O ano 2023 foi un bo ano pro emprego en Galicia. Pecha por baixo dos 130 mil parados, unha cifra que non se vía dende hai 18 anos. A caída foi maior en Galicia que no conxunto do estado e tamén aumentaron as afiliacións á seguridade social.
Datos que valoran os sindicatos, pero piden que se poña freo á caída do sector industrial. A Xunta pon o foco en mulleres e mozos, dos máis beneficiados. Porén, tamén coñecemos hoxe que máis da metade dos fogares galegos ten dificultades pra chegar a fin de mes. Unha cifra en ascenso
- Sanidade cancela libranzas e vacacións nalgunhas áreas para atender o elevado número de pacientes.
O Sergas asegura que as urxencias seguirán á alza nos vindeiros días porque o pico da gripe ainda non chegou.
- Sumar apoia as reivindicacións do colectivo de avogados de oficio.
A lider da formación, Yolanda Díaz, e a candidata a presidencia da Xunta, Marta Lois, reuníronse na Coruña co sindicato que os representa.
- A Coruña é a cidade galega onde máis aumento o número de vivendas turísticas.
Un 65 por cento máis nun ano. Os promomtores deste tipo de negocios opóñense as normas que pretende aprobar o goberno local.
- 2023 foi un ano record en canto a animais varados nas costas galegas.
3 veces máis ca media dos últimos 30 anos. Inentouse sobre todo a aparición de cetáceos mortos, a maioría por capturas de pesca accidental...