Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Noite movida en Maceda onde a Garda civil busca un home que disparou e feriu de gravidade a un veciño.
E hoxe son noticia Alcoa e Endesa... A primeira porque a dirección sinala que non vai ter todo listo para, como estaba previsto, reanudar a actividade en 2024. A central térmica das Pontes volve a producir con carbón.

Deportes. O Lugo caeu no desconto en Eibar e segue cos mesmos puntos que o Oviedo que está en descenso. No Celta, o portugués Carlos Carvalhal xa dirixiu o primeiro adestramento tras substituir a Educardo Coudet.

O tempo.
Tra-lo paso, moi preto de Galicia, dunha borrasca durante a mañá, iremos gañando influencia anticiclónica.
As temperaturas van, cada vez, axustándose máis ós valores do outtono.
Vexamos como empeza este xoves nas principais cidades

A central térmica das Pontes retomou dende hoxe a producción enerxética con carbón. Unha actividade que estará suxeita as necesidades do páis ante a crise, mentres continúan os plans de Endesa de desmantelar os grupos.

O comité de empresa de Alcoa esixe á empresa que cumpra coas inversións comprometidas pra reactivar a planta, logo de que a multinacional anunciase que non poderá mercar un dos fornos de cocción antes do 2024, pola inflación.

A única central térmica de carbón en activo de España volveu hoxe á actividade. Malia os plans de peche por parte de Endesa, a central das Pontes volve producir enerxía, mentres o desmantelamento dos grupos agardan a que a crise enerxética mundial lles permita a total desconexión. POlo de agora, volve a actividade cun alivio pras empresas auxiliares das Pontes, os transportistas, e tempo pra posta en marcha dos proxectos que han de compensa-la perda de emprego.

Distintas mobilizaicóns poden alterar hoxe o cumprimento dalgúns servizos: por exemplo o de axuda no fogar onde hai convocada folga... ou nos autobuses urbanos de Vigo, con paros parciais.
Os que si retoman a actividade son os brcos que se dedican a extracción da voandeira, boa parte deles do porto de Cambados.
E, xa non o intenten, no perda o tempo.... en pouco máis dunha hora xa se esgotaron os bonos cultura.
Deportes. O Lugo buscará un resultado positivo en Eibar que lle permitan alonxarse do descenso

Considera que os problemas fronteirizos están nun segundo plano: os gobernos de ámbolos países teñen máis interés en falar de cuestións europeas, como a enerxía.

Paros nos autobuses de Vigo. Os traballadores de Vitrasa retoman mañá as mobilizacións pra que a empresa, que quere baixarlles o salario, negocie un novo convenio.

Cabreo dos mariscadores que faenan a pé na ría de Noia. Van pasar a semana en branco. A confraría acordou que non se saia traballar nin mañá nin o xoves xa que a marea baixa e moi tarde e non se pode retrasar a poxa.

Despois de dúas semanas, os casos activos volven baixar dos dous mil.
En cambio, as hospitalizacións seguen aumentando....hai máis de 200 persoas ingresadas con COVID e sanidade comunicou outros tres falecementos.


O tempo. Hoxe con máis claros.

A Xunta descarta recuperar a tarxeta básica. ante as críticas da oposición,sinala que foi unha metida extrordinaria, durante a pandemia, e que agora hai outros mecanismos de axuda.
As nove desta mañá retomaranse en Pontevedra os lavores de busca do padexeiro desaparecido no Lérez o pasado Venres.
E, hoxe actívase o plan de vialidade invernal tanto nas estradas que dependen da Xunta como as que son competencia do Goberno central.
O tempo. Este martes, festivo, Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con escaso risco de chuvias

A Conselléria de políticas sociais é a segunda que contará con un maior orzamento de cara o vindeiro ano. Un 16 por cento máis ca no ano pasado. Unha decisión ante a cal a Xunta decidiu suprimir a Tarxeta Básica pras familias vulnerables.

Tamén medra considerablemente o investimento da Conselléira do Mar, que contará con máis de 200 millóns pro 2023. Cartos cons que a consellería adiantou que lanzarán axudas pro Sector do mar.

O orzamento que a Xunta destinará o vindeiro ano a políticas sociais é o que máis se icnrementa. Porén, non servirá pra recupera-la tarxeta básica, que permitía ás familias vulnerables ter uns fondos cos que mercar alimentos ou productos de hixiene. A consellaria insiste, fronte ás demandas do sector e a oposición, en que esa ferramenta non é axeitada, e aposta por reforza-la renda de inserción, cunha suba do 8%.