Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O presidente da deputación de Ourense, Manuel Baltar, rachou hoxe o silencio que gardara onte no pleno extraordinario da institución non que se preguntaba sobre o incidente no que foi localizado circulando nun coche oficial a 215 kilómetros por hora. Baltar di que onte non dixo nada porque non eran preguntas directas a él como presidente e atribúe todo o interese á proximidade da campaña electoral.

E nos deportes hoxe día de loito polo pasamento do adestrador Arsenio Iglesias aos 92 anos.

O conflito entre patronal e sindicatos do transporte de viaxeiros por estrada en Galicia están lonxe de solucionarse. Mantense a convocatoria de folga indEfinida a partir do luns aínda que na Xunta confían en que haxa solucións. Coa suba salarial como principal punto de conflito, os sindicatos están en desacordos cos aumentos propostos pra 2021 e 2022... Os traballadores tamén pedían cambios nas condicións de contratación dos acompañantes do transporte escolar. Así, a partir do luns haberá folga indefinida e os representantes dos traballadores xa pensan en impugnar os servizos mínimos.

Suspendida en Manila a vista programada pras 7 desta mañá, hora española, na que declararían no xulgado Filipino os tres policías acusados de asasinar ao Coruñes Diego Bello 2020.

A Policía Local da Coruña poderá empregar xa drons pra vixiancia de grandes eventos, logo de que o último pleno ordinario do Concello aprobase o regulamento pro uso de aeronaves non tripuladas.

A provincia contará con 37 praias con bandeira azul neste ano. Súma tan só un areal máis a lista do pasado ano; a praia da Caranza en Ferrol.

Mantense, a partir do luns, a folga indefinida no transporte de viaxeiros por estrada. O principal obstáculo na negociación entre sindicatos e patronal está na suba salarial: os empresarios vincúlana a actualización de prezos por parte da Administración. Aínda hai marxe pra alcanzar un acordo pero, de momento, non hai convocada ningunha reunión.
Manuel Baltar non interviu no pleno no que a oposición lle volveu pedir a dimisión. a moción foi rexeitada. O vindiero martes terá que declarar como investigado por un presunto delito contra a seguridade vial.

O tempo.
Mantense a inestabilidade, pero soben lixeiramente as temperaturas máximas.
 

O incidente de tráfico do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, segue a estar no primeiro plano da actualidade política. Hoxe o suceso debateuse no pleno extraordinario da deputación no que o PP se deu por satisfeito e a oposición preguntase non só polo exceso de velocidade deste caso, 215 kilómetros/hora, senón por outras 10 infraccións da mesma natureza do coche oficial de Baltar.

E dos datos do paro de Galicia que hoxe coñecimos dicir que é a cifra máis baixa de toda a serie histórica para un mes de abril.

O PSdeG pide a convocatoria da comisión bilateral de competencias entre o goberno nacional e o galego. Valentín González Formoso ofrécese como interlocutor entre Rueda e o executivo de Sánchez.

Pra o BNG o proxecto de Lei do litoral da Xunta é un artificio que só busca a confrontación. Ana Pontón ten a impresión que o texto legal só busca a consolidación de ENCE na na ría de Pontevedra

Baixou o paro en abril e xa hai menos de 140 mil desempregados. Pero Galicia foi a terceira comunidade cun peor comportamento do emprego a pesar do impacto da Semana Santa.

Traballadores de correos propoñen prestar servizos financieiros, seguros ou de telecomunicacións. Sería un xeito de atallar a perda de servizos que sofre particularmente o medio rural.


O tempo. mantese a inestabilidade e as treboadas, con temperaturas máis baixas.

A cinco días da súa comparecencia xudicial por un presunto delicto contra a seguridade vial, Manuel Baltar terá que dar, de novo, explicacións no pleno da Deputación provincial. Ás 10 comeza un pleno extraordinario.
Non se agarda que cambie o discurso do pasado venres: entón pediu disculpas persoxa dixo que non pensa dimitir.

Deportes: O Celta cae en Xetafe cun penalti no primeiro minuto do partido.

O tempo: Mantense a inestabilidade e van continuar os chuvascos que serán máis xeralizados pola tarde. Descenso significativo das temperaturas que volven a valores máis normais.
 


Estamos a pouco máis dunha semana de que comece a campaña para as eleccións municipais. Os partidos presentan a diario aos seus candidatos nos diferentes concellos. O PP exhibe músculo e será o único que vaia ter candidato en tódolos de Galicia, 313. Á esquerda do PSOE ábrese un amplo abano de opcións...

Tamén na política, o presidente da Xunta refereiuse hoxe ao encontro que mantivo onte co Delegado do Goberno. Rueda acusou a Besteiro de falta de concrecións nos temas que abordaron.