Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Un fondo coa cara en grande de José Ramón Gómez Besteiro, os lemas 'España avanza' e 'Agora camiña Galicia'. É a escenificación da convención do PSdeG que se celebra na Cidade da Cultura de Santiago. Presenza do presidente do goberno, Pedro Sánchez: aposta polo diálogo, pola construción de alianzas entre formacións políticas. Convencido de que 2024 será ano de cambio político en Galicia.

É a antesala dos comicios autonómicos: Sánchez en Compostela; na Coruña, Yolanda Díaz. Sumar escolleu Palexco para a presentación oficial da súa comisión promotora. Confía tamén nese cambio.

Á marxe da apretada axenda política, o detido como presunto autor dunha agresión á súa muller en Santiago ingresa en prisión provisional.

De contado imos cos detalles. No tempo de entrevista conversaremos con Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía, quen esta semana vén de recibir o galardón Ramón Piñeiro de ensaio

Os asuntos de industria e economía marcan a actualidade desta tarde en Galicia. A factoría de Stellantis en Vigo ven de conseguir, como outras industrias de Ferrolterra, que o ministerio para a transición ecolóxica a dote da moi alta tensión o que supón un investimento de 72 millóns de euros.

Mentras, non se despexa o futuro inmediato da fábrica de Alcoa en San Cibrao malia que hoxe volveu reunirse a Mesa de Seguimento. Non está confirmado o investimento por parte da multinacional no novo forno de fundición ao que se comprometera en 2021.

E a patronal galega amósase moderamente optimista respecto ás prospectivas para 2024. Cre que será un ano de "aterraxe suave" en indicadores como o PIB e o paro.

O conselleiro de Educación asegura que as taxas de temporalidade quedarán no 3% tralo proceso de estabilización. Rexeita as críticas da CIG; que asegura que a OPE aprobada queda por baixo dos límites legais e dos compromisos previos do goberno galego

Moderado optimismo da patronal galega cara ó ano 2024, que agarda unha aterraxe suave. Preocupa en todo caso a falta de man de obra nalgúns sectores, e as trabas que está a sufrir o desenvolvemento da enerxía eólica

O goberno de España sanciona 25 buques por desconectar os seus xeolocalizadores mentres faenan en alta mar. Esta praxe ilegal costará case 160 mil euros ó grupo Nores, propetario do Villa de Pitanxo. Serán 143 mil para Pesquerías Marinenses.

Erte ata xullo para os 130 traballadores da mina ourensá da Penouta ante o peche cautelar da instalación. A empresa defende a relevancia da mina para a comarca e recorrerá ante o Supremo a sentenza do alto tribunal galego

No tempo temos por diante unha fin de semana de anticiclón, con ceos claros e mínimas á baixa.

O pleno da Coruña finalizaba este xoves cunha expulsión-. A primeira de todo mandato da alcaldesa Inés Rey. A rexedora expulsou a Miguel Lorenzo, lider dos populares tras facerlle tres advertencias por falar fóra de turno e dicir que o país está gobernado por un delicuente- O PP aclarou que se referia a Puidgmont e non ao presidente estatal.

- A plataforma en defensa da sanidade pública da comarca de Barbanza denuncia que o SERGAS non publica as listas de espera de segunda consulta hospitalaria, é dicir, ás que teñen que ver coas probas de control e revisións.

- A policia continua investigando a agresión a unha muller de 38 anos tras ser acoitelada nas costas, este xoves en compostela, presuntamente pola súa parella.

- O concello de Santiago vaille rescindir o contrato, por incumprimento, á empresa encargada da reforma das rúas Romero Donallo e Amor Ruibal para introducir un itinerario ciclista na contorna da estación intermodal de santiago

Despois dun ano no que a convocatoria de prazas no ensino estaba orientada a estabilizar ó persoal interino, con pouca oferta de novo ingreso, o 2024 chegará con máis de 1.700 prazas para docentes. É a maior convocatoria dos últimos 5 anos.

