Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Decretada a posta en libertade, dun dos detidos en Monforte de Lemos, acusado de violación a duas mozas durante as festas patronais . O outro acusado ingresou nun centro de menores. o Concello de Monforte anunciou que se persoará como acusación particular no caso.

De seguido ampliamos esta información, agora, outros titulares da xornada con Paula Filgueiras

O Parque de bombeiros de Ordes reabre hoxe tras estar pechado por cuarta vez ante a falta de efectivos, provocada pola folga indefinida dos parques comarcais, activa dende o pasado mes de xuño

A asociación de veciños de Coeo e Recimil segue reclamando unha solución ao paso a nivel no que morreron dous traballadores de Adif, de 19 e 21 anos, tras seren embestidos por un tren o pasado 19 de Xuño.


O verme militar estase convertindo no principal problema pros agricultores de Santa Comba e Mazaricos debido ós agresivos ataques que están producindo nas plantacións do millo.

As miradas están postas hoxe no Congreso. Ábrese unha nova lexislatura con todo por decidir...o que pase hoxe pode dar unha idea sobre a formación do novo goberno. Esto en Madrid... En Galicia, estamos pendente da dobre violación en Monforte... un dos dous presuntos autores da agresión sexual quedou en liberdade, con medidas cautelares, o outro, como é menor, ingresou nun centro de reinserción.
Hoxe haberá unha concentración de repulsa.

39 persoas representarán a Galicia na décimo quinta lexislatura que comezará mañá no Congreso e Senado, e xa coñecemos cales son as prioridades dos respectivos grupos, as que levarán á axenda parlamentaria para defender os intereses dos galegos. O PP centrarase na captación de fondos; PSOE e Sumar queren frear o despoboamento e o BNG pide máis autogoberno.

Os nacionalistas anunciaron por certo esta mañá o seu apoio á proposta socialista para que a balear Francina Armengol sexa a próxima presidenta do Congreso.

-En Santiago. Os veciños do entorno do Antigo Club Financieiro Atlántico protestan polos problemas que xeran os okupas e anuncian movilizacións.

-O Concello de Bergondo queda en pleno mes de agosto sen Policía Local, as oficinas están pechadas e ningún dos axentes atópase operativo.

-Os apicultores ourensás prevén unha campaña díficil, marcada polo aumento da avispa asiática e pola ameaza que supón para as abellas comúns.
 

Alta ocupación estes días nos establecementos turísticos, iso supón máis beneficios pero tamén problemas en moitos concellos...porque os servizos non están preparados para cando se multiplica por catro a poboación. É o caso de Barreiro onde a alcaldesa lle pide á Xunta que cumpra os seus compromisos co municipio, por exemplo pra ampliar a rede de abastecemento de auga. En Cangas as protestas son veciñais polo descontrol nos aparcamentos.
Un verán no que temos quedar conta doutra morte nunha praia..Un cidadán portugués faleceu este martes nunha praia de Baiona. Foi rescatado da auga sen coñecemento e xa non puido ser reanimado. O suceso produciuse na praia Ladeir. A víctima tiña 78 anos e era veciño de Monçao.

O tempo. Continuamos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. As temperaturas algo máis altas, sobre todo no norte.

O turismo, que sempre se viu como un fenómeno positivo, está a crear problemas que algúns concellos non están preparados pra afrontar. Galicia está de moda... como exemplo, quen busque un billete pra ir as Cíes ou baixar a praia das catedrais, xa non o vai atopar. A ocupación hoteleira e moi alta, aínda que o gasto por turista non é tanto... Pero hai concellos que non calcularon ben o crecemento: é o caso de Barreiros.... o crecemento urbanístico non levou aparellados os servizos correspondentes, por exemplo o da auga. A alcaldesa pide á Xunta que cumpra os seus compromisos pra renovación das infraestructuras de abastecemento.

A AP-9 sería de balde desde o vindeiro xoves se no ano 2000 un goberno do Partido Popular non ampliara a concesión. E, a súa xestión está a ser un gran negocio: audasa gañou 36 millóns de euros no primeiro trimestre do ano.
O BNG vai presentar unha iniciativa no Parlmento vai presentar unha iniciativa no Parlamento para que se estude o custe do rescate.
Hoxe e 15 de agosto o día grande das festas e verbenas en Galicia. Xornada na que o exército inicia o seu despregue en 38 municipios galegos para loitar contra os incendios forestais.

Hoxe quedamos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Non se descarta algún orballo ó norte de Lugo.

El Godello se ha convertido en uno de los vinos gallegos de moda. Su boom es tal que hasta a los productores les cuesta encontrar terrenos para producir esta uva autóctona de Ourense. Tras estar a punto de desaparecer hace más de cuarenta años por una plaga, la superficie cultivada de esta variedad ha pasado de 300 a 600 hectáreas en 10 años. 

Foto: Carlos Castro / Europa Press

A CIG denuncia que o Sergas non está cubrindo os permisos e as vacacións nos PACs da Área Sanitaria de Vigo.

Isto supón un aumento importante da carga de traballo aos sanitarios que atenden urxencias con quendas de 17 horas diarias, entre semana, e 24 horas, domingos e festivos.

Técnicos das universidades de Vigo e Compostela comezaron hoxe a poñer primeiras trampas pra captura-los moquitos tigre que apareceron en Moaña.

Esta mañá reuníronse neste concello do Morrazo pra explicar ó goberno local as medidas que van ir tomando.

Nos días de máis movementos nas estradas, tráfico puxo en marcha unha campaña de control de consumo de alcol e drogas.

As estatísticas confirman que máis da metade dos mortos en accidentes beberan antes de poñerse ao volante.

En Pontevedra non hai visos de que o BNG e o PSOE acaden un pacto de goberno.

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores descartou polo momento retomar as negociacións.

Aumenta a nubosidade, pero con temperaturas sen cambios.

A denuncia de que a Xunta estaba a pontear aos inspectores das residencias avisando de cando ían a presentarse nelas para ver as condicións dos anciáns indigna a estes profesionais. Piden que se retome o sistema anterior porque o actual vai contra a calidade asistencial. Mentras os usuarios estudan levar estes feitos á fiscalía.

A actualidade política pasa hoxe polo Carballiño. Alí están a vicepresidenta segunda Yolanda Díaz, o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e dous conselleiros.

E en Vigo hoxe hai dificultades para desprazarse en bus urbán por mor da folga de traballadores de Vitrasa porque os servizos mínimos decretados son a metade dos dun domingo que xa son escasos normalmente.