Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Máis de 7 toneladas de cocaína intervidas nunha nave de Cambre, o maior alixo do ano en Galicia. De contado máis detalles desta nova operación contra o narcotráfico, que deixa de momento 4 persoas detidas.

É a nova das últimas horas, nun Día da Constitución no que o BNG se desmarca dos actos organizados en conmemoración da Carta Magna e celebra o seu propio evento no Panteón dos galegos ilustres para reclamar máis autogoberno para Galicia.

No Parlamento autonómico a política segue marcada polas futuras autonómicas, non hai data pero si precampaña.

Nos vindeiros minutos iremos tamén a Vigo, onde bombeiros e persoal de ambulancias alertan do colapso que vive a cidade nesta época de Nadal.

Este martes foi a primeira reunión de Fandicosta cos sindicatos pra explicarlles as causas do ERTE que a empresa ven de presentar e que afectará a 111 empregados da factoría de Domaio,onde a pesqueira ten as suas maiores instalacións frigoríficas.

Tamén, escoitaremos as posicións da Xunta e do goberno con respecto a ALCOA, logo de que esta anunciara a paralización temporal do proxecto do forno de cocción de ánodos, o investimento máis grande con preto de 110 millóns de euros.

Informe moi crítico do consello económico e social sobre o proxecto de lei de recursos naturais. Malia ó intento de que fora revisado, o organismo independente reclama un novo plan eólico e protección ás terras agrarias fronte a proxectos enerxéticos

As confrarías reclaman un plan de rexeneración pras rías galegas. Os mariscadores piden medidas que permitan aborda-la situación crítica que vive o sector marisqueiro pola mortalda de bivalvos

Cae en Ourense unha banda que roubou cen toneladas de cable de cobre. Deixaron incomunicados preto de 100 mil fogares e 20 centros de saúde coas súas operacións. Hai 7 persoas detidas

Veciños e servizos de emerxencias de Vigo denuncian a falta de planificación do concello. Faltan plans de tráfico, medios e efectivos pra garanti-la seguridade ante a chegada de milleiros de visitantes a ve-las luces de nadal

No tempo, xornada de tempo seco e temperaturas baixas

O catedrático de estatística Ricardo Cao é o novo reitor da Universidade da Coruña. Vence así o candidato continuísta co 65 por cento dos apoios, nunhas eleccións cun 25 por cento de participación.

-A delegación do goberno confirma que o asasinato en Oroso de Encarnación Regueiro, de 80 anos, é un caso de violencia de xénero. É así o primero asasinato machista da provincia da Coruña neste 2023.

-O porto exterior de Punta Langosteira acadou os 20 millóns de toneladas de mercadorías. No acto de celebración, o presidente da Xunta situou esta infraestrutura como un referente no transporte de mercadorías en España.

-Xa en Santiago, o Concello manterá o plan de inspeccións a locais pra comprobar que cumpren a normativa en materia de prevención de incendios

O Ministerio de Industria convoca de urxencia a mesa de seguimento de Alcoa, ante o anuncio da multinacional de dar marcha atrás, inicialmente, nalgúns investimentos previstos. Hai moita preocupación entre o persoal da fábrica da Mariña.

Hoxe temos nova cita no Pazo do Hórreo coa sesión de control. O pleno aprobou a nova lei de artesanía e comezou a tramitación da lei de cultura inclusiva.

E hai novas queixas das enfermeiras, pese ós procedementos de estabilización de persoal, denuncian que máis da metade das traballadoras son temporais.

Nos deportes, empate do Celta ante o Cádiz en Balaídos. Os vigueses son terceiros pola cola na clasificación da Liga

6.773 hectareas arderon en Galicia no que vai de ano segun datos que ofreceu esta tarde no parlamento, o conselleiro de medio rural. é unha das novas que nos deixa a xornada.

