Achéganse as datas de Nadal e lamentablemente como en anos precedentes comezan os problemas nas urxencias hospitalarias. Xa hai denuncias de colapso nos diferentes hospitais da Coruña e tamén no CHUS de Santiago. Para os sindicatos supón o deterioro das condicións coas que se tratan aos doentes e a consiguente perda de calidade asistencial.
O director de asistencia sanitaria do Sergas pide tranquilidadade e asegura que se está atendendo con celeridade os casos máis urxentes malia á sobrecarga.
O ex militante socialista, Juan Díaz Villoslada, que fora candidato á secretaría xeral do partido fronte a Gonzalo Caballero, incorpórase ás filas de Sumar. Só uns días despois de darse de baixa no PSOE, anúnciase a súa integración na promotora da formación liderada por Yolanda Díaz.
Villoslada participará xa este sábado na Coruña na presentación do proxecto de Sumar en Galicia. Asegura que xa levaba tempo xestando a súa separación do PSOE e que a inminencia dunhas eleccións autonómicas, non permitía demorar máis tempo a decisión. Quere contribuír a un espazo onde prime o servizo público, a ética e a coherencia. Cre que Sumar representa todo isto e apunta que é un proxecto de longo percorrido. Porá ó servizo da promotora a súa experiencia en xestión e en Mobilidade.
O exconcelleiro da Coruña Juan diaz Villoslada, que esta mesma semana pediu a baixa do partidO vai pasar a integrarse no proxecto de Sumar Galicia, liderado por Yolanda Diaz. é unha das últimas novas que nos chegan deste mércores
- Continúa o intercambio de reproches entre a Xunta e o concello de Santiago pola falta de prazas de aparcamento que hai no hospital Clínico e, sobre todo, por saber a que administración lle compete arranxalo.
- Máis dun cento de mariscadoras de Camariñas denuncian que non teñen marisco pra recoller. Unha situación que lles bota a perder a campaña de nadal.
-Esta madrugada reanudouse o xuízo polo asasinato de Diego Bello en Filipinas. Retomouse coa declaración da mesma experta en balística que compareceu noutra vista a finais de novembro
Cara e cruz para a frota galega tralas decisións dos ministros de pesca europeos que fixaron as bases de cada especie pros futuros anos. Convencen as cotas da pescada ou do rapante, pero hai un recorte moi forte no abadexo ou no linguado.
Tampouco na Xunta hai satisfacción total no reparto pactado en Bruxelas. Si aplaude o goberno galego en cambio a incorporación inmediata de 50 policías ó servizo autonómico. Agrádecelle a resposta ó ministro do Interior.
E o Sergas presentou unha estratexia para axudar ás persoas con dano cerebral adquirido, inclúe mellor seguimento e plans individualizados.
Nos deportes, Marián Mouriño xa é nova presidenta do Celta tras 17 anos de liderado do seu pai, Carlos Mouriño
Demorouse o acordo comunitario de pesca, mesmo ata última hora da mañá de hoxe. Pero semellan que hai boas novas para Galicia ainda que tamén hai sombras, como sinala mesmo o Conselleiro de Pesca. Bruxelas autoriza a capturar 11 mil toneladas de pescada o que é un 10% máis. E noutras especies nas que se agardaban recurtes finalmente mantivéronse as cotas.
A noite non foi suficiente, e as negociacións prolongáronse durante boa parte da mañá, pero os ministros de pesca da unión alcanzaron finalmente un acordo pro reparto de pesca no atlántico e o mar do norte.... E trae boas novas pro sector, que poderá capturar 11 mil toneladas de pescada, un 10% máis. É a cifra máis alta do que vai de século... qe reciben moi positivamente dende o sector pesqueiro galego. Nalgunhas especies tamén se fixan cotas pra 2025 e 26.
Segunda sanción do concello de Santiago ó Servizo de Axuda no Fogar por incumprimentos graves do contrato. O consistorio sanciona con 20 mil euros á empresa adxudicaria, SERVISAR. Se houbera unha terceira multa o contrato quedaria anulado.
En 2024, a Xunta acometerá obras en 17 centros educativos da cidade da Coruña. Investirá un total de 18,6 millóns de euros nunha vintena de obras de ampliación e reforma.
Este martes continúa por segundo día a campaña da vieira en A pobra. Arredor dunha trintena de barcos, procedentes de Cambados, Rianxo , vilanova e a Illa están a faenar na zona de Punta Ostreira
En Ferrol, as chuvias están a afectar as instalacións municipais. é o caso do cuartel da policia local ou do edificio dos bombeiros. Sendos lugares non contan cun plan de mantemento dende hai anos.
O goberno galego insiste na petición de revisar o modelo de financiamento autonómico e considera pouco equitativo que o goberno central se reserva toda a capacidade de endebedamento, fronte as opcións que lle quedan ós distintos territorios. Así llo trasladou o galego Miguel Corgos ó executivo no consello de política fiscal.
Á marxe do debate, os partidos van dando pasos cara as eleccións autonómicas. Sumar Galicia presentará o seu proxecto o sábado na Coruña coa presenza de Yolanda Díaz.
E O futuro de Alcoa está no aire. A empresa trasladoulle á Xunta que non pode garantir o cumprimento dos compromisos pactados cos traballadores da fábrica de San Cibrao.
Nos deportes, empate a 0 do Celta no campo do Raio Vallecano.
No tempo, agárdanse máis choivas nos próximos días. A Xunta activou o Plan Especial de Protección Civil ante o risco de Inundacións. Así, quedan baixo seguimento os ríos da demarcación Galicia-Costa, polo aumento xeral de caudais, e forma particular, o Lérez e Gándara, en Pontevedra, espérase bastante auga a próxima noite.