Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Paro no estaleiro Metalships polo despedimento de sete operarios. Comisións Obreiras acusa á dirección de represión sindical, de desmantelamento da factoría e adianta a posible convocatoria dunha folga indefinida.

A liña de Alta Velocidade entre Ourense e Santiago permanecerá pechada unha semana. Faise para que os maquinistas reciban a correspondente formación tra-la instalación do sistema de freado autommático ERTMS. O traxecto realizase en autobús.

Cada ano vendima empeza antes. Dúas adegas de Valdeorras xa iniciaron a recollida da uva godello. Os adegueiros prevén unha gran campaña na que se podería acadar cifras rércord de producción.

Os mariscadores de Carril defende o premio que lle deron á empresa que xestiona a mina de Touro. Ante as críticas dos ecoloxistas, aclaran que Cobre San Rafael financia un estudo sobre o estado da ría.

E, os dous tripulantes dunha embarcación de pesca foron localizados en bo estado. Estaban sendo buscado ó non regresar a porto.

Os traballadores da central térmica das Pontes piden que se concreten os novos proxectos de Endesa na zona tralo anuncio, esta fin de semana, do peche definitivo da fábrica

O próximo curso escolar pecharán tres colexios en Laxe, Padrón e Vimianzo. A consellería de Educación xustifica a medida porque todos tiñan menos de cinco alumnos matriculados.

O concello de Santa Comba presenta unha queixa formal ó conselleiro de sanidade por non cubrir a ausencia por vacacións dun pediatra, no centro de saúde da localidade.

Preocupación entre os bateeiros da ría de Arousa pola elevada mortandade do mexillón nas bateas. Algúns perderon ata 40 por cento da produción.
 


Nas Pontes, a fin de semana veu maraca pola autorización do Goberno ó peche definitivo da central térmica. Non por agardada deixou de causar preocupación... sobre todo porque os proxectos alternativos aínda non están en marcha.
E, este luns o Rei comeza as consultas cos grupos parlamentarios pra propoñer candidato á investidura como presidente do Goberno... Na ronda non estará o BNG que rexeita a invitación ó igual que outras tres formacións con representación no Congreso.

O tempo. Nova suba de temperaturas. Arestora aínda hai algúns bancos de neboa pero o ceo vai quedar despexado.
 

Mantemento do emprego, recolocacións e desprazamentos mínimos. É o que están a esixir os traballadores da central térmica das Pontes dende que se anunciou o peche definitivo das instalacións. Os transportistas reuniranse o martes pra decidir posibles mobilizacións.

Mentres, os gandeiros volven lanzar a voz de alarma pola nova caída dos prezos do leite. E en Ourense, preocupados pola falta de xornaleiros para a vendima.

Nos Deportes, ademais das competicións locais, Galicia tamén está moi pendente nestes momentos da selección española de fútbol feminino, con gran ambiente nas prazas de vilas e concellos onde se instalaron pantallas xigantes pra seguir a final do mundial.

Agora si. A central térmica das Pontes xa ten prazo pro seu peche definitivo. De aquí a doce meses, como máximo, deixará de funcionar por completo. A autorización publicábase esta mañá no BOE e os traballadores xa demandan a convocatoria urxente da Mesa para unha Transición Enerxética Xusta.

Polo demais, atentos ós lumes, con 150 hectáreas arrasadas nos concellos de Palas e Castro de Rei. Os dous estabilizados.

E unha vítima mortal nas estradas. Un home de 33 anos en Manzaneda.
 

Os contaxios con covid estabilizanse en Galicia, despois da repunta de finais de xullo.

O SERGAS insiste en que agora os síntomas son leves e adianta que a campaña de vacinación do outono volverá facerse coa da gripe.

Preocupación entre os bateeiros da ría de Arousa pola elevada mortandade do mexillón nas bateas.

Algúns perderon ata o 40 por cento da produción. Cren que a principal causa pode ser o aumento da temperatura da auga.

Gandeiros do interior da provincia de Ourense alertan dos numerosos ataques producidos por lobos nas últimas semanas.

Indican que no que vai de ano xa se superaron o número de partes emitidos en todo o 2022.

A Garda Civil difunde os retratos robot dos supostos autores dunha agresión sexual no Porriño.

Pide a colaboración cidadá. Quen poida aportar algún dato debe comunica-lo no teléfono : 600 461 444.

No tempo, xornada moi diferente a dos últimos días, aproxímase unha nova fronte..

En Pontevedra, hoxe só están abertos dous dos catro parques comarcais de bombeiros.

Os traballadores lamentan que a Xunta e as Deputacións priorizansen as vacacións á busca dunha solución para o conflcito que dura xa máis de dous meses.

Concentración esta tarde en Monforte en repulsa pola presunta agresión sexual a dúas mozas durante as festas

Hai dous rapaces investigados: un deles está en liberdade con medidas cautelares, outro nun centro de menores

Caída demográfica en Galicia cun 1'5 por cento de nacementos menos que na primeira metade de 2022

Os expertos cren que hai que mellorar a conciliación e, ó tempo, dar novos servizos pra coidar ós maiores

Día da Galiza Mártir: Poio acolle arestora un acto en homenaxe ós represaliados do Franquismo

Alí foi asasinado un día coma hoxe do 36 Alexandre Bóveda, impulsor do Partido Galeguista. Pola tarde os actos trasládanse ó cemiterio de San Amaro, en Pontevedra


No tempo... por diante unha tarde con máis nubes cara ó leste nun día de transición porque mañá volve a choiva.