Entrevista con Carlos Villar, avogado da ONG Ecos do Sur e portavoz da rede galega de trata, realizada por Xosé Manuel García.
pendentes do mozo de 27 años ingresado no CHUS en estado grave tras recibir alomenos dúas puñaladas na localidade coruñesa de Ribeira a pasada madrugada. Polo de agora non hai ningún detido en relación con estes feitos.
Por outra banda, hoxe houbo dúas manifestacións: en Lugo, centos de persoas concentráronse en protesta pola proliferación de parques eólicos en Galicia, mentres que na Coruña as traballadoras de Vegalsa-Eroski saíron da praza do Obelisco pra esixir que a empresa volva ó convenio provincial.
Entrevista co director do museo Centro Galego de Arte Contemporáneo, realizada por Andrea Oca.
Centos de persoas concentráronse este mediodía na Guarda pra esixir que se paralicen os proxectos de eólica mariña previstos tanto nesa localidade como nas de Oia, O Rosal e Baiona.
Todo isto nunha xornada na que os bateeiros concentráronse en Santiago pra volver instar á xunta a que elimine a normativa que mantén vedadas á cría de mexillón as zonas consideradas santuarios do percebe.
Aprobada polo Consello da Xunta a lei de igualdade. O seu obxectivo é impulsar o benestar laboral das mulleres e evitar calquera tipo de discriminación.
O diario La Región poderá seguir a difundir grabacións de conversas do alcalde de Ourense con terceiras persoas. A maxistrada considera que non está probado que as conversas foran grabadas de forma ilícita.
E os bateeiros retoman as súas concentracións. Esta mañá concentraranse en Santiago pra instar á Xunta a que elimine a normativa que mantén vedadas á cría de mexillón zonas consideradas santuarios de percebe.
"Sustentabilidade social empresarial"... unha liña máis na que traballar pra avanzar cara a igualdade entre homes e mulleres... e o primeiro lugar onde se regula é aquí, en Galicia. É un dos puntos que recolle a nova lei de igualdade aprobada hoxe no parlamento.
Día, no que a familia de Débora Fernández -a xove viguesa de 22 anos asasinada hai dúas décadas- recibiu boas novas FUNDAMENTAIS pra investigación e día tamén no que o alcalde de ourense, Gonzálo Pérez Jácome, encaixa un revés xudicial.
A xuiza de Tui que investiga a morte de Déborah Fernández de chamar a declarar ó forense Aitor Curiel. Foi o que elaborou o informe pericial no que sinala que a morte da moza foi provocada.
Estabilizado o incendio que se declarou onte á tarde con tres focos distintos. O lume queimou unhas 100 hectáreas e aínda que se achegou a algunhas casas non houbo que facer ningún desaloxo.
As catro da tarde, comeza a veda do polvo. Estará en vigor ata o día 3 de xullo. Na campaña que remata subiron as capturas pero baixaron algo os prezos.
Avogados de oficio das catro provincias galegas concentráronse este mediodía fronte ó Parlamento. Cifran en menos do 10 por cento a retribución que reciben en comparación ós compañeiros que exercen de forma privada.
O tempo continúa seco e hoxe con algunhas nubes máis ó norte onde as temperaturas son lgo máis baixas por influencia do vento.