Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O proxecto de orzamentos de Galicia inician hoxe o su trámite parlamentario. O presidente da Xunta, ante as críticas da oposición, púxoos como exemplo, do interés por resolver a crise na atención primaria.
Co inicio do día reanudarase a busca dunha avioneta contraincendios á que onte se lle perdeu a pista cando se dirixía desde a base de Sober a Córdoba.

Deportes. Terceira derrota consecutiva do Celta..caeu en Valladolid por 4-1.
O tempo.
Agárdanos outra xornada con chuvias puntualmente moi intensas e acompañadas de aparato eléctrico. Refachos de vento localmente superiores aos 70-80 km/h. O aviso amarelo abarca toda Galicia
 

A situación da sanidade pública volveu centrar hoxe a sesión de control no Parlamento. O presidente da Xunta anunciou que a partida destinada á atención primaria incrementarase en máis dun 10 por cento o ano que vén. Mentres a oposición pide máis orzamentos pra mellora-la politica sanitaria.

A xunta decreta a eliminación de máis de 50.000 visóns dunha granxa da Coruña tralo positivo en gripe aviar en dous dos mamíferos

A sanidade volveu centra-la sesión de control ó goberno na que o presidente da Xunta reivindicou os avances e investimentos na atención primaria, con 137 millóns de euros máis, ou a saúde mental, coa contratación de 61 especialistas. Socialistas e nacionalistas criticaron a falta de aposta real do goberno galego nestes eidos, nos que os problemas seguen xurdindo. En Monforte, por exemplo, un centro de saúde que atende a 18 mil habitantes ten só dous médicos de dez na quenda de mañá

- Novas complicacións para a fabrica de Stellantis en Vigo.

Agora o bloqueo en moitos portos europeos impide a saída de coches que se amorean no porto e no Porriño. A capacidade de almacenamento está case ó límite.


- "Sen luz non hai pan"

Moitos panadeiros galegos súmanse a mobilización convocada pola patronl do sector para o día 28. Unha acción para amosar as dificultades que teñen ante a escalada dos prezos.

- A fotógrafa Inma Purriños retratou unha doente de cancro de mama durante as diferentes fases da enfermidade.

Unha colección que mostra a pegada que deixa no corpo das mulleres. Pode verse co gallo do Día mundial da loita contra o cancro no hospital de Lugo.

- Agora é a gripe aviar a que pon en cuestión a vibilidade das granxas de visóns.

Detectouse un gromo nunha nave de Carral. As asociacións animalistas reclaman o peche destes centros

Galicia terá o vindeiro ano un orzmento récord. Segundo destaca a Xunta, serán os de maior gasto social, o 70 por cento do total.
Mañá inician o seu trámite parlamentario aínda que é probable que hoxe na sesión de control xa sexan obxecto de debate porque a oposición cre que non servirán para, por exemplo, solucionar os problemas na sanidade.
E a gripe aviar da o salto a unha granxa de visóns...van ter que ser sacrificados tódo-los animais dunha nave de carral

Deportes: O Celta disputa hoxe en Valladolid a décima xornada de Liga.
Unha octoxenaria foi atopada morta a pasada martes tras declararse un incendio na cociña da súa vivenda. Ocorriu no concello de Santa Comba.

O tempo: Vimos dunha noite de chuvia e vento, sobre todo na provincia de Pontevedra e sur e oeste da coruña... a fronte vai ir estendéndose á provincia de Ourense.
Vexamos cal é agora a situación nas principais cidades e se houbo algunha incidencia durante a noite.

Os orzamentos de 2023 alcanzarán en Galicia unha cifra récord. 12.600 millóns de euros que supoñen un crecemento do 8,5 por cento. Preto de 9.400 millóns corresponden a gasto social. Unha cifra que a oposición ve insuficiente para o que Galicia necesita en materia de sanidade, educación ou servizos públicos.

As contas galegas do vindeiro ano inician hoxe a súa andadura cara a aprobación. O xoves chegarán ó parlamento, con cifras récord. Haberá mil millóns de euros máis, que segundo o presidente da Xunta aumentarán o gasto social, e o investimento. E que teñen entre as súas prioridades a loita contra a inflación, segundo Alfonso Rueda.

Nove millóns de euros para a estación intermodal da Coruña; aprobación antes de que acabe o ano da ampliación de Alfonso Molina e no comezo de 2023 licitación do proxecto da cuarta rolda. Son os principais compromisos da ministra de Transportes coa alcaldesa Inés Rey, que aproveitou para criticar o reparto que realizou a Xunta dos fondos europeos.

Propietarios de pisos turísticos de Compostela entregan nuns minutos máis de 5 mil sinaturas pra legalizar as vivendas.

O tribunal de xustiza paraliza cautelarmente o parque eólico de Greenalia en Coristanco e Carballo.

Retómase a busca dunha veciña de Santiago con alzheimer que desapareceu no barrio de Conxo.

A Coruña será a sede do WOMEX 2023, evento de referencia internacional no panorama musical.

A pouco máis de dous meses para que remate o ano o sector pesqueiro recibe a notician duha importante apliación da cota de pescada que se caputra en augas ibéricas. Estiveron estirando as pouco máis de 4 mil toneladas que podían pescar e agora atópanse con case outro tanto.
A Xunta aproba hoxe o proxecto de orzamentos xa co presidente Alfonso Rueda de volta de sudamérica. A rede galega contra a pobreza pide que recupere a tarxeta básica que consideran foi clave pra o lixeirodescenso dos niveis de pobreza en Galicia.

O tempo. Conforme avance o día irase achegando unha nova fronte asociada á borrasca localizada preto dos Azores.
Traerá chuvias intensas e vento.
 

Unha boa nova pro sector pesqueiro galego. Este luns Bruselas decretou o aumento da cota de pescada pro que queda de ano. Os pesqueiros poderán recollerm ata o 31 de decembro, o dobre de pescada do que tiñan permitido até o de agora. Un aumento que permitirá pasar das 4900 toneladas existentes ata as 9.200. A medida permitirá revertir os recortes que sufriu o sector nos últimos oitos anos.