Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

"Para poder recuperar a produción de aluminio primaria nas mellores condicións hai que modernizar as instalacións". Esta é a resposta do comité de empresa de Alcoa na Mariña á proposta da dirección para retomar a actividade na fábrica de Alúmina. Un plan que inclúe un atraso de máis de ano e medio na recuperación do pleno rendemento.

Os traballadores din que, máis aló de prazos, non conseguirán avanzar sen ter antes investimentos nas infraestruturas e sen garantir que non haberá impacto polo alto prezo do gas.
 

Protgonismo para o sector eólico. O goberno logrou que o Congreso convalidase o decreto anticrisis que exime da avaliación ambiental ós proxectos que non est´n en zonas protexidas. Mentres a Xunta no límite do prazo autorizou 77 parques que en dous anos teñen que estar instlados para non perder o dereito de conexión.
No xuizo do Alvia... loita para evitar responsabilidades entre Renfe e Adif... E hoxe concretarase en Pontevedra a devolución a Polonia de dous cadros expoliados polos nazis

Os grandes parques eólicos e fotovoltáicos poderanse instalar en Galicia, sen necesidade de pasar por avaliacións ambientáis. O goberno español ven de aprobar esta medida no Congreso ante as críticas de ecoloxistas que advirten do risco pro monte.

O sergas comezará en xuño a vacinar ós maiores de 65 anos contra o virus do Herpes Zóster. É unha das varias medidas que adiantou no Parlamento o conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña.
 

No xuizo do Alvia hoxe compareceron dous expertos europeos que fixeron un informe para a aseguradora de Renfe. Aseguraron que non se avaliaron ben os riscos na curva da Grandeira e que sucedera o accidente era cuestión de tempo.

Descarrila outro tren na vella línea entre Santiago e Ourense. Hoxe foi un convoi que transporta lixo de Sogama. O maquinista resultou ferido leve. A vía permanece pechada.

A economía galega relentízase. O Foro económico de Galicia conclúe que se deten o proceso de converxencia coa media do Estado.

O Museo de Pontevedra devolve mañá a Polonia dous cadros espoliados polos nazis. Son dúas táboas flamencas do século XVI que adquirira en propiedade nos anos noventa.

O tempo. poucas variacións o vento do nordés aumenta a sensación de frío.

Entre Foz e Burela rematou a evacuación da aug que provocou unha fochanca e un corte da nacional 642... que agora funciona cun so carril. De momento, non hai data para a reapertura totala da estrada.
En Santiago, reanúdase o xuizo de Alvia e hoxe escoitaremos ó conselleiro de Sanidade que comparece no Parlamento pra dar conta dos programas de prevención, pero que terá que escoitar as críticas da oposición pola situación da atención primaria

Os conches volveron a circular este lúns pola nacional 642, tralos estragos que obligaron a cortala esta fin de semana polo temporal. Polo de agora fano por un só carril. Mentres os veciños piden mellorar as infraestruturas da Mariña.

Encerro de 24 horas dos celadores da área sanitaria de Pontevedra- O Salnés en demanda de melloras laborais e salariais. Iniciárono ás oito nas dependencias do auditorio do Hospital Montecelo.