Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os familires dos mariñeiros que morreron no Villa de Pitanxo intervirán pola tarde na eurocámara.Na Comisión de Peticións pedirán que se inste ao goberno español a baixar ao pecio para esclarece-las causas do afundimento.

O presidente do Clúster das TIC de Galicia pide unidade en torno á candidatura da Coruña para acoller a sede da Axencia Española de Intelixencia Artificial. Antonio Rodríguez del Corral entende que unha vez que a Xunta e as universidades fixeron a súa escolla, agora o que toca é remar todos na mesma dirección.

Rematada a temporada alta de risco de incendios os bombeiros forestais saen á rúa. Reclaman traballos estables durante todo o ano que permitan ter un corpo de bombeiros forestais formado, e realizar tarefas de prevención e ordenación.

Prisión comunicada e sen fianza para o home dedido por matar a unha veciña en Vigo. Está investigado por un presunto delito de asasinato. Entrou na casa da muller e deulle varias coiteladas que lle provocaron a morte.

O tempo. Nova tarde de chuvia e vento. As que non cambias son as temperaturas.

Hoxe reanúdase o xuizo polo accidente do Alvia... farao coa declaración de varios axentes da policía que interviron tra-lo descarrilamento.
En Vigo, hoxe pasará a disposición xudicial o home que matou unha veciña, aínda se investiga o móvil da acción.
E escoitaremos as reaccións a elección da Coruña como a cidade que Galicia vai presentar como candidata a albergar a sede da Axencia de intelixencia artificial.
As estradas deixannos unha nova víctima mortal. Un home de 29 anos faleceu nun accidente no concello coruñés da Baña.
Deportes. O celta rescata un punto nos últimos minutos contra o Xetafe e mantense un punto por riba dos que marcan o descenso


Preocupación no sector da pesca. A frota sostén que pescan un 50 por cento menos dende que se aprobou o veto a pesca en case un cento de areas protexidas. E así llo transladaron hoxe ó ministerio de pesca nunha para avaliar o impacto da prohibición

A Coruña será a cidade que apoie a Xunta para acoller a Axencia Estatal de Intelixencia Artificial. Así se decidiu trala reunión de hoxe do Nodo galego con representantes autonómicos e das tres universidades galegas.

A Coruña é a cidade que vai promover a Xunta como sede da Axencia española de Intelixencia Artificia. Competía con Santiago e Ourense. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, adianta que a marxe desde dictame seguirán adiante coa súa proposta.

O concello de Vigo decretou un día de loito en memoria da muller de 56 anos presuntamente asasinada por un veciño do seu edificio. Os feitos tiveron lugar este domingo na rúa Zamora. O home que está detido e está previsto que mañá pase a disposición xudicial.

Este mércores comezan as comparecencias no Parlamento para detallar, polas distintas áreas, os orzamentos de Galicia par 2023. A oposición confirmou que vai presertar unha enmenda á totalidade... o BNG demanda unha política fiscal distinta.


Desde hoxe poderán atopar máis controis de Tráfico en estradas con obras en marcha. Forma parte dunha campaña nacional da DXT pra reduci-los accidentes e, especialmente, os atropelos a operarios.

- O tempo. hoxe con menos vento e chuvia. As temperaturas non varía... seguen altas para esta época do ano.

Homicidio en Vigo. Un home entregouse á policía despois de matar a unha veciña ó darlle varias coiteladas.
Queixas dos veciños de Carral... aseguran que ninguén se puxo en contacto con eles desde que se detectaran dous casos de gripe aviar nunha granxa de visóns e denuncian que as molestias son constantes.
En Sevilla, no municipio de Camas, os veciños despediron ó piloto Santiago Durán que faleceu nuna accidente coa avioneta contra incendios cando se desprazaba de Lugo a Córdoba.
Deportes. o Lugo sae dos postos de descenso tras gañar ó Burgos; o Celta recibe hoxe o Xetafe nun partido importante porque alonxarse dos postos baixos. En baloncesto, o Obradoiro caeu na prórroga