Ceos pouco anubrados ou despexados agás no litoral norte, onde haberá algunhas nubes baixas. Temperaturas mínimas sen cambios significativos e as máximas ascenderán de forma entre lixeira e moderada. Ventos de compoñente norte, frouxos en xeral e moderados nas Rías Baixas. 30/07/12
Paso adiante no plan de viabilidade de Barreras. A Xunta pide un pleno extraordinario do Parlamento para aprobar o teito de gasto para 2013. O PSdeG quere que Núñez Feijóo compareza na Cámara galega tra-la importante aumento do paro.
O poravoz nacional do BNG fala en Radio Nacional da reforma da lei electoral e da situación económica de Galicia ás portas das eleccións autonómicas.
Debate sobre a reducción de deputados de 75 a 61 no Parlaemnto galego proposta polo PP e rexeitada pola oposición.
O paro subiu en 10.300 persoas no segundo trimestre do ano. O PP pide un pleno extraordinario para aprobar unha comisión de investigación sobre a fusión das caixas. Unha operación permite desartellar unha organización que defraudou 10 millóns de euros co contrabando de tabaco.
Nova marca histórica nas cifras do paro. 10.300 persoas máis quedaron sen emprego en Galicia nos últimos tres meses, segundo a enquisa de poboación activa, co que son xa case 276.000 os parados na comunidade. // Inaugúrase en Vilalba unha nova factoría e centro de investigación do grupo Norvento. Vai construír aquí un novo modelo de aeroxenerador de tamaño medio destinado a producir enerxía no mesmo lugar no que se consume. // 23 detidos en Galicia dunha rede dedicada ao contrabando de tabaco desde Andorra. // Os 24 buques conxeladores galegos que capturan polbo en augas de Mauritania quedan excluídos do novo acordo pesqueiro asinado entre a Unión Europea e o país africano. 27/07/12
Alternancia de nubes e claros en xeral, con nubes de evolución e chuvascos tormentosos máis probables nas zonas altas da metade sur. Temperaturas en descenso entre lixeiro e moderado, especialmente as máximas. Ventos frouxos do norte aumentando pola tarde a moderados no litoral oeste, con intervalos fortes nos arredores de Fisterra. 27/07/12
Nova marca histórica nas cifras do paro. // Inaugúrase en Vilalba unha nova factoría e centro de investigación do grupo Norvento. // 23 detidos en Galicia dunha rede dedicada ao contrabando de tabaco desde Andorra. // Os 24 buques galegos que capturan polbo en augas de Mauritania teñen que deixar o caladoiro. 27/07/12
O ex-copresidente de Novacaixagalicia alega que non tiña responsabilidades executivas para negar calquera responsabilidade na situación financieira de NGB. A CIG propónós outros dous sindicatos a convocatoria doutra folga xeral en setembro. Ton Jones apraza o concerto de hoxe en Santiago ó 27 de outubro. O Deportivo presenta hoxe a Abel Aguilar.
Núñez Feijóo di que Galicia vai cumprir o obxectivo do déficit e está blindada ante o risco de posibles intervencións. // A sinistralidade nas estradas galegas reduciuse un 11,7% no que levamos de ano. // Julio Fernández Gayoso, ex co presidente de Novacaixagalicia, nega no Congreso ter responsabilidade no sucedido co proceso de fusión das caixas galegas, que agora precisan dez mil millóns de euros de axuda pública. // Roubar o Códice Calixtino sería hoxe moito máis complicado que cando desapareceu, hai un ano. // Tarde de tormentas. Nas próximas horas vanse repetir os tronos e os chuvascos no interior de Galicia. 26/07/12
Intervalos de ceo anubrado, con chuvascos e aparato eléctrico, máis frecuentes, intensos e xeneralizados pola tarde, cando poderán ser localmente fortes. Temperaturas mínimas sen cambios significativos ou en ascenso lixeiro, pero as máximas descenden de forma moderada. Ventos frouxos do nordés no terzo norte, con intervalos moderados no litoral da Coruña e frouxos variables no resto. 26/07/12
Feijóo di que Galicia está blindada ante o risco de posibles intervencións. // A sinistralidade nas estradas galegas reduciuse un 11,7% no que levamos de ano. // Julio Fernández Gayoso nega no Congreso ter responsabilidade no sucedido co proceso de fusión das caixas galegas. // Roubar o Códice Calixtino sería hoxe moito máis complicado que cando desapareceu. // Nas próximas horas vanse repetir os tronos e os chuvascos. 26/07/12
- Julio Fernández Gayoso niega haber cobrado indemnizaciones
- Se excusa en la investigación judicial abierta por el fraude de las preferentes
- Las llamadas las hacía desde un móvil mientras estaba en la cárcel
- También ha sido absuelta su compañera sentimental
- Condenan por blanqueo al primero del narcotraficante José Piñeiro
- Tiene pendiente otra sentencia de blanqueo de capitales
Hoy, día de Santiago, Galicia celebra la fiesta de su comunidad, esta vez entre referencias a la crisis económica. En la ofrenda floral al Apóstol, el alcalde de Santiago le ha pedido protección para quienes más sufren el revés económico.
25 de xullo, día de Galicia. Santiago, a capital do país, concentra hoxe a festa e a maior parte dos actos institucionais e reivindicativos nos que está moi presente a grave crise económica e as súas consecuencias. // Os nacionalistas celebran o día da Patria Galega divididos, tras as escisións do BNG. // Os socialistas galegos reivindican en Rianxo, a vila de Castelao, crecemento, emprego e servizos. // Seis mil persoas asistiron en directo na praza do Obradoiro ao espectáculo de luz e son que virtualmente acabou coa catedral primeiro cun derrube e despois cun incendio. 25/07/12
25 de xullo, día de Galicia. Santiago, a capital do país, concentra hoxe a festa e a maior parte dos actos institucionais e reivindicativos. // Os nacionalistas celebran o día da Patria Galega divididos. // Os socialistas galegos reivindican crecemento, emprego e servizos. // Seis mil persoas asistiron en directo na praza do Obradoiro aos fogos do Apóstolo. 25/07/12
Néboas no litoral de Lugo e nas Rías Baixas a primeira hora, localmente persistentes, e ceos pouco anubrados ou despexados no resto. Nubes de evolución ao longo do día, que deixarán algúns chuvascos illados acompañados de tormentas no interior, máis probables en zonas altas. Temperaturas sen cambios significativos ou ascensos puntuais das mínimas. Ventos frouxos do nordés no litoral norte, con intervalos moderados nos arredores de Ortegal e frouxos variables no resto. 25/07/12
O alcalde de Santiago, delegado rexio na ofrenda ó Apóstolo, reclama a volta á Europa das persoas fronte ós poderes financieiros. Socialistas e nacionalistas critica a proposta do PP de eliminar 14 escanos no Palamento. O BNG, no día da patria galega, pide un novo modelo económico para Galicia.
90.000 peregrinos han llegado a Santiago de Compostela para celebrar este miércoles el Día de Galicia. Son numerosas las actividades para conmemorar este día en toda la región pero especialmente en Santiago, en cuya fachada se organizó este miércoles un espectáculo de luz y color.