Todo nuns días con moito protagonismo para Sumar. Antes da presentación oficial mañá na Coruña con Yolanda Díaz, a formación deu a coñecer os 50 membros da súa comisión promotora: nela figuran ex cargos do BNG e das Mareas, tamén ampla representación sindical.

E seguimos pendentes do estado de saúde da muller agredida presuntamente pola súa parella en Santiago. Permanece ingresada pero a súa vida non corre perigo. Estivera baixo o sistema de protección vioxen, pero pedida a retirada das medidas

O presidente da Xunta e do PPdeGa segue sen desvelar a data das autonómica por moito que se lle pregunte. Alfonso Rueda dixo hoxe que a oposición está obsesionada con ela. Pero mentras os outros partidos preparan as súas maquinarias electorais. O PSdeGa coa convención desta fin de semana á que acodirá Pedro Sánchez. Sumar Galicia, que xa renunciou hoxe a pactar con Podemos, vai presentar o sábado na Coruña a súa comisión promotora.

E non esquecemos un novo caso de violencia machista cunha muller de 38 anos acoitelada, afortunadamente salvou a vida, en Santiago.

Ingresada unha muller de 38 anos en Santiago tras ser agredida presuntamente pola súa parella. A súa vida non corre perigo e hai un home detido como posible autor do ataque con arma branca. Investíganse os feitos como un caso de violencia de xénero

O BNG propón crer un fondo extraordinario de axudas para o sector marisqueiro ante a alta mortaldade do produto no mar. Pontón denuncia a caída de investimentos destinados ós fondos marisqueiros nos orzamentos da Xunta de 2024

Grupos ecoloxistas e afectados piden a retirada do proxecto de construción da autovía A-57. Reclaman que non se leve adiante o próximo tramo previsto, que afecta ás parroquias pontevedresas de Bora e Xeve e á zona de especial conservación do río Lérez.

Satisfacción entre os traballadores de Fandicosta ante a presentación de varias ofertas para mercar a empresa viguesa. A pesqueira de Domaio está en fase de ERTE tras acumular débedas de case 100 millóns de euros

No tempo, sen chuvias en xeral, por diante unha tarde despexada.

Folga indefinida na recollida de lixo da Coruña a partir de Noiteboa. Así o anunciou o sindicato de limpeza STL -o maioritario neste sector.

Os traballadores alegan que a empresa concesionaria, Prezero, transgrede os seus intereses e vulnera o convenio colectivo en vigor.

- Volven os colapsos ás urxencias do hospital da Coruña. A comisión de centro denuncia que o persoal de enfermaría xa comezou a dobrar quendas e pide maior planificación para facer fronte ó pico de infeccións respiratorias do inverno

- O alcalde de Cambre, óscar García Patiño, investigado por un presunto caso de prevariación administrativa. O rexedor está citado para declarar o vindeiro 9 de febreiro polo nomeamento por libre designación do anterior xefe da Policía Local, José Abel Patiño García, en 2021.

-Os niveis de cadmio nas verteduras da mina de San Finx, en Lousame, superan máis de cen veces os topes legais. Así o indican as últimas análises, realizadas en outubro

Pico asistencial nos hospitais galegos por infeccións respiratorias, no CHUAC da Coruña as enfermeiras comenzaron a dobrar quendas pra atender a demanda. O Sergas argumenta que é propio da época, que é impredecible e que o axuste de recursos humanos está contemplado nos plans de continxencia.

Mentres, o goberno galego, que agarda aprobar as contas do 2024 a vindeira semana, incorpora á lei de acompañamento dos orzamentos normas para estipular cando se pode declarar zonas tensionadas nas cidades. Está en desacordo coa lei estatal, que abriría a porta a moitos concellos segundo a Xunta.

E nova operación contra a droga. Desenvólvese en Cabo Verde pero hai tres galegos detidos