Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O Parlamento galego aproba hoxe os orzmentos da comunidade para 2024, ano electoral. De momento, o presidente Alfonso Rueda evita confirmar se é o paso previo á convocatoria das eleccións autonómicas.

Stellantis: o presidente do grupo PSA evita confirmar en Vigo a nova plataform de vehículos eléctricos só aclara ó sindicatos que a factoría está nos niveis óptimos para logralo.

O tempo. Retirada transitoria das altas previsións, aumenta a nubosidade. Repaso da situación actual desde as novas emisoras.

Centrados hoxe nas expectativas de Stellantis Vigo. A visita do presidente do grupo PSA deixa oco pra esperanza. Cobra forza a posibilidade de que a nova plataforma de vehículos eléctricos poida ter como destino a cidade olívica.

Peores sensacións as que trae a Xunta da reunión co ministro de Pesca. O goberno galego insiste na declaración de zona catastrófica pros bancos afectados pola alta mortaldade do marisco.

Alfonso Rueda lamenta que Pedro Sánchez non adquirixe ningún compromiso na viaxe deste sábado a Galicia. Tamén criticou que non invitará ó presidente da Xunta e sí a numerosos cargos socialistas ó acto institucional en Navantia.

O plan de marisqueo da Xunta pros vindeiros anos avoga por prohibi-la actividade nas zonas de libre marisqueo da ría de Arousa. Apoias nun informe do Centro de Investigacións Mariñas que confirma a alta mortandade dos bivalvos

Os traballadores de Stellantis agardan que hoxe o máximo responsble da multinacional aclare os plans de futuro da factoría de Balaídos. Tratase dunha visita de carácter interno, pero os sindicatos sobre a plataforma fabricar vehículos eléctricos lixeiros

A CIG pide que o salario mínimo aumente 173 euros. Na súa proposta de reforma das prestacións e subsidios por desemprego propón a supresión das ETTS ou subir o subsidio por desemprego

No tempo, logo dunha mañá na que CAlvos de Randín e Baltar marcaron mínimas por baixo dos 8 baixo cero, seguen os ceos claros e as temperaturas baixas.

Desde RNE en Lugo, conversamos con José Ramón Gómez Besteiro, candidato a lapresidencia de la Xunta de Galicia en las elecciones autonómicas gallegas que se celebrarán en 2024. En clave nacional y sobre la celebración de una posible reunión entre Sánchez y Feijóo, Besteiro cree que el líder popular "puede ser un digno jefe de la oposición si realmente se comporta como tal [...] Cuando uno está en la oposición y quiere construir, lo que hay que acudir es a las reuniones. Como gallego, conozco bien a Feijóo y creo que tengo poca fe en que eso se vaya a producir porque realmente el PP no ha asumido todavía los resultados del 23J".

De momento se desconoce la fecha de los comicios gallegos, aunque podría adelantarse su convocatoria: "Los socialistas estamos preparados para afrontar ese proceso electoral", ha comentado el Besteiro. Las encuestas no auguran un panorama muy claro entre PP, BNG y PSOE. Todas dan la victoria al Partido Popular, pero alguna señala que no estaría en condiciones de reeditar una mayoría absoluta. Si de adelantaran las elecciones gallegas, serían los primeros comicios tras las elecciones generales del 23J. ¿Los electores socialistas podrían no entender la amnistía? El candidato del PSdeG cree que "lo entienden perfectamente porque entienden lo que se decidió el pasado 23 de julio". Ahora mismo el PSdG es tercera fuerza política en Galicia. Sobre la posibilidad de pactos con fuerzas políticas como Sumar o BNG, Besteiro defiende la "diversidad y pluralidad de opciones" del panorama político. ¿Tendría sentido un entendimiento preelectoral entre Sumar y PSdeG? "Eso no se ha planteado y creo que es difícil que se produzca en el futuro", ha declarado. ¿Y un entendimiento con Ana Pontón? "Yo me entiendo con muchísimas opciones políticas, siempre y cuando compartamos esa vía de progresismo y aumentar la capacidad de Galicia [...] Todos los que compartan esas opiniones, nos podemos entender".

