda piden amparo á Unión Europea.
Fanno despois de que activistas de Greenpeace retiraran 30 quilómetros de palangre e 286 anzós no Atlántico Norte pertencentes a un buque da Guarda e a outro de Burela.
- As toxinas volven pecha-lo marisqueo na ría de Pontevedra. Sucede por segunda vez en 15 días.
O sector sinala que lles está a supor importantes perdas. Só pouideron traballar 4 días no mellor mes para as vendas
Unha negativa rotunda, a transferencia das competencias de xestión do litoral, pero, en xeral, o presidente da Xunta mostrouse satisfeito cos resultados da conversa con Pedro Sánchez na Moncloa. Así é optimista respecto ó apoio ós principais proxectos galegos que aspiran ós fondos Next Generatión e obtivo o compromiso de axudar ós afectados polos incendios. Outras demandas galegas quedan en estudo.
Sobre os incendios, boas noticias extinguidos os dous máis grandes rexistrados en Galicia desde que hai rexistros: o do Courel é o de Valdeorras. O último o de Castrelo do Miño está estabilizado
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo