O Grove estuda restrinxir a presenza de autocaravanas que lle están a ocasionar un serio problema de xestión.O concello sinala que non ten espazo físico para todas nin medios pro tratamento das augas fecais ou o lixo que xeneran.
ADEGA denuncia grandes plantacións ilegais de eucalipto no Xistral. Calcula que abarcan dúascentas hectáreas e piden as administracións que obriguen a restaura-lo terreo.
Preto de mil traballadores incorpóranse hoxe ó dispostivo contra incendios. Son operarios fixos discontinuos, que traballan para a Xunta seis meses ó ano. Eles reclaman un vínculo laboral permanente, e non só de maio a outubro.
A empresa do Porriño Maderas Iglesias, con 170 traballadores, podería entrar en liquidación nos vindeiros días. O comité de empresa culpa ás 5 entidades bancarias ás que a firma lles debe 4 millóns de euros.
O tempo. Máis inestabilidade con risco de treboadas, iso sí con temperaturas altas e sensación de bochorno
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
A cordialidade nas formas non evitou que Alfonso Rueda e Gómez Besteiro puxeran en evidencia as profundas diferencias entre o Goberno e a Xunta. Foron todo discrepancias... non estiveron dacordo nin a forma de comparecer ante os medios.
Mañá, unha nova oportunidade pra alcanzar un acordo entre sindicatos e patronal do transporte de viaxeiros por estrada ue permita a desconvocatoria da folga prevista a partir do luns.
Deportes. O Celta xoga hoxe un novo partido de Liga en Xetafe. Unha oportunidade pra certificar a permanencia
Encontro institucional esta tarde en Santiago entre os representantes da Administración Autonómica e da Central. Alfonso Rueda e Xosé Ramón Gómez Besteiro celebraron a que foi a primeira reunión institucional despois de que se producira o relevo na delegación do goberno. A lei do Litoral dentrou boa parte dun encontro polo demáis cordial.
E tamén esta tarde estamos moi pendente do novo encontro entre a patronal do transporte de viaxeiros por estrada e os sindicatos dos condutores. Se non se producen avances -ainda non rematou- hai convocada nova xornada de folga o proximo luns.
Reunión esta tarde pra tratar de evitar unha folga indefinida no transporte de viaxeiros por estrada. Un novo encontro coa mediación do consello galego de relacións laborais que trata de fixar uns mínimos comúns pros catro convenios provinciais, ata o de agora con grandes diferencias en temas coma xornada, categorías ou salarios. As posicións están especialmente distanciadas neste último capítulo.
Outra folga planea sobre o servizo da limpeza de Santiago, neste caso por incumprimentos en cuestións coma a organización do servizo, a conciliación ou a eliminación da bolsa de traballo. Coincidirá coas festas da ascensión.
Centos de persoas sairon as ruas da Coruña e doutras cidades polos dereitos dos traballadores neste primeiro de maio. Dia do traballador. E hoxe, non menos reivindicativos porque en Santiago, os traballadores da recollida de lixo irán finalmente á folga pra denunciar irregularidades no seu convenio colectivo-
Os bateeiros concentraronse este luns na Pobra do caramiñal pra pedirlle á xunta que abra as zonas, agora pechadas por ser satuarios para o percebe, pra extracción da mexilla.
O stock da cigala caeu en máis dun 90% nas últimas décadas. A Costa da Coruña é a que peor situación rexistra, xa que desapareceu prácticamente de tódolos seus caladoiros habituais. A razón, a concentración do esforzo pesqueiro.
Persoal investigador da Universidade de Santiago denuncia retraso na convocatoria de axudas económicas pra investigación. Levan catro meses de espera e sen previsións de cando poderán optar as axudas que convoca a Xunta. Algo que causa unha situación de incertidume e que provoca que moitos posibles investigadores desistan do se propósito.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Os salarios e o bloqueo da negociación colectiva centraron as mobilizacións do primeiro de maio, tamén en Galicia. Os sindicatos avisan de que se aveciña un aumento da conflictividade.
Este luns tamén se mobilizaron os mexilloeiros: din que periga a próxima campaña se a consellería do mar mantén os actuais límites a recollida de mexilla.
E, en Vigo continúa aberta a investigación pola sabotaxe a dous autobuses de Vitrasa
Primeiro de maio, día do traballo, no que os principais sindicatos elexiron VIgo pra celebrar os seus actos centrais. Fano por separado, como ven sendo habitual, pero cunha preocupación en común: as alzas de prezos. A CIG reclama emprego, salarios e pensións dignas e rexeita a reforma laboral e das pensións, que considera que agreden á clase traballadora. Comisións e UGT poñen o foco na necesidade de loitar contra a inflación subindo salarios... Uns e outros reuniron a milleiros de persoas nestas mobilizacións, incluidos os principais lideres dos partidos de esquerda.
Este primeiro de maio, festivo en toda España, comeza con incidentes en Vigo.
Susto esta pasada noite ó estourar un autobús de Vitrasa.
De seguida imos cos detalles nun día marcado polas manifestacións do Traballo, que volverán ter epicentro na cidade olívica e que os principais sindicatos volverán celebrar por separado.
O tempo. Parece que entrou con forza o anticiclón.
Comezamos en clave politica porque a 28 días pra votación das eleccións municipais, Os líderes dos tres principais partidos percorren a xeografía galega presentando ás súas candidaturas.
tAMÉN falaremos da escaseza de man de obra no sector do metal e da case nula representación das mulleres en órganos de dirección no sector da pesca .
E no tempo da entrevista, o noco compañeiro Victor Alvariño achegaranos a realidade politica da Coruña en vésperas das eleccións municipais do día 28 de maio
Este domingo facemos o penúltimo achegamento ás principais cidades da comunidade para coñecer a súa realidade en vésperas das eleccións municipais do día 28 de maio. Hoxe imos á Coruña nun traballo do noso compañeiro Víctor Alvariño