Esta fin de semana un home foi detido por agredir a sua parella cun coitelo. é o segundo caso de violencia de xénero que ocorre na capital en menos dunha semana. Lembramos que hai poucos días, unha muller de 38 anos era acoitelada nas costas pola sua parella. A vítima aínda continúa ingresada no Clínico de Santiago.

Non coñecemos aínda a data das eleccións autonómicas pero o ambiente político é claramente preelectora con actividade este domingo de tódo-los partidos políticos.

O PSdeG pechou a convención política na que o seu candidato Gómez Besteiro indicou que Galicia non se pode permitir outros catro ano cun goberno pelexados con todos.

E hoxe, novo intento de resolver o conflito laboral nas escolas infantís privadas e de xestión indirecta antes da nova xornada de folga convocada pra mañá.

Deportes. O racing sitúase a un punto do ascenso directo tras derrotar ó Tenerife na Malata. O Cádiz suma un punto e devolve ó Celta ós postos de descenso.

Amencemos co ceo despexado, pero con moitos bancos de neboa e temperturas minimas máis baixas. Comprobámolo no repaso que cada día facemos destes as distintas cidades

Onte Pedro Sánchez, hoxe Nadia Calviño. A vicepresidenta primeira clausura esta mañá en Santiago a convención do PSdeG que acolle a Cidade da Cultura. Un acto para lanzar a José Ramón Gómez Besteiro, a aposta socialista á presidencia da Xunta. O presidente do goberno desvelou que lle ofrecera a Besteiro un ministerio no novo executivo estatal, este rexeitouno para afrontar a súa candidatura ó goberno galego.

As últimas horas deixan un incendio na Praza da Constitución da Coruña, fronte á Capitania. Ardeu un edificio que antigamente albergou un establecemento hostaleiro, e que estaba en fase de rehabilitación desde hai un ano. Os bombeiros acaban de rematar os labores de extinción. O lume afectou a todas as prantas ata o tellado. Non houbo feridos, aínda que a Policía evacuou por precaución ós veciños de dous edificios próximos. Descoñécese de momento a orixe do lume.

Nos deportes, vitoria do Celta ante o Granada en Balaídos. En baloncesto, derrota do Obradoiro en Sar fronte ó Real Madrid.

El presidente del Gobierno, Pedro Sánchez, ha defendido este sábado en A Coruña la politica de acuerdos de los socialistas y ha pedido a los populares que dejen de insultar. Ha apelado a Feijoo a que revise sus pactos con la ultraderecha y le reclama que los rompa. Dice Sánchez que al ruido no hay que responder con más ruido. Es la hora, afirma, del acuerdo e insiste en la renovación del CGPJ.

FOTO: Pedro Sánchez, junto al candidato del PSdeG a la Xunta, Xosé Ramón Gómez Besteiro. Álvaro Ballesteros / Europa Press

Un fondo coa cara en grande de José Ramón Gómez Besteiro, os lemas 'España avanza' e 'Agora camiña Galicia'. É a escenificación da convención do PSdeG que se celebra na Cidade da Cultura de Santiago. Presenza do presidente do goberno, Pedro Sánchez: aposta polo diálogo, pola construción de alianzas entre formacións políticas. Convencido de que 2024 será ano de cambio político en Galicia.

É a antesala dos comicios autonómicos: Sánchez en Compostela; na Coruña, Yolanda Díaz. Sumar escolleu Palexco para a presentación oficial da súa comisión promotora. Confía tamén nese cambio.

Á marxe da apretada axenda política, o detido como presunto autor dunha agresión á súa muller en Santiago ingresa en prisión provisional.

De contado imos cos detalles. No tempo de entrevista conversaremos con Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía, quen esta semana vén de recibir o galardón Ramón Piñeiro de ensaio