Ceos despexados e con aire cálido, pero a primeira hora, néboa en toda a costa, especialmente persistente no litoral noroeste. Temperaturas se cambios importantes no litoral e en lixeiro ascenso no interior. Ventos frouxos de compoñente sur no interior e brisas no litoral. (09/08/12)
Novas manifestacións dos afectados polas preferentes que critican as arbitraxes promovidas pola Xunta. Un veciño de Fene morreu nun accidente laboral en Ferrol. O PSOE critica a axenda de verán do presidente Núñez Feijóo.
Unha lección de forza e coraxe. David Cal deuno todo nos últimos metros dunha carreira que parecía perdida, para lograr unha medalla de prata que o converte no deportista español con máis galardóns olímpicos da historia. // A prata de David Cal está a ser moi celebrada en Cangas do Morrazo, a vila natal do canoísta. // Avanzan, pero sen prazos definidos, as negociacións para construír en estaleiros galegos 14 remolcadores para a petroleira pública mexicana Pemex. Asegúrao o embaixador de México en España. // A Coruña vive esta semana nunha banda deseñada. Os súper heroes saen á rúa e en máis dunha ducia de salas móstrase o traballo de prestixiosos debuxantes de historietas e novelas gráficas. O festival internacional de cómic "Viñetas desde o Atlántico" cumpre quince anos. (08/08/12)
Altas temperaturas e ceos despexados, aínda que a medida que avance o día se formarán nubes de tormenta na metade este. Temperaturas en ascenso entre lixeiro e moderado. Ventos frouxos do este no litoral norte, moderados arredor de Bares. Nas Rías Baixas, brisas, e no interior, ventos frouxos de compoñente sur. (08/08/12)
David Cal logra unha medalla de prata que o converte no deportista español con máis galardóns olímpicos da historia. // Avanzan, pero sen prazos definidos, as negociacións para construír en Galicia 14 remolcadores para a petroleira Pemex. // A Coruña vive esta semana nunha banda deseñada. O festival internacional de cómic "Viñetas desde o Atlántico" cumpre quince anos. (08/08/12)
David Cal gaña a prata en C-1 mil metros e convértese no deportista español máis laureado nuns xogos olímpicos. O embaixador de México en España afirma que marchan ben as negociacións pra construir barcos en Galicia. 12.500 parados galegos aínda non cobraron as prestacións de xullo.
Viajamos ahora hasta Galicia porque La Coruña celebra estos días un tradicional salón del cómic, más conocido como "Viñetas desde o Atlántico", hasta allí han llegado ya dibujantes de todas partes del mundo.
Javier Gómez Noya, primeiro galego con medalla nos xogos olímpicos de Londres. // A policía desactiva dúas das tres bombas caseiras colocadas por Resistencia Galega nunha antena, en Vigo. O terceiro artefacto ardeu sen chegar a estourar. // A chegada dunha masa de aire cálido que vén do sur da Península vai facer que nos próximos días rolden os corenta graos nos lugares máis quentes de Galicia. (07/08/12)
Néboas matinais e nubes nas primeiras horas para quedar despois con ceos pouco anubrados ou despexados. Temperaturas en ascenso, especialmente as máximas. Ventos frouxos e variables pola mañá. Nas Rías Baixas, réxime de brisas. (07/08/12)
- Hace 25 años que se publicó el primer manga en España
- Una serie de animes y mangas que triunfó en todo el mundo
A Xunta considera que a Unión Europea non ten interés en resolve-lo problema do Tax Lease. A policía busca ás persoas que colocaron tres artefactos explosivos en Vigo. Os socialistas denuncian que a Xunta favorece á empresa na que traballa a irmá do presidente Núñez Feijóo.
- Estaban colocados en el monte Sampaio, a las afueras de la ciudad
- El grupo ha alertado de su existencia mediante e-mails a la Policía de Vigo
Falamos co lider e fundador de Luar na Lubre do último dísco e da traxectoria do grupo.
O conselleiro de Infraestructuras afirma que é moi costoso o acordo con Audasa para que varios tramos non teñan custe. Un home de 60 ingresado nun hospital tras un incendio na súa vivenda en Vigo. A Corporación da Coruña aproba a revisión do Plan de ordenación municipal.
A Sanidade pública galega aforra uns 56 millóns de euros coa entrada en vigor do copagamento dos fármacos. O gasto en medicamentos do SERGAS redúcese un 15 por cento e queda a niveis de 2003. // Novas concentracións contra os recortes. Os principais sindicatos protestan polos axustes do Goberno para reducir o déficit, que, din, van provocar a destrución de 80.000 empregos en Galicia nos próximos dous anos. // Polémica en Lugo pola limpeza que se está levando a cabo na Muralla romana. // Albariño en Cambados, bonito en Burela, vikingos en Catoira ou longueiróns en Fisterra. Estamos entrando nunha das fins de semana de maior oferta de ocio do verán, na que non faltan numerosos concertos e festivais de todo tipo de músicas. 03/08/12
A Sanidade pública galega aforra uns 56 millóns de euros coa entrada en vigor do copagamento dos fármacos. // Novas concentracións contra os recortes. // Entramos nunha das fins de semana de maior oferta de ocio do verán, na que non faltan numerosos concertos e festivais de todo tipo de músicas. 03/08/12
Intervalos nubrados no litoral e no terzo Norte e ceos pouco nubrados ou despexados no resto, con néboas matinais en comarcas do interior e no litoral oeste. Temperaturas sen cambios significativos. Ventos frouxos de compoñente oeste, con algúns intervalos moderados nos arredores de Ortegal e Bares. 03/08/12
- Fuentes gubernamentales no han precisado cuántos días será
- Tampoco han anunciado si irá a su residencia de vacaciones en Sanxenxo
Os socialistas galegos opóñense a reducción de deputados e anuncian que non negocirán a proposta do PP. Sanidade culpa ás farmacias dos problemas cos medicamentos. Os sindicatos agrarios van iniciar mobilizacións en defensa do sector lácteo.