Estamos no mes das letras galegas e sucédense os actos de recoñecemento para Francisco Fernández del Riego. Hoxe profundamos na súa figura coa axuda de Malores Villanueva, unha das súas biógrafas e secretaria de Fundación Penzol. Con ela falou Cruz Mato
Os traballadores da educación Concertada manifestáronse hoxe en Santiago a favor deste servizo... Critican a Consellería de educación por acabar -din- con estes centros.
Recriminan que a Xunta prefira pechalos en lugar de promocionar medidas ante a falta de matriculacións polo efecto da baixada da natalidade. Algo que advirten irá en aumento os vindeiros anos.
Antes de desenvolver éstes e máis asuntos coñecemos a previsión do tempo para as próximas horas.
Continúan publicándose audios comprometedores contra o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. Desta vez as últimas grabacións publicadas polo diario La Región apuntarían a un presunto cobro de comisións ós seus asesores e manexo de diñeiro negro. Unha situación que os seus ex-compañeiros de Democracia Ourensana levarán de novo á UDEF para reabrir as causas que presentaran no 2020 contra o rexedor por este mesmo motivo.
E respecto ó caso Baltar, o PSdG estuda persoarse como acusación popular no proceso penal contra o presidente da Deputación de Ourense.
Seguen en Ourense os movementos xudicials entorno ó rexedor da cidade e o presidente da deputación. Os ex compañeiros de partido de Jácome acudirán á UDEF pra tratar de cosneguir que se reabra a ivnestigación dunha denuncia que foi sobreseída, na que eles xa poñían de manifesto cobros en B ós membros de Dwemocracia oUrensána
E os socialistas pedirán persoarse no proceso penal contra Manuel Baltar, á vista de que a deputación lles nega a información requerida sober as sancións de tráfico.
Esta madrugada foi o pistoletazo de saida da campaña electoral. Na provincia da Coruña agardanse o longo do dia numerosos actos onde comparecerán os aspirantes a gobernar os diferentes concellos. Quedan por diante pouco máis de duas semanas ata o día decisivo- o 28M.
- . Manifestación dos traballadores de Navantia Ferrol. Xunto a eles marcharán tamén os empregados das empresas LIDL e GT-Motive.
- . Este xoves manifestaronse os empregados de Alu ibérica contra a decisión do FOGASA que accedeu a pagarlles as indemnizacións polos despedimentos.
- . A Asociación de Pacientes do CHUS oponse o novo programa do servizo galego de saúde, o coñecido como XIDE

As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O xuizo ó presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, queda para despois das eleccións. O caso pasa a un xulgado do penal de Zamora. Baltar, que onte se deu un abrazo con Alfonso Rueda nun acto político en Pereiro de Aguiar,
rexeita o procedemento incoado e da por resolto o caso co pago da correspondente multa. Nese acto electoral anunciou que o PP tamén presentou denuncia polas presuntas irregularidde cometidas polo alcalde Pérez Jácome co que agora rexeita calquera pacto.
Dous casos que marcan o comezo da campaña electoral
Programa Especial Apertura Campaña Eleccións Municipais Mayo 2023 Galicia