Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

- .A ministra de transportes falou este xoves en Ferrol do transporte ferroviario. Neste eido, suliñou que as obras das comunicacións do porto exterior da cidade rematarán no vindeiro ano para estar en funcionamento no 2025.

-. Pendentes do estado da saúde dun menor de idade tras ser apuñalado nunha perna durante a celebración das festas da Ascensión, en santiago

- .- .A cidade da Coruña será o epicentro pra celebración da vixésimo terceira edición do encontro nacional de familias con sindrome de Down.

Meses agardando ese momento e horas despois que o Ártabro, -o barco que inspeccionará o Vila de Pitanxo afundido en Terranova- zarpase, as vítimas piden que volte polas circunstancias nas que empredeu a viaxe. Deseguida lles explicamos qué ocorre.

E cruce de acusacións entre a Plataforma Galega en defensa da Sanidade pública e o Conselleiro Julio García Comesaña. A plataforma leva o pulso, e anuncia unha batería de accións.

- .Os problemas pra atopar vivenda nas cidades de Santiago e A coruña, continuan. Así o ratifica a asociación galega de inmobiliarias que incide en que non se está a cubrir toda a demanda que existe pra alugar pisos.

-. Sete concellos da provincia dependerán do futuro xulgado específico de Santiago pra asuntos de violencia de xénero. Algo que non convence ós letrados do partido xudicial nin ó colexio provincial de avogados.

- .O colectivo LGTBI + da Coruña mobilizouse este mércores pra pedir máis políticas que velen pola súa seguridad

Saiu pra Terranova o barcoque vai buscar os restos do Pitanxo... e faino por orden da comisión de investigación de accidentes marítimos, pero non coa autorización da Audiencia Nacional e con só un dos dous peritos xudiciais previstos a bordo.
Hoxe gardamos coñecer a opinión da ministra de Transportes, Raquel Sánchez., que estará en Gaicia.
18 de maio, día da ascensión, festivo en Santiago, por onde se van pasar o longo xornada os principais líderes politicos

Xa está camiño de Terranova o buque Ártabro. A súa misión é botar luz sobre o naufraxio do Villa de Pitanxo, pero as familias temen que non conte con tódalas garantías legais. A saída produciuse por orde do Ministerio de Transportes, pero a Audiencia Nacional insiste en que é o xulgado que instrúe a causa por 21 homicidios por imprudencia o que debería coordinar a operación.

Unha noticia que marca tamén este 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Centos de persoas que asistiron ás concentracions convocadas por Queremos Galego. Mobilizacións para denunciar o retroceso da lingua entre os máis novos.

A expedición pra buscar os restos do Pitanxo está en condicións de partir pra Terranova esta mesma tarde. A Comisión de Investigación de Accidentes Marítimos xa remitiu un oficio neste sentido á Audiencia Nacional

Os avogados en contra de que o xulgado de violenci de xénero de Santiago se ocupe tamén de Ribeira. Advirte da perda de dereitos das mulleres vítimas de maltrato e que o xulgado de Compostela acabará saturado ó ter que atender á poboación de sete concellos.

Dúas adegas galegas reciben este mércores un recoñecemento a nivel nacional. "Viña Costeira" e "Condes de Albarei" reciben o galardón polo seu labor en materia de innovación e inclusión.

Temos tempo seco e soleado.... temperaturas altas na metade sur; no norte, condicionadas polo vento do nordés.

- . Protesta dos traballadores e traballadoras do centro loxísitico de correos en Lavacolla. De 60 empregados, 1 de cada 3, ten unha xornada de cinco horas.

- . Os veciños do Ensanche apoian a petición do BNG pra que a parcela do antigo colexio Peleteiro pase a ter titularidade municipal.

- . Mentres o sector téxtil decae na comunidade co peche de pequenas tendas de roupa, na Coruña a Federación Unión comercial certifica unha tendencia á alza.

17 de maio... día das letras galegas... con dous puntos de atención destacados: Lourenzá coa homenaxe a Francisco Fernández de Riego e Santiago, coa manifestación central en defensa do idioma. Asuntos que van estar presentes na campaña electoral.
E coñecemos que un xulgado de Noia abriu dilixencias penais contra a empresa que explota a mina de San Finx, estima que a actuación que desenvolve pode conlevar riscos medioambientais.

Deportes. O Deportivo asina de novo a Rubén de la Barrera para este último tramo da liga

O xulgado de Noia admite a denuncia das cofrarías de pescadores que din que a empresa da mina de San Finx está a verter metais pesados ao río. Arrinca así un proceso pola vía do penal.

Precisamente de falla de avances ou canda menos, de falla de información no plan do eixo Atlántico, queixan as comunidades de Galicia, Asturias e Castela-León, motivo polo que hoxe mantiveron unha xuntanza a tres bandas.