Tamén escoitaremos as declaracións que nos chegan tralas reunións do persoal do servizo de limpeza de Lugo coa patronal ou dos traballadores de Vitrasa, en Vigo, coa dirección. Todo nun día que nos deixa un dato esperanzador. O paro baixou en novembro en 2.180 persoas.

Encarnación Regueiro, confirmada coma a terceira vítima mortal de violencia machista do ano. Morreu acoitelada polo seu marido de 88, que logo se suicidou, o pasado venres en Sigüeiro.

Os procesos de estabilización do Sergas foron insuficientes para reducir a temporalidade. Enfermeiras en loita asegura que máis da metade do persoal segue sendo eventual ou interino.

Nova oportunidade pra supervivencia de Hiperxel. Unha empresa ourensá comprou a marca e prevé reabrir este Nadal 22 das tendas, con oportunidades pra algúns dos 300 traballadores

Aprobada a nova lei de artesanía de Galicia. Co obxectivo de modernizar e profesionalizar o sector, sae adiante cos votos de PP e PSOE, e o rexeitamento dos nacionalistas, que a consideran decepcionante

Hoxe continuarán as protestas polo crime machista de Sigüeiro. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistirá xunto a outros membros do executivo, ao minuto de silencio convocado ás once da mañá en San Caetano.

-Hoxe celébranse as eleccións que marcarán o rumbo da Universidade da Coruña nos vindeiros catro anos. Ricardo Cao ou Fermín Navarrina, un dos dous será o novo reitor da UDC tomando o relevo de Julio Abalde.

-Novas queixas dos pacientes da área sanitaria de Santiago-Barbanza polas alarmantes demoras nas citas de atención primaria. Desde a Asociación de Usuarios do CHUS denuncian que se dan citas con máis de quince días.

-Hoxe constitúense as mesas de negociación do ERE que a empresa Telefónica anunciou a semana pasada. A nosa provincia é na que máis traballadores poden verse afectados, xa que hai máis de trescentos

Dúas forzas postúlanse como as únicas capaces de conseguir un cambio político en Galicia: Sumar e o BNG. Nestes micrófonos o voceiro de Sumar indicou que non cre que os nacionalistas sexan capaces de convencer ó electorado suficiente para botar ó PP da presidencia da Xunta. A líder do Bloque, proclamada xa oficialmente candidata, vese como única opción.

Son as novas políticas duns días marcados polas concentracións de repulsa do crime machista de Sigüeiro, esta mañá haberá un acto fronte á sede do goberno galego.

Manifestacións tamén en Moaña, neste caso de novo en defensa da sanidade pública: piden unha vez máis ter de novo un punto de atención continuada.

E a madrugada déixanos un pequeno terremoto en Muxía, de 3,1 graos na Escala Ritcher.

Nos deportes, pleno de vitorias dos equipos galegos da Primeira Federación masculina de fútbol

Sen data ainda para as eleccións autonómicas, os partidos prepáranse para uns comicios que marcarán a actividade política da comunidade no primeiro semestre do ano.

Arestora en Santiago, no Multiusos do Sar, o BNG proclama a Ana Pontón como candidata á presidencia da Xunta. En xaneiro o PSOE fará o mesmo con Besteiro. E queda por saber cando se proclamará a Alfonso Rueda, que é quen ten a chave e sabe a data na que se convocarán as autonómicas.

Na entrevista do domingo o convidado é o portavoz da comsion promotora galega de Sumar. Paulo Castro avoga por un cambio político na comunidade autonoma. Cre, ademais, que o detonante para logralo é a formacion que lidera Iolanda Diaz

Do e consternación en Sigüeiro polo acontecido coa parella de octoxenarios que morreu onte. Todo semella indicar que o home asesinou á muller e logo se suicidou.

Este mediodía os veciños concentráronse e gardaron un minuto de silencio en sinal de rexeitamento. Mentras, a Garda Civil segue a investigar as circunstancias do suceso. Podería tratarse do terceiro caso neste ano de falecemento dunha muller en galicia por violencia machista