Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

En Galicia, as primeiras enquisas non permiten per grandes cambios no goberno das cidadaes. Só o PP recuperaría Lugo e tería posibiliddes de facelo en Lugo. O resto, a pesar da caída do PSOE e das Mareas, seguiría en mans da esquerda, porque o compensa a suba do BNG. Queda a incórgnita de Ourense, DO tería a chabe salvo que acordarsen PP e PSOE.

Transcorre sen incidencias reseñables a xornada de eleccións en Galicia. Só algúns retrasos na constitución das mesas, polas ausencias dalgúns dos membros convocados, que puideron ser resoltas con suplentes, voluntarios, ou incluso co primeiro votante, nunha mesa de Ourense. Tamén nesta cidade as forzas de seguridade tiveron que intervir pra evitar actividades non permitidas en varios colexios electorais.

Os partidos e candidatos foron pasando polos seus colexios cun chamado unánime a participar, a manifestar nas urnas as nosas predileccións. Alfonso Rueda e Valentín González Formoso enfrontan esta convocatoria como primeira reválida do seu liderado á fronte de populares e socialistas. Ana Pontón aspira a continua-la alza de apoios que rexistrou nas autonómicas...

Hai uns minutos quedaron abertas os 2.360 colexios electorais abertos en Galicia para que 2 millóns 225 mil electores poida votar para decidir quen van ser os seus dirixentes locais para os vindieros catro anos.
Por diante once horas pra emitir o voto e logo o reconto, nunha xornada con boa temperatura, pero con risco de chuvascos de tronada.
O domingo de resaca en Ferrol despois de que este domingo o Racing conseguira o ascenso á segunda división. Hoxe o Celta buscará en Cádiz tres puntos que certifiquen a súa continuidade en primeira.
 

Últimos preparativos pro 28M. Preto de catro mil mesas electorais repartidas por toda Galicia pra darnos a oportunidade de elixir ós gobernantes locais. 2 millóns 225 mil galegos poderemos votar nestas eleccións locais. Seremos 22.600 menos que nos comicios de 2019.

E mentres todo se pon a punto nos colexios electorais, os candidatos pasan esta xornada de reflexión descansando e desconectando... na medida do posible... porque nun día coma hoxe seguen sucedéndose as informacións en torno á Deputación de Ourense.

Últimas horas de campaña electoral. Os cidadáns decidiremos o domingo a composición das corporacións dos 313 concellos galegos e indirectmente a formación das catro deputacións provinciais.

O Partido Popular, na primeira reválida electoral de Alfonso Rueda, busca recuperar poder nas cidades, agora gobernadas pola esquerda, aínda que presentou esta campaña máis como unha primeira volta dunhas elecccións xerais.

Tamén ten o seu primeiro exame o líder socialista... Pero Valentín González Formoso, que aspira á reelección como alcalde nas Pontes, delegou parte do peso da campaña en José Ramón Gómez Besteiro, no que semella como un ensaio para as vindeiras eleccións autonómicas.

Ata as oito, informativo especial no que acudimos a algúns dos últimos actos políticos.

Últimas horas de campaña... Os candidatos e dirixentes políticos aproveitarán ata pouco antes da medianoite para pedir o voto.
Multiplícanse nas cidades pero, prácticamente, hai actos en tódo-los concellos galegos e en pouco máis de 20 horas ábrense os colexios electorais. Será o turno entón para os cidadáns, que decidiremos a composición das corporcións locais dos 313 concellos galegos e indirectmente a formación das catro deputacións provinciais.