Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Coa conta atrás comezada pra constitución das Cortes da décimo quinta lexislatura, no PP de Galicia fan lectura autonómica das xerais do pasado día 23. A súa secretaria xeral pasou por estes micrófonos onde defendeu a vitoria dos populares na comunidade autónoma, ó que deixa claro que os galegos, mantén Paula Prado, seguen a dar o seu apoio ó actual goberno da Xunta. Isto afasta a sombra do adianto electoral na nosa comunidade.

Unións Agrarias pide rigor nos contratos de compra de uva para que se coñeza previamente o prezo e así non prexudicar ós viticultores

Comeza a veda de captura de choco na ría de Arousa desde hoxe ata o 31 de outubro

O concello de Santiago presenta un decálogo de boas prácticas para evitar comportamentos incívicos dos turistas

Unha semana despois das eleccións xerais son mínimos os movementos políticos e en Galicia o que gañan protagonismo son as eleccións autonómicas, aínda que oficialmente aínda dase falta un ano para a súa celebración. E é que o presidente Rueda, e así o refrendou en Radio Nacional a secretaria xeral do PP, Paula Prado, deu a entender que esgotará o mandato. Iso no evita que outras organizacións se preparen... o PSdeG coas primarias.
Último día de xullo que moitos xa uniron coas vacacións de agosto. Así esta fin de semana foi de moitos movementos nas estradas, que nos deixan tres mortes.... O último un motorista en Tui.

o tempo. Continuamos baixo a influencia do anticiclón dos Azores, con ventos do oeste.
 

O presidente da Xunta Alfonso Rueda fala de escenario difícil. Comentario en relación co panorama postelectoral. Analizaremos eses escenario e outras cuestións de actualidade da nosa comunidade no tempo de entrevista coa secretaria do Partido Popular en Galicia Paula Prado.

Outras novas deste domingo pasan pola futura lei galega de igualdade -que contará cun apartado especial pras traballadoras do mar-, novos problemas en parques comarcais de bombeiros... e tesouros naturais da nosa terra salientados por unha organización científica profesional.

Bo día, o primeiro dunha finde de semana marcada polos milleiros de movementos vacacionais, ben pra comezar ese merecido e esperado descanso o pra retomar a rutina... Coincide dun xeito no calendario que deixa cifras récord pro noso sector da hostalaría.

No eido político, destacar a reprimenda do Consello de Contas á Xunta e o consello do PSdG, que se mobiliza pras seguintes eleccións.

Contarémoslle tamén unha sorprendente novidade do mundo audiovisual porque ao falar do cine do futuro adoitamos pensar en efectos especiais e experiencias inmersivas verdade? Gracias á intelixencia artificial as películas e series serán a medida, terán un fin diferente segundo quen as vexa a cal sexa o seu estado de ánimo... sistema pioneiro inventado por dous vigueses.

Sumar pon a vista nas eleccións autonómicas tras conseguir o terceiro posto ns xerais. A deputada electa Marta Lois asegurou hoxe que aspiran a se-lo catalizador do progresismo galego e abre a porta a outras formacións de esquerda.

O Exército vixiará os montes galegos pra previr incendios a partir do quince de agosto. A Operación Sentinela ponse de novo en marcha e amplía o seu despregue ó sur da provincia de Lugo.

Actuación policial en Santiago contra un grupo organizado que explotaba sexualmente a mulleres e traficaba con droga. 3 dos 8 detidos, considerados como os principais responsables da organización, ingresaron en prisión á espera de xuizo.

Sete concellos da área de Pontevedra acordan a constitución dun ente supramunicipal para a xestión do abastecemento de auga. O Concello de Pontevedra tamén se amosou dacordo pero agarda que se teñan en conta os investimentos realizados.

O tempo. nubes e algunha chuvia feble no oeste.

El juicio del Alvia queda hoy visto para sentencia con la duda de si la responsabilidad del accidente en el que murieron 80 personas y 144 resultaron heridas recaerá únicamente sobre el maquinista. Su abogado alega que es "una víctima más", mientras que la defensa del otro acusado, el ex jefe de seguridad de Adif, reprocha que se le tache de "villano". Foto: EFE/ Xoán Rey

Dez anos despois do accidente, e logo de 10 meses de vista oral, con declaracións de peritos, expertos e víctimas, hoxe pechase o xuizo do accidente do alvia. Faino coa voz dos letrados que defenden ós dous acusados: o maquinista do tren e o ex director de seguridade de ADIF. De novo vimos conclusións contrapostas, nas que cada un responsabilizaba ó outro acusado do sinistro no que faleceron 80 viaxeiros. Ás portas, as víctimas reclamaron xustiza, verdade e unha sentenza exemplar.

