Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

No concello de Moaña traballan xa para evitar a propagación do mosquite tigre, un insecto do que se localizaron 8 exemplares e que pode transmitir enfermidades graves. Despois da xuntanza da Comisión Técnica do Sergas a tarde pasada na localidade están a aplicar as medidas recomendadas.

Mentras, en Foz levantouse a prohibición de beber auga da billa despois de que desaparecera a contaminción por trihalometanos.

Conta atrás pra operación saída de mediados de agosto: agárdanse máis dun millón de desprazamentos en Galicia.

As autovías das Rías Baixas e do Salnés ou os accesos a Santiago desde Noia serán algúns dos puntos con máis afluencia de vehículos.

Reunido arestora un comité técnico do Sergas pra determinar as medidas de prevención ante a aparición de mosquitos tigre.

Vixiar as zonas húmedas ou limpar os pratos baixo as macetas son algunhas das recomendacións.

Representantes do sector do mar comezarán a recoller sinaturas a vindeira semana pra levar as súas peticións ó Parlamento.

Unha iniciativa lexislativa popular pra priorizar e protexer as actividades pesqueiras e marisqueiras fronte a proxectos coma os eólicos.

Vigo convértese durante 3 días na capital do deporte urbano. Preto de 200 mil persoas visitarán esta fin de semana a cidade para disfrutar do Marisquiño.

Un festival no que se darán cita os mellores deportistas internacionais en disciplinas coma o skate, Be Eme Xe, Básket 3x3 ou o break dance.

No tempo, entrou unha nova fronte que está a deixar os ceos algo cubertos.

"Viñetas desde el Atlántico" reúne exposiciones, charlas, coloquios y audiovisuales para conocer mejor a las mujeres que introdujeron el feminismo en el cómic en España en los años 70. Un homenaje a estas autoras que hablaron con voz propia en un mundo todavía totalmente masculino

O pesqueiro apresado en Camariñas ocultaba máis de mil cen quilos de cocaína. Hai alomenos un detido, a embarcación tiña base en Camelle


De seguido ampliamos esta información, agora, outros titulares da xornada con Paula Filgueiras


Finalmente non haberá folga no servicio de limpeza e recollida de lixo en Vilagarcía. Traballadores e empresa chegaron a un acordo que vai evitar o paro


As traballadoras do servizo de limpeza de Correos da provincia de POntevedra concentráronse para protestar polos retrasos continuados no pago das nóminas


A asociación de veciños da zona centro de Vigo celebra que o alcalde recoñeza  os danos colaterais que teñen que padecer durante case 3 meses polas molestias das atraccións do Nadal


Nova operación contra a droga en Galicia, unha das máis importantes deste ano. A policía incuatouse de máis dunha tonelada de cocaína. Foi nun pesqueiro en Muxía. De moemnto, só se informou dunha nova detención, pero sospeitanse que o alixo ten que ver cunha operación de maior envergadura.
Incendio en Pontevedra, cunha persoas morta. E acordo en Vilagarcía polo que queda desconvocada a folga de recollida de lixo. Así as festas de san roque poderán celebrarse con normalidde.

Navantia avanza na construcción da primeira fragata da serie F-110 coa colocación da quilla pra empezar a traballar na grada e anuncia que no outono xa empezará coa segunda. Un proxecto que sitúa ó estaleiro público como referencia mundial.
En Vigo, a Autoridade Portuaria considera un primeira paso a retirada do avance do documental de National Geografic que aseguraba que vinculaba ó porto coa pesca ilegal.
A folga na recollida do lixo en Vilagarcía de momento está en suspenso e as negociacións abertas.
E, mantense o risco de incendios.. o último en Arteixo, o sgundo en tres días xa queimou 20 hectáreas.