- Así lo ha asegurado en su intervención ante miles de asistentes a una romería popular organizada en O Pino, A Coruña
- "Es la prueba del feminismo de cartón del PSOE, de Podemos 1 y de Podemos 2", ha dicho el popular
Multitudinaria concentración en Compostela este mediodía convocada pola plataforma de afectados polos vertidos da mina de San finx situada en Lousame. Ante a previsión de que o baleirado de augas contaminadas comece xa este verán... ecoloxistas, veciños e demais afectados votaronse a rúa este sábado pra pedirlle ó goberno que de marcha atrás e que se protexa á ría de Noia e ós traballadores que viven dela.
Todo nun dia no que o lider dos populares, Alberto Nuñez Feijoo, visita Galicia, tan só un día despois de que o fixera o presidente do goberno, Pedro sánchez
E no tempo da entrevista, a nosa compañeira Alejandra López, levaranos a unha viaxe pola infancia de Picasso na cidade da Coruña por mor do aniversario da sua morte xa que este mes de abril cumpríronse 50 anos do falecemento do artista
Reportaxe sobre os primeiros anos de Picasso na Coruña e a influencia desta cidade na súa vida e obra, co gallo da celebración Picasso 1973-2023 no cincuenta aniversario do falecemento do artista.
Unha reportaxe de Alejandra López Prieto e Xaquín Martínez Maceiras.
A un mes das eleccións municipais, Pedro Sánchez visita Galicia. Esta tarde está na Coruña, pra apoiar á candidata socialista, a alcaldesa Inés Rey.
Mentres, en Ourense, o presidente da Deputación asegura que non dimitirá, malia ao xuízo rápido ó que terá que enfrontarse nos próximos días por exceso de velocidade.
Por outra banda, prisión pra catro dos detidos na operación CARPLAYA contra o narcotráfico.
E da Economía, Hiperxel, que entra en concurso voluntario de acredores
Os pescadores quéixanse de que este ano a lamprea escasea no río. É sinal de identidade de Arbo, onde a súa festa foi declarada de interese turístico internacional
O PP rexeitou hoxe na deputación de Ourense unha moción pro debate urxente no pleno sobre a acusación ó seu presidente por un delito contra a seguridade vial. Manuel Baltar non quixo pronunciarse sobre a polémica, mentres a oposición sacaba á luz que este non foi un despiste illado, porque o vehículo oficial do presidente suma varias sancións por exceso de velocidade. Piden explicacións, e o BNG levará ó parlamento galego a reprobación do presidente da deputación ourensá, metnres o presidente da Xunta e dos populares sinala que non lle abrirán expediente, como prevén os seus estatutos cando un cargo comete un delito doloso
- En Galicia, o sector do metal pechou 2022 cun incremento do 15 por cento da facturación.
O presidente, Enrique Mallon, di que aínda puido ser mellor se non fose pola falta de traballadores cualificados.
- Dez detidos e a incautación de 220 quilos de cocaína.
E ó resume da operación contra o narcotráfico desta semana en Pontevedra. Boa parte da droga estaba nun zulo nunha finca agrícola.
- Cada vez falta menos para que falemos en galego coas máquinas.
Seguen os avances do Proxecto Nós que ten como obxectivo consolidar e asegurar a presenza do idioma galego no ámbito da Intelixencia Artificial.
- Kepa Junkera regresa este fin de semana a Fisterra, escenario do seu último concerto.
Asiste á presentación en Fisterra de "Renacer". Un libro-documental no que participan máis de 40 artistas e que percorrerá toda a súa traxectoria musical
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Tempo de lamprea no Miño
- Os pescadores quéixanse de que este ano o vertebrado máis antigo do planeta escasea no río
- É un sinal de identidade de Arbo, onde a súa festa foi declarada de interese turístico internacional
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
A casa Cornide, situada na zona vella da cidade da Coruña, deberá abrir as suas portas catro dias o mes tras ser declarada, este xoves no consello da Xunta, Ben de Interese Cultural. O inmoble pasou a mans privadas dos Franco hai sesenta anos tras ser adquirida nunha subasta moi cuestionada polos historiadores.
Antes de que remate este ano, a Xunta agarda ter xa as competencias sobre o litoral. O anteproxecto de lei inicia agora o seu trámite parlamentario. Os socialistas adiantan que a van apoiar.
O paro subiu no primeiro trimestre, pero menos que do que o fixo en anos anteriores.
E, un roubo chamativo, o dos catro motores da narcolancha que fora abandonada en Muxía en marzo.
O tempo. Perdemos a influencia do anticiclón e prevense chuvias na provincia da Coruña
Aprobado no Consello da Xunta o proxecto da lei do litoral. Agora deberá ser tramitado no parlamento. Dende a Xunta cren que podería estar en vigor este mesmo ano.
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, pide ó goberno galego que non non busque a confrontación co goberno do Estado e que aborde as competencias sobre o litoral como un asunto de país con altura de miras. Ademais, cualificou como unha barbaridade que o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, circulara cun coche oficial a 215 quilómetros por hora na autovía A-52.
Uns feitos sobre os que tamén se pronunciaron o resto dos principais partidos. Todo nunha xornada na que o paro subiu en Galicia un 2'8 por cento no primeiro trimestre do ano
A taxa de paro galega queda algo por baixo do 11 por cento segundo os datos da enquisa de poboación activa do primeiro trimestre. Iso malia que nestes primeiros meses do ano se produciu un aumento do 2,8%. Un dato menor que o do conxunto do estado pra un periodo no que o habitual é que medren os parados. COmisións e UGT insisten en que os datos amosan as bondades da reforma laboral, pola vía da redución da temporalidade, pero a CIG segue vendo sinais de que a precariedade segue aí, baixo novas formas
- O consello da Xunta aprobou hoxe o anteproxecto de lei de ordenación do litoral.
Segundo o xefe do executivo autonómico, a norma, á que se opón o Goberno Central, pretende reforzar a seguridade xurídica na costa.
- Os socialistas anuncia o seu apoio se no trámite parlamentario se corrixen algunhas eivas.
O secretario xeral, Valentín González Formoso, pídelle a Xunta que non use este tema pra confrontr co goberno central.
- Adolfo Domínguez sae dos números vermellos
Despois de reducir en 51 as tendas da cadea, consegue pechar en positivo o exercizo fiscal, cun beneficio case simbólico, de 200 mil euros.
- Preocupación entre as familias de Salceda de Caselas ante a falta de pediatras.
Cunha poboación de 1.500 nenos só hai unha facultativa que está de baixa e a substituta foi contratada pra media xornada