Investígase a orixe da concentración de gas que provocou a explosión nun edificio de Ordes mentres un dos feridos segue ingresado en estado grave.

Catro mozos madrileños feridos, un deles moi grave, tras precipitarse dun balcón en Sanxenxo.

Atopado o cadáver dun madeireiro de Ourol no interior do seu vehículo, que ardía no concello coruñés de Mañón.

Denuncia do concello de Monterrei ante a Garda Civil polos constantes actos de vandalismo contra a fortaleza.

Dez meses despois do inicio o xuizo do Alvia chega o seu fin. Os últimos en intervir serán os avogados dous dous acusados e logo a presidenta do tribunal ofreceralles ós dous acusados, Andrés Cortabitarte e Francisco José Garzón, un último turno de palabra. A vista remata cunha modificación sustancial, a decisión do fiscal de exculpar ó exdirector de seguridade na circulación de Adif.
Nos próximos minutos contarémoslles tamén os últimos datos da potente explosión de ordes e o pouco que se sabe da morte dun madeirista de Ourol no concello coruñés de Mañón.

Máis dun mes de folga dos bombeiros comarcais de Galicia e a situación segue a provocar peches en moitas zonas pola falta de persoal para cubrir as quendas mínimas. Como consecuencia: calquera emerxencia ten un tempo de resposta máis amplo, ademais das molestias dos traballadores ós que cambian constantemente de área de traballo. As provincias da Coruña e Ourense teñen estes días unha situación máis crítica.

A prealerta por seca no río Anllóns e no encoro coruñés de Cecebre obriga a tomar as primeiras restricións

A confraría de Cangas pide a mediación do concello con Naturgy ante os cortes de luz que arrastran dende hai meses

O rei emérito chega hoxe a Sanxenxo para participar nunha regata da Copa de España durante a fin de semana

O Celta busca novo director xeral tralo 'non' de Fran Canal, que queda no Osasuna

Alberto Núñez Feijóo, aínda que xa non ten ningún cargo en Galicia, levouse o protagonismo nos actos da ofrenda en Santiago. Tódo-los focos estiveron pendentes del e logo ante os medios insistiu en que, pese as negativas que recibiu, non renuncia a buscar apoios para formar goberno.
BNG e PSdeG miran xa ás eleccións autonómicas e destacan que en Galicia se desmostrou este domingo que hai unha maioría progresista.

E hoxe penúltima xornada do xuizo do alvia,,,xusto un día despois de que a plataforma de víctimas realizara un acto no xardín do recordo, no pazo de Faramello, en Rois.

Deportes..Fran Canal planta o Celta... cando xa estaba todo pechado para que asumise a direccion xeral do clube, decide continuar no Osasuna.

Galicia queda hoxe baixo a influencia das altas presións. E as temperaturas máximas volveu subir.
 

Hoxe están pechados os parques comarcais de bombeiros de Cee e Betanzos.

Non dispoñen dos efectivos mínimos. Os traballadores están en folga desde o 15 de xuño para demandar máis medios e o pase a fixos, conforme a unha sentenza xudicial.

Betanzos e A Rúa seguen sen poder consumir auga da billa.

No municipio de Valdeorras tra-la limpeza dos depósitos, agora o concello decidiu pechar unha captación de auga por se está alí a orixe da comtaminación.

Hoxe é a Festa da Xouba en Rianxo, un peixe agora dintiguido cun selo que acredita a súa orixe.

A Confraría impulsou este distintivo de calidade para evitar falsificacións nas conservas.

Queixas da confraría de Cangas polos cortes na subministración eléctrica.

Afecta a producción de xeo. Pide ó concello que presente unha reclamación á Naturgy a compañía eléctrica responsable.

O tempo. Os ceos van estar máis despexados canto máis ó suer de Galicia. As temperaturas en ascenso.