Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Continúan saíndo a luz máis audios do alcalde de Ourense, Gonzalo Perez Jacome, sobre presuntas contratacións ilegais para o concello. Os populares aseguran que a situación é de emerxencia. Por iso, Piden a dimisión urxente do rexedor e o cesamento de todo o seu persoal eventual.
 

O Partido popular de Ourense pide a inmediata dimisión do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e a paralización urxente de tódolos procesos de contratacion no consistorio. Taménm a suspensión de tódolos traballadores eventuais. Considera que poedrían ser cómplices do saqueo das arcas municipais a traves de comisións, tralas filtracións ó Diario La Región.

Mentres desde o BNG acusan ós populares de ser coñecedores das presuntas irregularidades na xestión de Jacome dende hai anos, e mantelo aínda así ó fronte do concello.

Os traballadores da recollida do lixo de ames reunirarnse hoxe coa concesionaria do servizo, URBASER, pra firmar un convenio que poña fin a folga.

Os empregados piden unha suba de soldo do 12% en dous anos. A empresa só ofrecía unha paga non consolidable de cincocentos euros.

Na coruña os traballadores de Nostían tratarán de acordar coa empresa melloras das condicións. A alcaldesa Inés Rey agarda que teña un desenlace positivo.

As traballadoras de Axuda no fogar de Santiago mantiveron a primeira xornada de folga intermitente cunha manifestación polo centro da cidade.

A Policía continúa coa busca da arma de fogo empregada na agresión de Ribeira a un mozo de 27 anos. Mentres o SUP pide máis axentes pras comisarías provinciáis.

A unha semana do xuizo por un presunto delito contra a seguridade vial coñecemos que outro radar captou o coche de Manuel Baltar a 173 quilómetros por hora en Allariz.... E polo tempo que tardou entre os dous puntos dedúcese que a velocidade media foi superior á máxima permitida. Así que a oposición sinala que nada de despiste como di o presidente do PP ourensán e pídelle de novo a dimisión.
Baltar volverá a coincidir hoxe en dous actos de campaña co presidente do PP galego, Alfonso Rueda, en Xinzo e Toén.

Deportes. O Celta buscará hoxe ante o Girona tres puntos que certifiquen a súa permanencia en primeira división

O tempo. Sen cambios, con risco de treboadas á tarde no interior.

Conmoción este luns en Galicia polo sucesos que ocorreron esta pasada fin de semana. A policia segue a investigar o asasinato dunha muller de 33 anos en Marin ocorrido esta madrugada . O presunto agresor atópase detido na Comisaría de Pontevedra. e tamen pendentes de que pasen a disposición xudicial os tres homes detidos polo intento de homicidio dun mozo en Ribeira. A hipótese que se baralla nos dous casos é por un asunto de drogas.

Un home foi detido esta mañá comp presunto autor da coitelada mortal a unha muller de 33 anos nunha parroquia entre Marín e Pontevedra. Vítima e agresor coñecíanse pero non eran parella.

E nas vindeiras horas pasarán a dispor xudicial os tres detidos en Tui como presuntos autores do disparo e as catro coiteladas recibidas por un cidadán marroquí de 27 anos. Aínda sumamos outra coitelada, esta mañá na Coruña. Os sindicatos policiais reclaman medios pra reforza-la seguridade e a prevención ante o aumento deste tipo de delitos na comunidade.


A policía tardou poucas horas en dar cos supostos autores da agresión a un mozo na madrugada do domingo en Ribeira. Tres persoas foron arrestadas en Tui. Investígase e o caso ten que ver co tráfico de drogas.
Precisamente hoxe está previsto o inicio en Pontevedra dun xuizo por narcotráfico. Entre os acusados figura Carlos Silla. Haberá que ver se a folga dos funcionarios de xustiza obriga a suspensión a vista oral ou a fixada en Vigo contra dous exalcaldes de Nigrán.

Deportes. O Celta queda con só catro puntos de marxe co descenso: mañá ten unha nova oportunidade pra certificar a permanencia.

O tempo. Hoxe soben algo as temperaturas, pero pola tarde vai aumentar a nubosidade, sobre todo no norte.
 

A policía tardou poucas horas en dar cos supostos autores da agresión a un mozo na madrugada do domingo en Ribeira. Tres persoas foron arrestadas en Tui. Investígase e o caso ten que ver co tráfico de drogas.
Precisamente hoxe está previsto o inicio en Pontevedra dun xuizo por narcotráfico. Entre os acusados figura Carlos Silla. Haberá que ver se a folga dos funcionarios de xustiza obriga a suspensión a vista oral ou a fixada en Vigo contra dous exalcaldes de Nigrán.

Deportes. O Celta queda con só catro puntos de marxe co descenso: mañá ten unha nova oportunidade pra certificar a permanencia.

O tempo. Hoxe soben algo as temperaturas, pero pola tarde vai aumentar a nubosidade, sobre todo no norte.