Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A comisión que investiga os accidentes marítimos rectifica e conduce o buque encargado de buscar os restos do Pitanxo, primeiro a Sana Xoan de Terranova par recoller outros dous peritos: un designado polo xulgado que dirixe a investigación e outro que representa ás familias que agora sí se mostran satisfeitas

Deportes. A falta de dúas xornadas para que remate a Liga, o Celta queda a dous puntos do descenso. En baloncesto triunfo do Breogán que o achega a Europa.
 

O xuiz que leva o caso do naufraxio do villa de pitanxo confirma que o barco que inspecionará o pecio afundido e que partiu de Vigo o 17 de maio hacia canadá, recollerá mañá xoves a dous peritos máis, un xudicial e o outro da parte das familias. Ponse así fin a controversia sobre a legalidade da sua partida.

O Ártabro, o barco que viaxa cara a augas de Terranova para face-la inspección do pecio do Villa de Pitanxo diríxese ó porto canadense de Saint John's. Vai recoller a outro perito xudicial. As fontes consultadas din que se trata dunha orde do xulgado que leva a investigación do naufraxio.

En venta a empresa ZF, auxiliar da automoción, con dúas factorías en Vigo e unha no Porriño. En total, a compañía ten 550 traballadores. CC.OO agarda que a operación non afecte ó emprego.

En Vigo, a policía detivo dúas persoas como presuntas autoras da queima de dous autobuses urbanos en Vigo. Son un home e unha muller, ela empregada de Vitrasa. O incidente relacionouse coa folga que realizan os traballadores da concesionaria do transporte.

Protesta dos traballadores da CRTVG ante o Parlamento para denunciar manipulación política. O director da Corporación, Sánchez Izquierdo, volveu defender e advertíu aos traballadores que non van cambiar de rumbo.

O tempo. De novo pola tarde aparecerán nubes de evolución. As temperaturas máis altas.

Novo capítulo nas presuntas irregularidades cometidas polo alcalde de Ourense. Agora trascendeu que Jácome adxudicou a derruba das instalacións do antigo matadoiro á oferta máis cara e gabouse de ter conseguido unha comision de 100 mil euros. O PP di agora que a situación é de emerxencia e pide un pleno extraordinario.

Deportes. O Celta suma un punto ante o Girona que non certifica a súa permanencia. O Obradoiro despide con triunfo a tempada no Sar.
O tempo. hoxe con temperaturas máximas algo máis altas no interior. Continúa o risco de treboadas, sobre todo na provincia de Ourense.